A Coruña

De Desgalipedia
A Coruña
Bandeira de A Coruña Escudo de A Coruña
Torrebreogan.jpg
Breogán fundando a coru buahneno!
Situación
Situacion A Coruña.PNG
Xentilicio[1] corno
Xeografía
Provincia Coruña
Comarca Coruña
Poboación hab. (2018)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación Xá non hai
Capital do concello
Política ()
Alcalde Darth Gayder (PPdeG)
Concelleiros BNG: 0
PPdeG: Máis de 8000
PSdeG-PSOE: 0
Outros: 0
esportivas
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
.ENCE
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: AcruñaCita2.png
Google sobre A Coruña

A Coruña é a unha megalópole industrial do Norte da Península Ibérica e do sur da Unión Europea e capital de Galicia.

Grazas a la Coruña civilizouse toda Galicia, que estaba chea de curas lavadores de cerebro e pailáns ultraconservadores que lavaban o país pola ruína. Afortunadamente segue mantendo o seu poderío fuck you Vigo!

Historia[editar]

Artigo principal: Historia da Coruña.

O lugar foi habitado por primeira vez polo imperio megaliteiro, que deixou alí un porto colonial, erguendo fábricas de fundición de bronce pra exportar cara Irlanda; coa chegada dos celtas estableceuse a capital da tribo galaica dos Ártabros en Brigantium (actual A Laracha).

Mais cando chegou alí Xulio César fixo baixar ós castrexos dos outeiros e os meteu nun campo de concentración (un burgo) en Bergantiños, logo fixo un porto na península da actual Coruña e chamouna Caranico. No século II a administración imperial cambioulle o nome polo de Caronium, que soaba mellor e colocou un faro na punta da península pra que deixasen de chocar contra a costa os seus petroleiros que ían cara o norte.

Dagon chegando a Coruvigo co axuda de Pacovazquezsauro.

A principios da Idade Media Acruña foi abandoada, xa que o comercio internacional morrera e nin sequera os suevos subiron a vela, as repúblicas de homes libres fóronse vivir pra montaña e só baixaban de vez en cando a pescar e sementar ao pé do mar debido a que si vivían terra adentro podíanse salvar dos ataques piratas (vikingos, sarracenos, composteláns, etc). Coa Reconquista aínda volveu a estar mais deshabitada debido a que aumentaran as oportunidades de saqueo e pillaxe no sur con Vimara Peres, os que quedaron seguiron a mariscar.

Xa na Idade Moderna, no Antigo Réxime o Imperio Español remodelou o faro e fundou Ferrol pra facer alí a Armada Invencible e atacar a Inglaterra, así como axudar a Irlanda contra dos ingleses. Todo este belicismo fixo que A Coruña fose mais importante e aumentou o seu nivel de vida, ao memso tempo que se colocaban na zona pra unha maior protección a casa do Capitán Xeneral de Galicia (isto fixo que Manuel Murguía lle dera a capitalidade de Galicia á Acruña). Mais como a Armada Invencible chegou desfeita, aproveitouse a artillería dalgúns dos seus barcos pra deixala na Coruña e de paso construiron o forte de San Antón onde puxeron os canóns (que ben que serviron pra repeler un ataque vingativo inglés). Pra aproveitar as bondades do clima sementárons ecampos enormes de marihuana e púoxe unha fábrica de tabacos e outra de armas (mais foron destruidas por un comando da CIA durante a Guerra hispano-estadounidense de 1898); en 1809 o exército inglés tivo que fuxir pola Coruña perseguido polo exército de Napoleón Bonaparte.

Durante a Primeira Guerra Mundial o Estado español mantívose neutral na guerra entre imperios europeos, isto fixo da Coruña un porto importante pra exportación de carne pra Inglaterra, e así gañou a guerra. Pero os prezos subiron debido á demanda e os soldos dos obreiros seguían pobrísimos mentres a patronal erguían os grandes chalés modernistas e enchían a Coruña con galerías de cristal, todos os operaros fixéronse anarquistas e só puideron ser suxeitos grazas a moitos abogados que fundaron a ORGA durante a IIª República Española, co golpe estado de Franco, os falanxistas masacraron á A Coruña e só se recuperou o nivel de habitantes que había en 1936 ata os anos 70.

Xa coa Transición e o Estado das Autonomías, o alcaide Francisco Vázquez liderou unha revolta pra que A Coruña fose a capital de Galicia e non Santiago de Compostela, pero como Rouco Varela tiña mais poder e gobernaban os "centristas" en Madrid púxose a capital na vila eclesiástica de Compostela (e claro, o día da patria galega é o día do Apóstolo cando podía haber sido o día que mataron a Pardo de Cela).

Xeografía[editar]

Típica señorita da Coruña.

