Alan Turing

De Desgalipedia


Alan Parsons Turing.
Información
Nacemento Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade británico.
Profesión Matématico.

Alan Turing foi un matemático inglés, inventou os robots de cociña (para facer té) e os PC. Debido a iso foi asasinado por Bill Gates.

Traxectoria de vida e obras[editar]

Alan naceu na loada campiña inglesa, onde se afcionou á literatura, sobre todo ao subxénero bucólico onde rudos labregos cachondos axudan ás ovellas a pastar e traer ao mundo mais ovellas para calmar a sede do mercado das accións bursatiles. O seu pai non estaba moito en casa xa que tiña que ir ordeñar a colonia da India e súa nai ía tras el porque non se fiaba de seu marido, polo que Alan tivo que ser educado por amigos da súa familia durante os tolos anos vinte onde o meteron nun internado onde aprendeu a gaya ciencia. Con 16 anos soubo dos placeres do sexo anal cun compañeiro seu e iso non gustou a os seus mestres xa que eles querían encualo antes que calquera alumno e poñelo a estudar as declinacións latinas, que sempre dan mais prestixio que saber facer cálculo.

Tras o seu paso pola universidade quedouse nela, como mestre, onde foi captado por James Bond e axudou a seu goberno na Segunda Guerra Mundial. Para descifrar os códigos de comunicación segreda dos nazis seguiu de mestre e traballando para o MI5 durante a Guerra Fría ao tempo que investigaba sobre computadoras (ou sexa máquinas de cálculo) e cibersexo, isto aumentou a inquedanza do Kremlim polo que enviou a unha parella do KGB que lle roubou seus papeis aproveitandose de que o amante de Turing estaba anoxado con el. Os rusos conseguiron documentación para lograr construir a Multivac ao tempo que se desfacían de Turing usando o sistema legal británico, que o condenou a cambiarse de sexo mediante estróxenos, Turing ao ver que se transformaba nunha muller e ante o horror de convertirse en hetero vestiuse de brancaneves e foi pasear cerca do pazo dos reis, a raíña viuno e envioulle unha meiga cunha mazá ben vermella e apetecible...

Contribucións á informática[editar]

  • PC: para que poidas ver pornografía na túa casa sen ter que ir ao sexshop do centro.
  • Test de Turing: para coñecer se a persoas que tés diante é un ser humano ou un replicante.
  • Calculadora de peto: para que poidas meter salchichas dentro de la e copiar nos exames.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Alan Turing.

Outros artigos[editar]