Alén

De Desgalipedia
A Porta ao Alén no Monte do Sexo.

O Alén (tamén chamado: Mais Alá, ultratumba, vida despois da morte) é un termo relixioso que inventa mundos maravillosos xusto despois de morrer tú.

Introducción[editar]

O alén gorentoso prun coello.

Debido a que este tipo de vida non é verificable ao 100% este artigo debería estar sacado da escola, da Arte, dos medios de comunicación... máis como é un arma moi efectiva entre os vellos, moitos partidos políticos conservadores e reaccionarios os eguen a usar debido á gran cantidade de votos que soe dar.

O desenrolo da relixión en todo o mundo provocou miles de descripcións do alén, como mostra un botón:

  • No Exipto Antigo: crían que ao morrer unha parte da alma ficaba no cadáver, outra ía onde Osiris a ser xulgado polos seus crimes e outra perdíase no aire. Si fuches bo vivirás outra vida no paraíso onde serás servido polos escravos que enterraches na túa vida e comerás o que teus paarentes che deixaron na tumba.
  • No Hinduísmo: tras morrer teu karma leva a reencarnarte noutra vida, mellor ou pior según as túas accións na vida pasada, polo que o único alén que pisan é a sala dun tribunal cósmico.
  • No Catolicismo: Morres e eres xulgado, se fuches bó vas pro ceo se fuches malvado vas pro inferno e si fuches normal vas pro purgatorio.
  • Os Celtas crían que trala morte voltarína á vida reencarnándose.
  • Os testemuños de Xehová: morres e teu corpo fica coa alma, serás resucitado pra ser xulgado o Día do Xuicio Final, si fuches testemuña de Xehová vas pro paraiso co teu corpo medio podre, se fuches malo serás destruido.
  • Na Grecia Antiga: ao morrer túa alma ía ao interior da terra pasaba en barca a laguna estixia e logo ao reino de Hades, onde se estaba todo o tempo na escuridade, outros bebían a auga do Río Limia e ficaban sen memoria. Se foras moi bó ías aos Campos Elíseos e se tiveras trato placenteiro cos deuses, estes subíante ao espacio exterior e convertíante nunha constelación de estrelas.
  • No Imperio Romano: ao principio crían que trala morte se foras devoto cos deuses irías a vivir con eles no paraíso, se foras malo ivas pras profundiades da terra e andarías perdido por ahí. Coa influencia de relixións orientais pensouse como os exipcios, mais os filósofos gregos viñeron tamén e algúns pensaron que trala morte saías en forma de abella cara a lúa que era o fogar orixinario (Danza do abellón), mais chegou o Cristianismo e impúxolles a todos a crenza de que trala morte os que crían en deus e foran "xenrosos" coa Igrexa católica e seus bispos seráin xulgados por Deus o día do Xucicio Final e serían resucitados e vivirián nunha nova terra paradisíaca; se non seguiras as normas da igrexa irías ó inferno onde sería storturado toda a eternidade.

O Concepto do Mais alá na actualidade[editar]

Unha das portas ó Mais Alá.

A pesares dos avances da ciencia e que se erradicaron moitas supersticións e tonterías, inda hai parvos que cren na vida despois da morte. Estes crentes na vida depois da morte afirman ter evidencias provintes de:

Persoas que din ter experiencias sobre o Máis Alá (non sobre esas revista de cidadáns)
  • Por morrer e voltar á consciencia, ou sexa que nin sequera estarían mortos e estiveron groguis un pouco xa se consideran que morreron pero foron devoltos a esta vida (pero é que hai outrasss???).
  • Por ver o alén grazas a unha visión reveladora (tras unha inxesta masiva de droxa previamente off course).
  • Por tener lembranzas de vivir outra vida antes da que está vivindo agora (normalmente din que viviron vidas prestixiosas como presidente, xeneral, gran sacerdote, gran Dalai Lama que destes hai miles... curiosamente ningún lembra que fora un labrego piolloso, un señor feudal sádico, un momxe que predicaba suspersticións unha puta en Babilonia, un escravo sexual en Al Andalus, etc).
Persoas que din ter coñecementos sobre o Máis alá do alá.
  • Santos.
  • Milagreiros.
  • Conversións espectaculares (xa se sabe... a típica raposiña que tras ser a máis puta do espectáculo di que se retira a un convento ou que viu a luz... claro está ao entrar no mosteiro e cambiarse o nome elixe o de Sor Rita, léase todo xunto.)
Testemuños de visitantes do Máis alá.

