Adicción

De Desgalipedia
Star of life2.png Advertencia: A sagrada Desgalipedia non dá consellos médicos (e non a ladróna).
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao Dr. House e o seu equipo de fermosas enfermeiras.
De estar procurando por adición vexa suma.
O alcohol e o tabaco son as adiccións máis comúns.

O térmo adicción é utilizado nun amplo abanico de contextos para describir unha inclinación, unha obsesión, unha obrigación ou unha dependencia física ou psicolóxica excesiva. Algúns exemplos de adicción poden ser a adicción ás drogas (drogadicción), os videoxogos, ao xogo (ludopatía), ao tabaco (tabaquismo), ao alcohol (alcoholismo), ao ordenador, a pornografía, ou a comida, entre outros.

Características[editar]

... ademais da marihuana.

En terminoloxía médica, unha adicción é un estado en que un parvo depende dunha substancia para funcionar normalmente, e desenvolve unha dependencia física cara esta, como no caso da drogadicción. Cando a droga ou a substancia da que alguén depende se lle retira, isto causa no enfermo unha síndrome de abstinencia, feito que presenta un conxunto característico de síntomas. No campo da psicoloxía, unha adicción non está asociada necesariamente cun uso abusivo dunha substancia, xa que esta forma de adicción pódese xerar incluso seguindo a medicación dun tratamento médico convencional, prescrito por un médico.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Adicción.

Outros artigos[editar]