Afonso XIII de España

De Desgalipedia
Alfonso XIII de España nunha fotografía do primeiro cuarto do século XX.
Cita1.pngA páxina solicitada non está dispoñible ou non existe. Desculpe as molestias.Cita2.png
TVG sobre Afonso XIII

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena-Paula-Macarronia-Antonia, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia mentres xogaba cos seus soldadinhos de chumbo e Primo de Rivera tamén foi rexente durante o período mentres aínda tentaba pechar os seus estudos porque era moi mal en gramática e ciencias.

Traxectoria de mala vida e obras[editar]

Afonso XIII conseguiu chegar a adulto a pesares de non saberse a lista de reis visigodos pero si ligar, grazas aos sitema político imperante conseguiu manter o seu reinado a salvo de demócratas e con moitos caciques. Afonso puido modernizar España e que comezase a Revolución industrial dunha maldita vez de paso que se metía no peto algúns millonciños para poder fundar a primeira pornografía española e manter a todo os seus bastardos. Como os quería moito non meteu a España na Primeira Guerra Mundial, aparte de que o exército español estaba cheo de cabos chusqueros mais que soldados e canóns, pero meteuse a colonizar Marrocos e seguir coa famosa Guerra de África, conseguindo uns cantos minerais para a oligarquía mandando aos pobres alí. Pesares de crear a lexión española España perdeu aquilo e tivo que vir Francia axudar. Entre iso e que os caciques tiñan cada vez mais problemas para conseguir mais forza psíquica e que os partidos políticos do sistema non facían mais que roubar para seus chalés modernistas e así Carlos Ruiz Zafón puidera ter mais argumentos para súas novelas en casonas burguesas.

Para deter á democracia enviou ao parlamento a Miguel Primo de Rivera, tras ver que nin sequera un militar conseguía poñer a situación a seu favor puxo a outro a ver si capeaban a situación pero a xente elixiu aos republicanos e tras ver que non apoiaban nin o exército nin a garda civil e incluso Gandalf pasaba del fuxiu ao Vaticano. Durante a II República española andivo de playboy en Roma coqueteando con Benito Mussolini polo que cando veu Franco cos seus moros quedou encantado, non tanto cando descubriu que ninguén pelexaba por el.

Feitos importantes na súa vida[editar]

Mineros asturianos (anónimo).jpg

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Afonso XIII de España.

Outros artigos[editar]