O máis alá como existencia individual[editar]

Cidade no alén.jpg

Debido a que o ser humano é moi parvo (sobre todo as mulleres vellas) crense calquera cousa bonita e así actualmente hai varios tipos de crenzas popularizadas entre a xente a cada cal mais risible:

Cristianismo
  • Despois de morrer vas ao ceo, alí San Pedro mira na súa lista, se non estás caes no inferno, onde Satanás chas fará pasar canutas.
  • Trala túa morte permaneces inconsciente, só serás resucitado o Día do Xuicio Final, ése día Deus baixa á terra no seu ovni marca Barreiro e comeza an plan xulgado soviético a facer xuicios sumarísimo sen abogado defensor, recusación de probas, prazos de apelación, fianzas, sen garantías legais... nada! Él envíate ao ceo ou ao inferno según o código dos 10 Mandamentos e alá fuches (curiosamente esto é o que pon a Biblia pero ningún católico o cre, só os Testemuñas de Xehová).
  • Despois de morrer se fuches bó vas ao ceo e te convirten nun anxo (ou sexa nun ser asexuado e que está todo o día lambéndolle o [[cú] a Deus pai todopoderoso), se fuches malo vas ao inferno, onde te poñen nunha caldeira a arder. Podes saír do Purgatorio se teus parentes fan que teñan moitas misas por ti, senón vas de lado megrenao!
  • Despois de morrer se fuches malo ou non... que importa! Crías en Xesús de Nazareth? Se a resposta é positiva estás salvado, se é negativa estás kaputt.
  • Morriches? Bueno... tes que esperar a que Deus se decida a darche ou non a súa graza e salvarte ou non... a todo isto... a cuestión de merecer ou non a merecer... iso é insignificante, estás predestinado por moito que rezaras e fixeras agasallos ós bispos, ademais a cuestión de crer ou non crer... iso tamén o decide Deus a través da Graza divina que fai que teñas fe si ou non.
  • Só te salvas si cres en Xesús e segues o seu nivel de vida (compromiso con partidos nacionalistas e antiimperialistas, andar de mitins, provocar disturbios, etc)
Islam.
  • Despois de morrer vives dentro da tumba un tempo (que noxo, ahí sen comer nada e asfixiándote mentre ste comen os gusanos), logo ven un anxo e si che pon un libro (a túa biografía) na man dereita é que vas ter éxito na vida de ultratumba, si cho pon na esquerda é que vas de cabeza ó inferno.
Zoroastrismo.
  • Túa alma viaxa libre cal o vento e si fuches moi bo vás pra casa de Deus (onde gozarás da súa visión, din que está boísimo chica!) e si non vas con arimán a que te coman unha e outra vez as alimañas do PP).
Budismo.
  • Fuches bo e moi budista? Pois sae da tanxente e vas para ó Nirvana (deixas de sufrir, deixas de ser unha perosa e te fundes co...) se fuches malo... pois condeado a seguir vivindo, ala! a reencarnarte, aseguir sufrindo a vida.
Hinduísmo.
  • Se fuches malo reencárnaste nalgún becho noxento e miserable que se arrastre sobre a terra, se fuches bo reencárnaste pois en algo mellor (nun funcionario, por exemplo) se fuches santo reencárnante nun Rei ou presidente, se fuches santisíssisismo... pois fúndeste co Universo... be water my friend!
Taoísmo.
  • Meditaches, fuches bo... en suma, Estiveches en armonía co Tao? Nons ei porque aquilo que se define como Tao non é Tao, que o dixo seu fundador Lao-Tsé!!... ahhhhh pois nada fica ahí... pero faite a un lado da cola que hai mais xente que recén morreu eh?
Paganismo
  • Fuches enterrado e co rito funerario? si!... Moi be pase, Vostede recén morto número 2, foi enterrado... Non! Pois ala a vagar polo mundo en forma de pantasma.
  • Vas ao Hades, un lugar subterráneo e sin sol... sen embargo hai xuizos sumarísimo s esi non fuches como eles queren que sexas vas aos Campos Elíseos (a pasalo guai!) ou senón es condeado ao inferno. Ademais se teus parentes non che fan sacrificios nin libacións pasas unha fame terrible!!
Sinthoísmo.
  • Se teus parentes non che rezan como é debido vas de lado.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Alén.

Outros artigos[editar]