Alcalde

De Desgalipedia
Alcalde
Vilniusalcalde.jpg
Típico alcalde...de Lituania!!
Información
Editorial Burgomaestre..
Data de aparición Neolítico.
Creador do oficio un italiano.
Alianzas Todas.
Compañeiros Xornalistas do cuore.
Alias madefacka
Parentes presidentes, gobernadores provinciais.
Poderes Vivir do que dá a sociedade do espectáculo.

Alcalde é un oficinista elexido polos seus veciños que obedece ao goberno extranseiro para que pagues os impostos e leve a Garda civil á túa casa prenderte, eso era antes! Agora si lle caes mal ao alcalde, polo que sexa, quítache a luz pública de diante da túa casa.

Os costumes dos alcaldes pasan pola prevaricación, cohecho, tráfico de influencias, inxurias, malversación de fondos (de onde che saíro os cartos para facer ése chalet, eh?) revelación de secretos, vulneración de dereitos laborais, contratacións ilegais (cando a mesma empresa SEMPRE fai as obras públicas do concello), manipulación do censo, irregularidades urbanísticas, etc.

Historia dos alcaldes[editar]

Esta profesión surxiu en Babilonia onde o Imperio Asirio escollía nos pobos a un pai de familia responsable e si ésa aldea se levantaba en armas contra deles lle cortaban o carallo e llo pasaban a través da gorxa (estilo corbata colombiana).

Durante o Antigo Réxime o alcalde recibía o nome de "xuíz" e "corrixidor" de señorío ou coto xurisdiccional e son nomeados a dedo polos señores feudais, nas cidades e vilas o alcalde era elexido polo concello, a reunión dos poderosos do lugar e ás veces houbo ostias entre os concellos e os señores da cidade (como cando se cargaron ao bispo de Ourense no pozo maimón en Toén, ou Diego Xelmírez tivo que fuxir disfrazado de Santiago de Compostela).

Durante o reinado de Franco seguiuse o modelo de Fernando VII, os alcaldes eran elexidos polo gobernador provincial (o que hoxe é o delegado do goberno na provincia) e as familias franquistas pelexábanse pro situarse eles mesmo nestes postos. Coa Restauración borbónica de 1975 e a súa Constitución o alcalde pasou ao modelo da IIª República Española e foron elexidos por sufraxio universal polos habitantes censados no lugar.

Tipos de Alcalde[editar]

  • Cambiachaquetas: desos que comezan no PSOE e se pasan logo ao PP, que total a mesma merda é.
  • Alcalde-empresario: aproveita que designa quen fai a obra pública municipal e llas da sempre sempre sempre á sua empresa (que nos papeis está a nome de seu cuñado ou amigo/familiar). Unha subespecie deste tipo de alcalde é o narcoalcalde (como Nene Barral).
  • Alcalde cristián: alcalde que consigue resucitar votantes, e mesmo atarer mortos ao censo e así consegue maiorías absolutas sempre.
  • Alcalde absoluto: cada vez que vai ás eleccións consegue maiorías absolutas e logo compórtase como tal, se tes sorte enchúfate no concello ou pra Diputación.
  • Alcalde revolucionario: protexido polo soviet local ergue o concello a paraíso dos traballadores conseguindo que os empresarios non fuxan.
  • Barón: alcalde dunha vila ou cidade qe leva canda sí unha boa présa de votos e iso dálle poder dentro do partido político ao qe pertence.

Alcaldes famosos[editar]

  • Antonio Mouriño: Alcalde de Celanova (unha vila comarcal, pero iso non lel impedía cobrar case tanto como o Presidente da Xunta de Galicia!).
  • Alcade Quimby: o alcalde do Springfield dos Simpsons.
  • Francisco Vázquez: Führer de A Coruña.
  • Manoel Soto: tovarich burgmeister de Vigo durante a Transición.
  • Corina Porro: alcaldesa de rebote en Vigo.
  • Abel Caballero: alcalde barón de Vigo.
  • Xosé López Orozco: burgomaestre de Lugo, seica te un pokémon aínda que dixo que lle gusta máis o tamagochi.
  • Conde Roa "O Breve": alcalde de Santiago de Compostela, seica vía terroristas en cada galegofalante...
  • Francisco Rodríguez, Paquiño o de Palmés: outro amante do hentai..ai perdón, dos pokémones.
  • José Manuel Rey Varela: alcalde de Ferrol, él mesmo redactou o artigo "Alcalde de de Ferrol" na Wikipedia, como se fose un posto superimportante no Estado español....
  • Salvador González Solla: fuxindo pola fiestra de atrás do concello de Ponteareas ao ver a seus veciños que lle pedían defensa ante os bancos.
  • Grilo de Mondariz: éste ata ten vídeo no youtube!
  • Manuel Jorge Velo: alcalde de A Merca, un concello da galicia profunda cobrando 3600 euros ao mes.
  • José Costa Días: o pepiño de Covelo, onde están os fondos europeos matarile rile rile...
  • En Boqueixón taén pintan bastos...

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Alcalde.

Outros artigos[editar]