Abkhazia

De Desgalipedia
Galiza is not Spain.jpg Este artigo ten un alto contido de nacionalismo.
Moito problablemente ese pequeno territorio comezará unha guerra sanguenta
para ser só máis un país insignificante no mundo e conseguir axuda da UE...


Abkhazia
Missing map.svg.png
Capital
 Poboación
Sukhumi
n/d
Linguas oficiais n/d
 • Total n/d
 • % auga n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • Total n/d
 • per cápita n/d
Moeda n/d
IDH n/d
Fuso horario n/d
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d


Abkhazia é un país pequeno euroasiático, sito entre o Mar Negro (ten costa nel) e o Mar Caspio, por onde a imperialista Xeorxia os tenta zugar.

Historia[editar]

Abkhazia comezou a ser habitada no Paleolítico cando os sapiens ía na procura de mamuts (e seguirían ata Siberia)e no lugar atopárose cos neanderthais, surxindo o amor e dando lugar á etnia local, que foi desrtuida por Stalin durante o dominio soviético da zona.

Mentres pasaba o tempo xuntáronse cos esvanos durante o Neolítico aproveitando o quecemento climático aproveitaron pra outro verán do amor no IV milenio A. de C. e así surxiron mais mezclas, kartvelianos (nome que parece sacado dunha noveliña de maxia e espada ou de cienciafición), Zans (que non xáns) kartvbelianos orientais e Manuel Fraga. Por si foran pouco, a avoa pariu lonxe de alí a celtas, persas, tártaros e demais troupe e pasaron por aquí pra ver si todavía duraba o verán do amor e así metelos na gran familia indoeuropea aria.

Ademais no X A. de C, viñeron os gregos e lles deron parte dos seus vicios fixeron un reino manexado por un rei só, mentres tentaban que o Imperio Persa pasar deles e fora polos espartanos, pero o imperio presícola pasou, así como o de Alexandre Magno, razón pola que unha familia tomou o poder e fundou o reino, sendo seu rei mais famoso o rei Midas, que consegiu manter a independencia grazas a que tiña moito ouro e podía pagar miles de mercenarios pro seu exército e se non pois aliarse cos veciños e así resistiu durante décadas contra o Imperio Romano ata que éstes enviaron un petroleiro e o fixeron embarrancar nas cosas de Abkhazia pillando ao rei Midas unha marea negra e morrendo empantanado, o reino pasou a ser colonia do Imperio.

Voltaría ser independente séculos mais tarde, na Idade Media con tan mala sorte que remataron sendo chuchados por Musulmania, pra logo voltar ser independentes pra sempre xamais... buinorrrr, non, foron anexionados polo veciño Reino de Xeorxia, ata que viñeron os mongois e comezaron a pelexar na zona rusos, xeorxianos, persas, e turcos... ata que gañou o Imperio Ruso, que pra homoxeneizara zona expulsou ós abkhazianos musulmáns e encheu o cu con xeorxianos, rusos e armenios. Isto acabaría provocando grandes conflictos sen resover durante os seguintes séculos ata hoxe; e a finais dos 80 comezou a guerra entre abkhasios e xeorxianos.

Economía[editar]

Viven do petróleo e dos turistas que se aventuran lá na procura de emocións fortes.

Clima[editar]

Tropical grazas ó efecto invernadoiro natural do Mar Negro e as montañas circundantes, sendoa riviera soviética e grazas ó cultvio das viñas irmanada con Ribadavia e Cuba (porque cultivan tabaco).