Agrarismo

De Desgalipedia

O Agrarismo foi un dos únicos partidos políticos 100% galego (xunto ao partido nacionalista galego) que conseguiu que o campesiñado accedera ó protagonismo da política (cousa que ningún outro partido puido facer ata o de agora e desde o XIX...).

Orixe[editar]

A finais do século XIX a maioría de galegos eran labregos e tiñan que pagar unha tremenda recua de impostos, así como sufrir a política agraria pensada en Madrid para outras zonas da península pero que tiñan efectos nefastos aquí (como o arancel do trigo que facía imposible importar trigo que non fora de Castela) os foros, a tributos, usura e caciquismo estes dous consecuencia do centralismo).

Historia[editar]

Alfredo Brañas foi seu precursor e quen lles comezou a dar azos pra que súas queixas chegasen a algunha parte, seu coñecemento das loitas de liberación de Irlanda e tras estudar a economía xurdida do novo estado liberal español chegou á conclusión de que Galicia debía independizarse polo ben das clases produtivas (labregos e mariñeiros). Así comezaron a formarse asociacións agrarias, algunhas mesmo de carácter socialista.

Este xérmolo (desetruturado en 1900) arrincou mais tarde medrando grazas a Solidaridad Gallega en 1907, organización nacida do exemplo de Solidaritat Catalana, contruise o partido e seus órganos de expresión (Nosa terra Galega, Solidaridad Gallega) agrupándose republicanos e carlistas, celebrando as Asembleas de Monforte de Lemos de onde se sacou o programa:

  • Combatir sen tregua e sen pacto ao caciquismo como causa maior dos males do labrador galego.
  • Exercitar todos os dereitos cidadáns, velar polo cumprimento das leis, electoral, municipal, a de consumos e cédulas.
  • Sustituir ás 4 deputacións provinciais galegas por un só organismo rexional.

O resto do tempo o pasaron en modernizar a agricultura galega e mesmo de facer de árbtitros entre os asociados (e así eviar custosos preitos), neste ambiente de labregos por primeira vez concienciados sucede a matanza de Oseira (cando os veciños se pechan na igrexa pra evitar que o bispo d'Ourens lles leve un altar en 1909 e a garda civil matou a 7 e feriu a 12 feridos) que enrabecha aínda mais os ánimos entre as distintas sociedades agrarias e chegou a atacar a algún que outro cacique e labregos non asociados.

Na segunda etapa, aberta polo partido do cura Basilio Álvarez Acción gallega, radicalízanse as formas e os campesiños nefróintanse á garda civil, viñateiros do ribeiro destrozan cubas con viño matute, folgas xerais labregas (por primeira vez na historia!) labradores que non pagan foros, matanza dos mártires de Sobredo, persecución xudicial a cúpulas de dirixentes, etc.

Na terceira etapa, os tolos anos 20, a forza deste movemento atrouxo a moitas forzas políticas urbanitas que se aproveitaron del, formándose incluso asociacións pseudoagrarias co fin de arrapañar un posto no concello e mesmo acta de deputados, algúns destes fundadores de asociación foron tendeiros de aldea que ó non lles daren un posto no concello o cacique local declarábanse agrarios e incitaban co fin de poñérense eles no sillón, por outra banda é cando comezan a infiltrarse os sindicatos católicos (unha cousa é a relixión e outra as reinvindicacións económicas) por propagandistas casteláns, aumentando a confusión ideolóxica neste eido. En 1922 organizouse en Tui un congreso federal que seguiu dando guerra ó caciquismo e ós foros, conseguindo que a súa redención fora mais barata antes da Ditadura que despois aínda que cando Miguel Primo de Rivera colleu o poder foi moi eloxiado pola oposición e moitos concellos rurais foron entregados ós agrarios, pasándose estes ó partido único da Unión Patriótica e cumpliuse o paradoxo de que houbo que pagar os foros mais caros ca antes e pagar os atrasos e os agarios conformes...

Cando se esfarelou a ditadura os agrarios seguiron coa súa desorientación, moitas sociedades agrarias e de oficios varios eran socialistas, existían asociacións infiltradas ante o "perigo vermello" e coa Guerra Civil Española foron todas abolidas, sufrindo represión aquelas formadas por esquerdistas.

Represión contra o agrarismo[editar]

Debido a quen protestaban eran clases produtivas (labregos) contra os parásitos (fidalgos, caciques, alcaldes..) o Estado levou a cabo matanzas indiscriminadas contra deles nos primeiros anos do século XX:

  • Matanza de Oseira: 7 mortos e 12 feridos pola garda civil.
  • Mártires de Sobredo: en Sobredo, Guillarei, Tui dous mil labregos e labregas solidarizaríanse cun veciño que ía ser desahuciado ao non pagar os foros.
  • Mortos de Cans: ou Nebra, Porto do Son o 12 de Outubro de 1916, 5 mortos pola garda civil nunha protesta contra un imposto inxusto do concello.
  • Masacre de Sofán: 16 de febreiro de 1919 en Sofrán, Carballo, 4 mulleres mortas pola garda civil nun enterro dun neno estando prohibido soterrar nese cemiterio como práctica legal do cacique local pra facer outro cemiterio novo e así levarse mais cartos pro seu peto e clientes seus.