Ergeuna un devoto tolo de Dagon (o deus koruño) xa que deixou as praias urbanas cara onde mais bravo está o mar e o porto cara onde está mais tranquilo, razón pola cal Coruña non chegou a ser capital ata que lles puxeron motor aos barcos. Unha das súas grandes características son as ventas de cristal ou hidrocloruro de anfetamina (sacada das minas de xisto de Bergondo) por todo o mundo e por iso recibe o nome de Cidade do Meth.

Limita ao norte con Irlanda, ao este con Ferrol, ao Oeste coa Costa da Morte e ao sur con Portugal. A aldea atópase sobre unha pequena península formada pole erosión desde o precámbrico superior á entrada da ría de Betanzos. Alí o mar xunto co clima antárquico foi raspando a dura pedra da península dándolle esa forma particular de pene sifilítico.

Clima[editar]

A súa posición xeográfica fai da Coruña o lugar ideal de Galicia para non vivir, de tal forma que incluso a aldea portuguesa de Vigo ten mais poboación xa que os coruñeses van vivir aos barrios do lado, como Arteixo, Oleiros, Carral, etc.

Baleas no verán coruñés.

Durante o verán Coruña vese azoutada por tifóns subtropicais, no outono por chuvias subnormais no inverno por tsunamis subeuropeos que impiden europeizar de forma radical a Coruña e seu imperio e no inverno as olas cómense o paseo marítimo de tal forma que as isobaras se levan a Santiago Pemán polo aire. As precipitacións aquí son poucas xa que debido ao frío que vai Coruña está todo o inverno con neve, incluso no verán veñen por aquí as baleas asi que xa vedes que calor vai acá se hai baleas...!

Fauna e Flora[editar]

Cultura[editar]

Valle-Inclán tentando entrar na RAK, Real Academia de Koruño.

A Coruña é un porto por onde entraron novas ideas no país, bastión liberal e masónico no XIX e capital de Galicia durante a Idade Moderna e parte da Idade Contemporánea, o que supuxo que todos os frikis se concentrasen nela e comezasen a traballar polo país mediante sectas clandestinas para fuxir da persecución da Inquisición española, grazas ao dialecto Koruño (inventado para comunicarse por membros da igrexa "Amigos de Lucifer") a cultura asentouse fortemente e durou séculos.

Coruñeses famosos[editar]

Lugares da Coruña[editar]

Barrios da Coruña[editar]

  • Barrio das Flores: feito por Franco para albergar a xitanos e quinquis como escudos humanos ante o ataque que lle viña vir desde Estados Unidos de América por pertencer ao Eixe do Mal.
  • Centro: onde podes ver casa onde naceu María Pita (hoxe sede do concello) e algún que outro edificio con grande galerías de cristal para que brille o sol e así atraia a atención de Cthulhu, que dorme na veciña aldea de R'lyeh.
  • O Castrillón: Aquí o rei Afonso X o Sabio tiña seu castelo puticlú e non deixaba que ningunha muller fea lle fose botar peidos á porta.
  • Os Castros: onde vivía Breogán.
  • Durmideiras: aquí hai campos de papoulas das que se tira opio.
  • Elviña: zona óptima pro botellón onde Sir John Moore tivo sexo anal con Napoleón Bonaparte.
  • Labañou: Onde María Pita se bañou por vez primeira na súa vida e así comezou a decadencia do Imperio Español.
  • Os Mallos: onde está a maioría de templos do Neopaganismo.
  • Montealto: onde hai unha capela en honor a Cthulhu. E os puticlubs onde vai a xuventude curuñesa formarse na universidá da vida.
  • Matogrande: onde vai parar todo o LK da Galiza.
  • Novo Mesoiro: onde vive a mocedade, o resto da cidade está tomado polos zumbis.
  • Penamoa: onde comeza o Camiño do Jacobeo Jacoquiero.
  • Riazor: lugar da costa defendido polos bravos Riazor Blues contra vikingos nazis.
  • As Roseiras: lugar moi adecuado para namorar doncelas pero non pra fodelas debido ós pinchos destas madlitas flores!
  • Sagrada Familia: onde está a catedral de Gaudí en conmeoración de que aquí naceu o fillo sagrado de Cesar Augusto Lendoiro e Francisco Vázquez.

Lugares turísticos e sitios de interese[editar]

