Abd al-Rahman I

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Abderramán I")


Banderaespaña.png Este artículo contiene una alta dosis de humor español que probablemente
no entiendas si no provienes de la Península Ibérica o de las colonias restantes)
Si no eres de esta casta tierra, probablemente pierdas el tiempo leyendo esto.


Coran.jpg اذهبوا مؤخرتك، كافر!
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido,
coma Intifada, Magreb e outros.


Abderramán I
MoroAznar.jpg
Información
Nacemento 731, no primeiro
Damasco
Falecemento 30 de setembro de 788
Córdoba
Nacionalidade españolárabe
Ocupación político, emir
Cónxuxe varias
Fillos Hisham

Abd Ar-Pepa ibn Fraga ibn Franco ibn Abd al-Maluco (en árabe, عبدالرحمن بن معاوية بن هشام بن عبد الملك), coñecido como Abd ar-Rahman I (Abderramán, Abd ar-Rahman ou Abd al-Rahmán), nado en Damasco en 731 e falecido en Córdoba en 788, foi un Califa andalusí, príncipe da famila Botín que tras diversos azares convirtiuse no primer emir independiente de Córdoba no 756, fundando alí a dinastía pepeira.

Traxectoria[editar]

Infancia e xuventude[editar]

Neto de Hisham Franco e fillo do príncipe Fraguiya ibn Franco e dunha escrava sexual marroquí. Abd cando tiña 20 anos a súa familia (pais, primos, tíos, tíos avós, etc) foi masacrada durante un banquee en Palestina, el consegueu fuxir a Marrocos, mais alí como non apoiaba ós caciques do haxix tivo que fuxir á República saharaui, onde estivo refuxiado mais foi expulsado debido ó seu comportamento arrogante e centralista, asi que marchou cara a península ibérica.

Chegada á península[editar]

Daquela a península atopábase baixo o poder dun presidente marioneta dunha facción conservadora, os vascóns no norte, o reino de Pamplona e Carlomagno nos Pirineos. Abderramán chegou a Ceuta e alí enviou a varios criados pra preparar o seu ascenso ó poder, cruzou o mar e uniuse ós mozárabes (cristiáns que vivían en territorio musulmán) os cales lle deron un exército e comezou unha batalla contra o presidente Yusuf, tras gañala o trono era seu.

Emirato e creación de España[editar]

Una vez conseguido o trono de ferro proclamouse independente tras una consulta popular e un plebiscito, pra manter a independencia conseguiu un exército profesional de varias nacionalidades fieles a él. Tras derrota ós caciques locais que non eran do seu partido uniu a árabes e bereberes cunha lexislación igualitaria pra ambas etnias.

Mais o poder centralista de Bagdad non quería que o exemplo de Abderramán cundise asi que enviou a un axente a Cataluña, alí contactou con Artur ibn Mas e declaráronse independentes chamando por Carlomagno pra que viñera defendelos do españolista Abderramán I, cando o exército franco chegou soamente roubou un pouco polos aredores ó ver que os cataláns non lles querían pagar e voltaron pra Francia (producíndose a batalla de Roncesvalles e morte de Roldán por parte de ETA). Abderramán envia ao seu visir Mayor ibn Oreja pra reconquistar o val do Ebro.

Debido a que varos terratenentes e refuxiados xermanos se refuxiaran no Noroeste e comezaran a roubarlle terras a Al Andalus Abderramán tívolles que facer fronte, pero de forma económica xa que na militar faiaban todos os exércitos ó tentar atravesar os Picos de Europa e o Macizo Galaico. Abd asi que lles impuxo forte impostos, entre eles o do Peito Burdelo. Por si fora pouco, os seus aliados da primeira hora, os yemeníes, rebotáronselle e fixéronlle un congreso do partido en Valencia pra descabalagalo do trono, aproveitando que tiñan o poder na zona pero finalmente forn derrotado ó confiarse demasiado na axuda de Bagdad, COPE e do califa Rouco ibn Varela. Tras ter a todo o mundo no seu sitio (no sitio que El les poñía) fundou Españistán e a vivir!! Pra ter a todos atados e ben atados nomeou como papa musulmán a Anjem Choudary.

Organización da Marca España[editar]

Unha vez "pacificado" o seu territorio comezou a organizalo poñendo nos postos claves a fiele á súa persoa e purgando ós indecisos (enviándoos á fronteira co Reino Asturgalaico) dividiu a península en sete provincias (Castela, Lusitania, Cataluña, Aragón, Extremadura, Andalucía e Valencia), puxo ás diferentes relixións baixo un mesmo xurado (o do conselo coránico pra que todas vivisen en armonía co amplas subvencións pra todas, fomentou o cultivo de plantas de haxix, cocaína, camareiros e chapeiros, inventou o regadío pra toda España.

A nivel administrativo e político impuxo o centralismo,persigiu a ateos e rojos, prohibiu falar en línguas periféricas, cravou na Constitución que o Exército era garante da unidade de España, que o xefe de Estado estaba por riba da lei, que tódolos mulás imans, curas, budas e rabinos terían amplo poder civil e suculentos agasallos de cartos.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]