Al Qaida

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Al Qaeda")
Coran.jpg اذهبوا مؤخرتك، كافر!
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido,
coma Intifada, Magreb e outros.


Al Qaida ou Al Qaeda é un grupo de reggaetón-techno baboso que quer obrigara a todo o mundo a rezar a Osama Bin Laden e Alá, que é o seu profeta e a sharia súa constitución.

Historia[editar]

Este grupo formouse no século XX cando Bin Laden se fixo emo e tras un mal viaxe de ácido en Afganistán foi detido pola policía soviética por escándalo público (andaba en bolas por Kabul tentando que todo o mundo fumase porros e desen vivas ó Papa e a Ronald Reagan), Bin Laden colleu moito odio contra o comunismo e desde entón tentou destruilo.

Pra iso aproveitouse de que a súa familia era multimillonaria e como él era un langrán sen obxectivos na vida fundou o yihaidismo moderno contra os non crentes (comunistas primeiro e occidentais despois), como os de Arabia saudita non deixaban pasar guitarras eléctricas polas súas fronteiras (as consideraban cousas do Demo) Bin Laden foi a Estados Unidos de América onde a CIA o meteu en Hollywood pra entrenalo pra ser unha rock star, mais ao facerse amigo de John Travolta en hoas baixas tralos seus filmes bailongos, coñeceu a Georgie Dann e encantoulle a súa música facéndose discípulo del e aprendeu o uso do computador e dos sintetizadores.

Con esta bagaxe regresou a Oriente próximo onde se aproveitou da situación de guerra civil en Afganistán e indo de mesquita en mezquita xuntou canda le a varios Mujaidíns (que en árabe significa barallocas) e fundou o Frente de Libertaçom Nazional Galaicotánico e comezou a pegar tiros polo Indukush adiante, como viu que esta vida rea un pouco arrastrada e era un pouco prosma e sempre gañaban mais batallas os seus rivais mujaidíns de Masud, asi que seguiu enando entre mesquitas e enviando ós adolescentes parvos ó frente.

Unha vez conseguida a "liberación" de Afganistán tiranizaron o país os talibáns coa axuda de Al Quaeda, que axudou a estes pailáns a enfrontarse cos seus colegas muyaidíns da Alianza do Norte ao mesmo tempo que se extendía ó resto de Musulmania, obtendo mais fans en África. Colleron fama mundial cando actuaron ante o Carnegie Hall en Nova Iorque e como non deixaron durmir a George Bush este comezou a acusalos de plaxio e perseguilos nos xulgados e logo por todo o mundo, mais isto só significou que aumentara o número de fans entolecidas por este grupo ó venderse como víctimas do imperialismo, foi desaparecendo ó ver a xente que eran uns raposos que só querían vivir do aire a mediados do século XXI.

Integrantes famosos[editar]

  • Osama Bin Laden (voz e guitarra).
  • Jennifer López (danza).
  • Abu Omar Hussein (batería)
  • Curro Jiménez (márketing).
  • Rachid H (corista).
  • Georgie Damm (ideólogo).
  • Abdelwahab Houzi (sintetizadores): albanel en paro que tras caer dun andamio por ver a Alá tivo un accidente laboral e de un en ser imán.
  • Francisco Franco (compositor): galego que fixoa mili en Ceuta e Melilla e tras xuntarse con varios mozos gays dalí sempre andivo coa guardia mora e compoñendo os estribillos das cancións "dame dame pedriñas", "Un Kosher Goma 2, un crucifixo goma 2, liberdade Goma 2, Occidente, Occidente...".