Experimento agrícola na granxa de Monelos.
Non vai visitar a Coruña por iso, vai?
  • A Torre de Breogán (The Melkarts’ Tower): Torre que iluminaba as pedras da costa pra que ninguén se achegase e fose asaltado polos coruñeses.
  • A Piroliña (The Piruli): Construido en loor a Mr. Curro Vázquez (Francisco Vázquez) e así se vexa que Acruña segue estando baixo o poder da falocracia.
  • A choza do Hombre: Unhas ruínas dun hangar das SS reaproveitadas como expositor das miserias humanas pra cando veñan os extraterrestres e vexan que non valemos a pena ser colonizados.
  • A Casa das Ciencias: Un antigo pabellón de caza de Filipe II que usaba como picadeiro con María Pita, agora está cheo de matraces Erlenmeier con clóns fallidos de Franco e Carrillo, un péndulo de Foucault que escribe novelas históricas e un pedazo da americana que levou Sir Paco Vázquez na súa revolución coruñesista.
  • Aquarium Finisterrae: onde se recra a atlántida e arredor van nadando os golfiños e quenllas de 20 cm, non tentes acaricialos ou unha morena trabaráche desdes as columnas da ágora.
  • Castelo de San Antón: castelo nunha illa (agora península debido á construcción dunha megaponte) que defendeu á Acoruña contra Sabela I de Inglaterra, o Duque de Bragança, Napoleón, Estados Unidos, Káiser Guillerme, Hitler, Winston Churchill, Margaret Thatcher, Bush pai, Bush fillo, Aznar, Manuel Fraga, Anxo Quintana e Alfonso Rueda. Agora serve como museo arqueolóxico onde podes ver a patera que usou Ith pra ir a Irlanda, a cunca Calcolítica de Leiro, o machado castrexo de Cariño usado pra invocar a Reve.
  • Praias: Orzán, Riazor, etc si queres sexo vas ás nudistas de mais alá do Falo de Breogán (si, si esas que están cerca do cemiterio musulmán e por onde asesinaban os falanxistas).
  • Centros comerciais: con nomes pretendidamente exóticos como Puerto centro de ocio, Los Rosales, Dolce Vita, Marineda City, etc todos no quinto pino e cheos de malotes atropelando vellas coas motos, bebés fumando petas, universitarios facendo botellón e logo turistas galegos enganados polos seus GPS.
  • Monte da Fraga: onde se vai aprender Koruño na Universidade da Coruña.
  • Monte San Pedro: onde Vázquez construiu un transbordador interdimensional pero debido a que Madrid sempre quere ser mais que Acruña non lle deu os suficientes cartos e reconvertiuse nun funicular para turisteo friki.
  • Paseo marítimo: feito or Luís Piedrahita con miles de pedras roubadas da Gran Muralla Chinesa, por iso é tan grande.

Galería de imaxes da Coruña[editar]

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Coruña
Escudo da Acruña.png
A Coruña | Elviña (San Vicenzo) | Oza (Santa María) | San Cristovo das Viñas (San Cristovo) | Visma (San Pedro)

Sabías que...?[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: A Coruña.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos da Comarca da Coruña
Comarca da Coruña
Abegondo
Abegondo
Arteixo
Arteixo
Bergondo
Bergondo
Cambre
Cambre
Carral
Carral
A Coruña
A Coruña
Culleredo
Culleredo
Oleiros
Oleiros
Sada
Sada
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña
Provincia da Coruna en debuxo.jpg
Abegondo - Ames - Aranga - Ares - Arteixo - Arzúa - A Baña - Bergondo - Betanzos - Boimorto - Boiro - Boqueixón - Brión - Cabana de Bergantiños - Cabanas - Camariñas - Cambre - A Capela - Carballo - Cariño - Carnota - Carral - Cedeira - Cee - Cerceda - Cerdido - Cesuras - Coirós - Corcubión - Coristanco - A Coruña - Culleredo - Curtis - Dodro - Dumbría - Fene - Ferrol - Fisterra - Frades - Irixoa - A Laracha - Laxe - Lousame - Malpica de Bergantiños - Mañón - Mazaricos - Melide - Mesía - Miño - Moeche - Monfero - Mugardos - Muros - Muxía - Narón - Neda - Negreira - Noia - Oleiros - Ordes - Oroso - Ortigueira - Outes - Oza dos Ríos - Paderne - Padrón - O Pino - A Pobra do Caramiñal - Ponteceso - Pontedeume - As Pontes de García Rodríguez - Porto do Son - Rianxo - Ribeira - Rois - Sada - San Sadurniño - Santa Comba - Santiago de Compostela - Santiso - Sobrado - As Somozas - Teo - Toques - Tordoia - Touro - Trazo - Val do Dubra - Valdoviño - Vedra - Vilarmaior - Vilasantar - Vimianzo - Zas
V  C  E h
Capitais de provincias de España España
Banderaespaña.png
A Coruña - Albacete - Alacant - Almería - As Palmas de Gran Canaria - Ávila - Badaxoz - Barcelona - Bilbao - Burgos - Cáceres - Cádiz - Castelló de la Plana - Cidade Real - Córdoba - Cuenca - Donostia - Granada - Guadalaxara - Huelva - Huesca - Logroño - León - Lleida - Lugo - Madrid - Málaga - Murcia - Ourense - Oviedo - Palencia - Palma - Pamplona - Pontevedra - Salamanca - Santander - Santa Cruz de Tenerife - Segovia - Sevilla - Soria - Tarragona - Teruel - Toledo - Valencia - Valladolid - Vitoria - Xaén - Xirona - Zamora - Zaragoza