Alaska (cantante)

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alasca (homónimos).
Alaska
Alaska2.jpg
Alaska mirandote a ver si eres da súa caste.
Nome completo
Alias
Naceu 13 de xuño de 1963
Orixe México DF,
País Mexico flag 300.jpg México
Morreu
Ocupación (s) Cantar como un home
Xénero Moi femenina.
Instrumento(s) Boca vocalística.
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
(sexualmente)
Tempo en activo
Web

Alaska foi unha cantante punk pop, bakala que evolucionou logo a sohwoman, presentadora, empresaria, comercial...

Autobiografía[editar]

Nada como Olvido Gara Tcaztlepicocacola en México en plena Guerra Fría foi para a Madrid a finais dos 70, como aquí a televisión non estaba tan americanizada e desbordaba caspa meteuse no underground mandrileño, indo pillar ao Rastro e contactanco con xente que como ela querían ser coma os anglosaxóns, asi que andaban coma tolos buscando chupas de coiro e algo de heroína mentres facían fanzines sobre series e películas góticas.

Entrou na Masonaría e súa carreira despegou, apuntouse no PSOE nos 80 e coñeceu aínda mais xente xuntándose con satanistas como Carlos Berlanga, glam como Nacho Canut e outros que só coñece súa nai á hora de comer. Tras rematar seus estudos e como o de ir á universidade era de progres e cantautores barbudos cunha estética aburrida púxose a estudar estética na escola de Theodor Adorno o que a levou a varias disciplinas como o cine e a música, converténdose en pseudoactriz (onde facía de sí mesma)e presentadora de televisión tentando levar a cabo o Plan Quincenal do goberno de Felipe González (A España no la va a reconocer ni la madre que la parió) mediante o programa de "La Polla de Cristal" en TVE mentres facía e desfacía grupos musicais, pasando de Kaka de Luxe a Alaska y Pegamoides, onde conseguiu seus primeiros éxitos e viraba do punk ao postpunk de corte sinistro pregótico xa en Dinarama.

Así no inverno le libros sobre o divertido que era vivir na Idade Media e o misticismo celta do Camiño de Santiago por onde Bandua arrastra a seus devotos. A mediados dos 80 vende súa alma ó demo e consegue o éxito, faise Illuminati e abandoa o PSOE polo Bilderbergs, consegue éxito en Españistán (que está en pleno proceso de mudar a España) e Latinoamerica, sobre todo en México lindo e baleado onde tronea a mais non poder con grandes campañas de promoción onde provoca o efecto invernadoiro debido ás enormes cantidades de laca que gasta no seu tocado capilar.

Nos 90 pásade ao LSD techno (ou Acid House) convertíndose nesa persoa que se adica a colocar discos na gramola e soltar chorradas polos altofalantes mentres alza os brazos en adoración a Cthulhu. Debido a que as letras son mais pobres e os ritmos son de ordenata e non estimulan nin a un zombie o éxito marcha de onde eles, mentres segue tentando vivir da nostalxia de A Movida e tentar introducir na Península Ibérica o dance e outros ritmos eléctricos pero debido a que daquela quen as petaban eran os grupos heavys en español ela non consegue tanto éxito polo que tenta seducir a Enrique Bunbury pra que se tome unha pastila de cor azul e abandone o hasx, pero o vocal de Héroes del Silencio pasa dela e Alaska funda Fangoria co seu vello amigo Canut o silencioso, mais é recibida con tormenta de hortalizas en cada actuación nas cidades (que só queren escoitar as cancións anteriores) polo que se infla as tetas e así polo menos consegue saír mellor nas fotos promocionais.

Menos mal que ven o efecto 2000 e tras pasar a febre da ruta do bakalao consegue colocar no mercdo de éxitos algunha que outra canción sobre drogas e amor, ao tempo que se fai do PP e consegue mais bolos nas festas de Madrid, onde lle fan un altar e contacta co lobby gay e así consegue fundar Chueca (un getto gayfrívoloneoliberal onde a industria da moda consegue colocar seus talleres clandestinos de inmigrantes ilegais textís) reinventándose do pelo laranxa ao negro outra vez ao tempo que casa con Mario Vaquerizo e se establecen de forma duradeira no mercado da cultura do espectáculo seguindo as directrices dos reptiliáns e o guión de Guy Debord conseguindo un programa propio xunto a seu home pra saír na MTV e logo debido ó gran éxito e moitas lambidas de típicas entre artistas consegiu outro programa mais serio pero menos (coño! que é a Televisión non unha aula da faculdade de Filosofía!)

Desgalería de imaxes quentes[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Alaska (cantante).

Outros artigos[editar]