A Merca
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Merca (homónimos).
A Merca | |
---|---|
![]() |
![]() |
![]() | |
Praza da Merca no século XXII. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | Merqueiro. |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Terra maldita de Celanova |
Poboación | hab. (2021) |
Área | km² |
Densidade | {{{densidade}}} hab./km² |
Entidades de poboación | |
Capital do concello | |
Política () | |
Alcalde | () |
Concelleiros | BNG: PPdeG: PSdeG-PSOE: Outros: |
Elección democrática asemblearia | |
Uso do galego[2] () | |
Galegofalantes | % |
Páxina web oficial | |
|

A Merca é un concello da comarca de Celanova, provincia de Galicia profunda, do imperio Galicia do Sur.
O seu nome provén de que na Antigüidade aquí vendíase de todo, gando, maruxiña, nabos de Lugo, Fluggegecheimen, cocaína, gadañas con Leds, chapeiros, etc... agora só se vende carne, e iso cando o médico e a Unión Europea o permiten! O prato especial é carne humana dos accidentados da nacional entre Celanova e Ourense, sobre todo dos ue van á manchica de ruta destroyer.
Historia[editar]

Foi fundado polos petroglifenses como centro aerospacial, logo forán atacados polos cartaxineses e o Imperio Romano, que esfragou tódalas construcción anteriores ao facer pasar por alí unha megaautovía, mais coñecida como Autobahn Kraftwerk ou Vía XVII, na Idade Media foi lugar de loitas entre galaicoromanos contra os suevos, entre nobres e frades, entre frades e frades (os do mosteiro de Celanova contra os do mosteiro de San Pedro da mezquita), entre os galegos e portugueses, entre os galegos e os franceses, entre os galegos e os españolistas, entre os galegos e os galegos, entre os galegos e os chinos, etc
O resto da historia estivo ocupada polos negocios dos tratantes de gando, ata que veu a Unión Europea e mandou todo ao carallo.
Xeografía[editar]
A merca atópase nalgún lugar da Galicia profunda debido a enormes explosións de Qi polo sector Klingoniano perdeuse os datos do seu GPS e non sabemos darle novas acerca da posición exacta deste concello.
Xeoloxía[editar]
A Merca atópase no val do Río Arnoia, separado do val do Río Barbaña pola cordilleira do Outeiro de Boa Madre (Taboadela), A Rodela (onde hai un castro pra vixiar que os de Celanova non nos invadan) e Couso (onde o deus Cosso tiña su santuario sanguento) aínda que o punto mais alto é o Monte Barracel.
Clima[editar]
As temperaturas oscilan entre os 20 e 30 graos TODO o ano, as choivas duran só unha hora cada día ao longo do ano. As terras son moi ásperas pro cultivo e traballo duro, asi que adicáronse ó gando e vender madeira, moitos fixéronse tratantes de gando, porque xa se sabe que mais val unha hora de trato (negocio) que cen de traballo.
Flora e fauna[editar]
Entre a flora destacan as plantas caníbales, que chegan a acadar os 3 metros de altura e comen a outras prantas desprazándose sobre os seus pétalos, logo están as prantas carnívoras que teñen na sía dieta a bisontes, osos, traficantes de café, gardas civís e putas. A fauna está dominada polos mamíferos, entre os que se atopan as focas, baleas, ornitorrincos e xirafas, aínda que testemuñas afirman que aínda camiña algún dinosauro por alí.
Relixión[editar]
Todo este concello é litólatra, adora as pedras, sendo a mais santa delas a do outeiro de Corvillón, que ten unha poza pequena na cima e a súa auga ten propiedades curativas contra o escorbuto, a sífile, o tangaraño, a Sida, e a corrupción. A esta pedra fáiselles moitos e excelentes ofrendas, sobre todo de nenos cristiáns que secuestran nos concellos limítrofes e que sacrifican a este coto granítico.
No entroido facían todo tipo de orxías con galos nas fragas e pastos (din que en honor a Silvano e Pan) e os galos bailaban polas rúas xuntándose cos Mecos de Froxás das Viñas (a xeito das pantallas de Verín) en plan chamán pra facer beilar a gran roda cósmica das estacións do ano (según Ramón da Merca).
Parroquias[editar]
- A Capital na Merca.
- As discotecas en A Manchica.
- As pelirrojas en Parderrubias.
- Musulmáns na Mezquita... pero non os confundan con os do concello de A Mezquita!!
- Corvillón: aquí escribiu Edgar Allan Poe o seu poema maldito.
- Entrambosríos: pero que nome tan prosaico!
- Faramontaos: seu nome significa faro das montañas, para que os zzepelins non chocasen contra delas a principios do século XX durante a era do Steampunk.
- Olás de Vilariño: este Vilariño fíxose famoso polas súas enormes cerámicas e así lle caeu o nome.
- Pereira de Montes: aquí meteron man no ADN nas pereiras e fixeron a de Dios cristo.
- San Vitoiro da Mezquita: parroquia esquizofrénica que non decide pertence a Merca ou Allariz.
- Proente: debido aos moitos piollos e pulgas que infestan o lugar alí podes saír con todo proendo!
- Zarracós: aquí foi onde realmente se fundou Zara!
Lugares da Merca[editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Merca vexa: Lugares da Merca.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Concellos da Comarca da Terra de Celanova | ![]() | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() A Bola |
![]() Cartelle |
![]() Celanova |
![]() Gomesende |
![]() A Merca |
![]() Padrenda |
![]() Pontedeva |
![]() Quintela de Leirado |
![]() Ramirás |
![]() Verea |