A Franqueira, A Cañiza

De Desgalipedia
{{#if: |
A Franqueira.
Franqueiramatanza.jpg
Aínda non se sabe moi ben porqué se despoboa esta aldea....
Concello Algún concello da Galicia profunda
Área km²
Poboación (ano 2007) 169 hab. (616)
Densidade 999 hab./km²
Entidades de poboación URSS

A Franqueira son uns casetos habitados por humanos ao pé da montaña Paradanta.

Historia da Franqueira[editar]

O nome de Franqueira ven dado polos francos (franceses antigos) que vivían nesta zona aloxados do mundo frívolo xuntos en amor e compañía sentídonse superiores aos demais no seu mosteiro tipo cluniacense.

Todo cambiou cando un pastor atopou unha estatua da deusa Isis no coto da vella agochada entre penedos da furia iconoclasta dos primeiros cristiáns na etapa final da Antigüidade. Os monxes que querían ter mais presuposto para ter cada un a súa cruz de ouro pectoral collérona e dixeron que era unha estatua da Virxe María que viñera dar alí por miragre e que concedía desexos como o xenio da lámpada de Aladino.

Interior do templo soviético da Franqueira.

Esta ficción atrouxo a moita xente que foron deixando súas ofrendas e o mosteiro fíxose rico, a Casa de Soutomaior veu ata aquí desde Redondela e tras unhas cantas subvencións enchufaron a un irmán terceirón como abade do lugar, que foi conseguindo mais terras e privilexios durante o Antigo Réxime, sobre todo do rei Afonso XXXL e Enrique do Mercedes. Ata que o sistema entrou en crise a finais do XVIII coas obras de remodelación xa feitas e ao pagar foron perdendo poder debido a que os mercados estaban colapsados de tanta lá e agora preferíase o algodón para a industria textil manipulada polo Imperio Británico e o mosteiro foise ao carallo. Por fin se puideron facer casas ao pé del e do mosteiro só ficou a casa reitoral e a igrexa, que segue a ser visitada cada ano na súa super romería.

Xeografía de Franqueira[editar]

Flora e fauna da Franqueira[editar]

  • Edelweiss: flor moi rara que só se daá a grandes alturas e os puros de corazón a poden atopar tras ler o Mein Kampf.
  • Cabras sobre quads: urbanitas tolos do carallo e aldeáns con autoodio (pailáns) que copian modas foráneas para ir fastidiar as pistas do monte con carreiras ilegais todo a mil tío!
  • Unicornios: por aquí anda a moi famosa deusa Unicornio rosa invisible.
  • Enredadeiras antropófagas: semellan silvas que se colgan de carballos e piñeiros... pero non o son! son plantas tentaculares que si te detectan bótanseche enriba e pápante en dous minutos, soen saír nas pelis de Hollywood de aventuras.
  • Lobos e osos: que baixan por toda Dorsal galega ata aquí.
  • Cañotas parlantes: si te metes dentro delas comezana comerche o tarro que si a plusvalía, a economía planificada, as relacións de produción,a ditadura do proletariado, o okoljós..debido a iso foron taladas o ano pasado polo crego parroquial.

Economía da Franqueira[editar]

Aquí vívese do que dá a terra, enerxía xeotérmica, petróleo, plantacións de folla de coca,etc e si non convírteste en exportación e emigras a Covipor.

Galería de imaxes da Franqueira[editar]

Lugares e parroquias[editar]

Lugares d Franqueira[editar]

V  C  E h
Lugares da parroquia da Franqueira no concello da Cañiza (Pontevedra)
Cebreiro | O Cocho | O Cotiño | A Franqueira | A Igrexa | Parada | Sendín


Parroquias de A Cañiza[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Cañiza
Escudo de Canhiza.png
As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina)


Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: A Franqueira, A Cañiza.

Outros artigos[editar]