A Fonsagrada

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Fonsagrada (homónimos).
A Fonsagrada
Escudo de A Fonsagrada
Afonsagradafriki.jpg
A armada imperial españolista entrando en Galiza a través dos canóns da Fonsagrada.
Situación
Situacion A Fonsagrada.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Lujo
Comarca Comarca da Fonsagrada.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Vladimir Henry James. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

A Fonsagrada é un concello fronteirizo de Galicia, grazas ó poder das súas augas máxicas en breves ocupará Baleira e Negueira de Muñiz (xa que Nuñiz emigrou pra Lisboa). Seus habitantes son castrexos que resisten ferozmente ó invasor capitalista occidental e comunista oriental grazas ás augas máxicas da súa fonte sagrada (agasallo da deusa Navia)

Historia[editar]

A Fonte sagrada que lle deu nome a este concello.

A Fonsagrada foi fundada por un pastor fai miles de anos atrás cando viu que a auga dunha fonte da Galicia profunda lle curaba o ébola, sífile e ladillas polo que montou un santuario ó redor dela, o marketing e merchadasing aumentou cando a mercou a Igrexa católica pero debido a que a sociedade occidental perdeu a fe en augas máxicas tras ver que o diazepan e o valium eran mellores este concello foi perdendo habitantes ata hoxe.

Foi repoboada logo polos piratas do Caribe que viñan na procura da fonte da xuventude, pero debido a que o Capitán Espárragos tivo un affaire sexual co capitán Oscar Jaenada do Imperio Español cristián e aquilo acabou mal pois o españolista guiado polo seu fanatismo católico destruiu a fonte sagrada, aínda que o capelán que ía coa súa flota lle dixera que era mellor asignar a fonte miragreira á Virxe María igual que en Lourdes.

Xeografía[editar]

Unha rúa de Fonsagrada nos días de inverno en que apenas se pode saír de casa... total para qué?

A Fonsagrada atópase nun lugar misterioso e ignoto, entre feraces montañas habitadas por meigas e putas, onde os ríos son deuses e claman por unha víctima humana anual, onde a choiva é un arte e aínda campan algúns fragasauros debido a que aquí os pregamentos hercínicos crearon un hinterland illado que os protexeu de todo mal ata que todo isto foi descuberto pola ahnenerbe das SS de Himmler e sacou de aquí o santo grial e a lanza de Longinos que lles deron o poder sobre o mundo inteiro.

Clima[editar]

Atlántico rial que provoca gastroenterites crónicas e outros derivados de consumir augas psicotropicais sen estar acostumados.

Flora e Fauna[editar]

A fauna e flora da Fonsagrada é moita e salvaxe, algúns pensan que se tragaron ós humanos de por aquí.

Economía[editar]

Fuxir pra Mondoñedo capital e cos cartos dos emigrantes seguir mantendo casas neste recuncho de paz a salvo do capitalismo. Seica pasa por aquí o Camiño de Santiago aínda que non se sabe exactamente cal deles pero tranquilso que van todos ó mesmo lugar... a Prisciliano de Compostela!

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada
Escudo da Fonsagrada.jpg
A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)
  • Proba de Burón: mais coñecido como a Póboa de Burón,onde estaba antes a capital do concello, forma parte do bispado de Oviedo xa que o señor feudal destas terras Xoán Osorio loitou ao lado de Don Paio contra o dominio de Al-Andalus. Na Idade Moderna o señorío pasou á Casa de Altamira e tiveron que pagarlle por seren de aquí moitos irmandiños. A capital de Burón é Chao, onde está tododiós vivindo xa que co frío que vai e como aquí o vento do norte corre que sas pela viven todos xuntos facendo orxías nas casas comunais.
  • Allonca: na fronteira con Asturias, por onde se trafica con sidrines e gaitas escocesas, menos mal que non son gaitas marciais.
  • Bastida: Ten unha fervenza máxica, do outro lado da cortina de auga vive unha moura.
  • Bruicedo: aquí os animais brúan cedo e por iso os pastores andan o resto do día a caer polos camiños de sono.
  • Carballido: aquí hai capela, igrexa e mesmo escola de primeiras letras!
  • Cereixido: aquí nin cereixas ai que as comen todas os osos.
  • Cuíñas: en vez de outeiros aquí hai cuíñas, ao mellor son mámoas e todo un Dolmen de Dombate debaixo delas!!!
  • Fonfría: aquí está a auténtica fonte sagrada!!
  • Freixo: aquí descoñéce exactamente que hai...
  • Campos: aquí viven as lamas de Campos.
  • Moreira: aquí tamén viven lamas, pero lamas de moreira pero tamén hai Galaicos e tamén Mouros, que viven aló arriba na Coroa.
  • Maderne: aquí os castrexos tiñan unha sauna gay.
  • Monteseiro: aquí na armilda atópase restos dunha vella armida coidada por un emritaño tolo que xuntou un tesouro de putas e guiski.
  • Pacios: onde os mouros teñen seus pazos.
  • Padrón: aquí estaba un hospital ata que foi arrasado pola Historia.
  • Paradavella: aquí soe pregríns facían unha parada antes de rubiren a Cháin a chingar.
  • Piñeira: aquí había moitas lobas, sobre todo no pazo de Gulpilleira, topónimo que significa lobas pilleirentas, ouse xa que aquí todos eran fodeamigas!
  • Arroxo: onde o bade desertizou esta zona para que os de Navia de Suarna non nos conquistasen.
  • Suarna: aquí hai outra fervenza, onde se fan pelis porno.
  • Neiro: na Idade Media este lugar foi repoboado con negros de Guinea ecuatorial, e no ano 2020 tamén!
  • Río: onde san pedro perdeu as babuchas ao ir ver á crecencia todo emplamado.
  • Logares: aquí hai cabanas con cancelas e lodos.
  • Trapa: onde os jipis ían a Penamaría a fumala.
  • Trobo: aquí había un castelo de irás e non volverás, menos mal que o liberou do feitizo Samuel Solleiro.
  • Vieiro: onde os suevos fixeron un camiño pros turistas deixaren cartos.
  • Vilabol de Suarna: os romanos escravizaron aquí aos galegos e fixeron o castro de Segunde pra telos vixiados.
  • Vilar da cuíña: os mouros fixeron a capela deste lugar e ían visitar á única muller que vive en Arexo.

Desgalería de imaxes da Fonsagrada[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: A Fonsagrada.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Galicia Concellos da Comarca da Fonsagrada
Comarca da Fonsagrada
A Fonsagrada
A Fonsagrada
Baleira
Baleira
Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove