A Arnoia

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Arnoia (homónimos).
A Arnoia
Escudo de A Arnoia
Aourenpolavellabar.jpg
Situación
Situacion A Arnoia.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Ourense
Comarca Comarca do Ribeiro
Poboación Rogers e pepes. hab. (2019)
Área km²
Densidade {{{densidade}}} hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Roger de American Dad. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Arnoia é o nome dun val que dá nome a todo o río Arnoia ó desembocar éste aquí no Miño fronte ao Monte Castelo e a residencia da Fundación Demo Rosendo. Arnoia é un concello gobernado por Rogelius Calvisimus Gordus, gobernador antibaltarista do PP.

Historia[editar]

Petos de ánimas da Porqueira de Arnoia.

Arnoia foi fundada pola humanidade no paleolítico acndo construiron unah residencia de anciáns á beira do Miño sobre e que logo os galaicos expandiron cara a desembocadura do río Arnoia na súa crenza de que os mortos viaxaban polos ríos cara o alén.

Logo subiron ó Novelle, onde os extraterrestres os viñeron visitar e ele spensaron que era o deus Reve e fixéronlle un templo en Paixón (de gaviáns), logo veu o Imperio Romano, primeiro facendo turismo, pero en realidade viñan a espiar os métodos segredos usados para cultivar pemento de Arnoia. Logo conquistáronos e fixeron baixar aos castrexos de Lapela e Carnós á beira do río para podelos encuar mellor e roubarlles o ouro, afortundamente os mouros conseguiron botalos daquí e durante centos de anos viviron felices ata que veu San Rosendo e os conquistou coa súa porra máxica póndoos baixo dominio de Celanova durante miles de anos.

O dominio celanovés durou ata que os de Ribadavia se quedaron sen viño e viñeron conquistar estas terras para plantar cepas, desde entón pertence ao Ribeiro, e si queres comer cereais tes que ir buscalos onda os montunos de Cartelle ou Cortegada, que este val está plagado de viñas. Ao comezo da Idade Contemporánea veu por aquí o sobriño de Napoleón Bonaparte a modernizar o cultivo do viño, pero entre cregos e bodegueiros botárono fóra (o mopi tolo quería facer viño coas uvas e sacarlle a auga!!!) producíndose a Guerra contra o Francés.

Mapa de 1834 da zona.

Durante a Restauración a alcaldía de Arnoia repartiuse entre os cacaiques das familias dos Bangueses e Rodriguez. Na Segunda República española veu Lenin a modernizalos, que si cooperativas e demais, pero pasoulle igual que ó anterior, veu Franco e deixouse estar durante 40 anos durante os cales enviou á xente que sobraba a Europa, a ver si así lle deixaban entrar na Unión Europea, que en canto o conseguiu Felipe González o prezo do viño baixou, os bares de Vigo deixaron de mercar botellas sen etiquetar e as mimosas invadiron as viñas. Rogelio tentou frear a caída da economía mediante canalización de subvencións e mesmo unha depuradora pros cartos pretos, pero nada, finalmente as mimosas remataron por adonarse do lugar, e nin Indiana Jones co seu machete pode chegar ata as pirámides maias de Outeirocruz.

Xeografía[editar]

Arnoia é o val onde desemboca o río Arnoia no río Miño, está cheo de centrais nucleares pra aproveitar o frío das ambas augas, na desembocadura do Arnoia atópase unha misteriosa illa penedía onde antes estaba o templo a Nerthus.

A poboación repártese de forma desigual por ambas beiras do río Miño, así da beira esquerda só están os de Remuiño e os de Lapela (que en breves serán conquistados polos de Cortegada). O resto da poboación atópase na beira dereita (menos os de A Reza, que están na beira esquerda do Miño, pero en breves serán conquistados polos de Ribadavia).

Existe un volcán en Carnós e unha lagoa glacial en Lapela, onde vive todavía un parente de Nessie que ten casa rural e todo. Gracias a Rogelio agora arnoia ten autovía e areoporto (no Novelle) e un resort de luxo (bueno, en realidade un puticlú fino) na illa onde desemboca o Arnoia no Miño. O volcán de Remuíño xa está extinguido pero o de a Laxa non, menos mal que a Manola lle fai ofrendas todos os días (en plan hawaiiano) senón estoura o volcán baixo a capela de San Reprimonio. En Paixón está a farmacia para que poidas ir mercar condóns si a paixón te arrebata e logo ir ás dúas panaderías que todavía temos para ir papar algo doce.

Economía[editar]

Arnoia foi famosa polo seus pementos, pero agora tráenos falsos de Marrocos e os arnoienses non cultivan pementos. Fai anos o facían só os de Meréns (Cortegada) pero pagábanlle con esterco e claro abandoaron o seu cultivo.

Cultura[editar]

A fonte nova cerca da casa do alcalde.

O volkgeist deste pobo é que falan en seseo e andan a matarse uns contra outros co gallo da política, xuntándose nas festas do San Miguel pepeiros, sociatas e bloqueiros para ver quen gaña a batalla a croiazos alá entre as mimosas.

Patrimonio[editar]

  • Pementos de Arnoia: variedade de pemento italiano obtido tras varios experimentos xenéticos e radioactividade natural, hainos a vender en moitas partes, pero curiosamente a maioría non veñen de Arnoia...
  • Torre do reloxo: Enormee reloxo-torre feito polo comité soviético arnoiano emigrante pra que a xente deixase de pelexarse polos horarios de regar os pementos(os emigrantes tentaron ser convencidos de dar cartos pra unha catedral pero pensaron que sería moito millor dalos pra facer unha obra útil de verdade pro rural daquel entonces).
  • Coto Novelle: Montaña compartida cos concellos de Castrelo de Miño e Cartelle, na súa punta maís alta atópae a catedral en honor a Cthulhu e nas lombas minas de ouro e wolfram.
  • Catedral de Cthulhu: no san miguel, aló dentro dunha selva de mimosas.
  • ánimas da Porqueira: pra que porqueira salvase almas do purgatorio e deixaran de estar secuestradas polo Vaticano no seu edificio purgatorial.

Parroquias[editar]

Hai anos o concello compúñase de tres parroquias: A Arnoia, Remuiño e Sande, máis tarde quedaron reducidas a dúas: A Arnoia e Remuiño, e desde hai pouco todo o concello forma unha única parroquia tras anos de fagocitose.

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Arnoia
A Arnoia (San Salvador)

Desgalería de imaxes[editar]

Artigo principal: Galería de imaxes da Arnoia.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: A Arnoia.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Ribeiro
Comarca do Ribeiro
Arnoia
Arnoia
Avión
Avión
Beade
Beade
Carballeda de Avia
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Castrelo de Miño
Cenlle
Cenlle
Cortegada
Cortegada
Leiro
Leiro
Melón
Melón
Ribadavia
Ribadavia
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Ourense Bandeira de Ourense.png
Provincia de Ourense en debuxo.jpg
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo