Aristóteles

De Desgalipedia
Revisión feita o 8 de outubro de 2014 ás 12:51 por What here area team (Conversa | contribucións) (→‎Outros filósofos: interwiki links)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aristóteles.
Aristoteles.jpg
Información
Nacemento Probablemente antes de que naceras ti.
Estaxira, Calcídica, Grecia Grecia
Falecemento Seguramente antes ca Xesús de Nazareth.
Eubea, Grecia Grecia
Nacionalidade Grego.
Ocupación Darlle á língoa

Aristóteles foi un científico, explorador, pijo e filósofo grego

Vida e obras

Aristóteles naceu nunha familia aristotélica da aristocracia na provincia de Aristebaida, seu pai qvendo que un fillo era unha mingurria o mandou á academia de Platón, onde fixo importantes contactos empresariais e militares que fixeron da vida, xa de por sí privilexiada e aristocrática, aínda mais privilexiada.

Trala morte de Platón (en extrañas circunstancias tras estara soas con el) Aristóteles marchoua buscar enchufe onda seus amigos, pero só un llle abriu a porta, sen saber que Aristóteles era gafe, o rei Testícles, que sufriu un golpe de estado e morreu. Aristóteles fuxiu enseguida de volta pra casa, pensando xa en pedirlle a seu primo que o enchufase na Diputación pero pra sorte súa necesitaban un mestre privado pra Alexandre Magno e alá foi, sendo mestre do gicho este varios anos.

Cando Alexandre o Grande se marchou á conquista do espacio exterior esquecera que seu mestre era gafe... e morreu ás portas da India, sen conquistala. Aristóteles quixo mudar a súa sorte e abriu unha academia privada que avances daba clases gratis e así conseguiu o favor dos deuses e deixou se de ser gafe, en agradecemnto viaxou á illa de Lesbos como misioneiro do arché, morrendo ensartado por varias lesbianas furiosas tal día coma hoxe.

Obras

Grazas a que era moi listo chegou a moitas e importantes descubrimentos:

  • Todo estaba composto de cinco elementos: auga, terra, lume, aire... e o Capitán Planeta!!!
  • A alma é o que lel dá vida a TODO.
  • A feliciade é vivir tranquilos meditando todo o día (nada de botellón e putas).
  • O mundo das prantas divídese en plantas con flores e sen flores.
  • A vida provén da xeneración espontánea.
  • A veces hai combustión espontánea.
  • O mundo dos animais divídese en animais con sangue e animais sen sangue.
  • A terra é o centro do cosmos.

Debido a que seus seguidores eran peripatéticos só conservamos 31 obras das 200 que escribiu.

Véxase tamén

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Aristóteles.

Outros filósofos