Aleister Crowley

De Desgalipedia


Eduardo Aleister Crowley
[[Imaxe:Aleister.jpg|]]
Aleister no seu dni.
Información
Nacemento 12 de outubro de 1875
Leamington, United Kingdon Flag.png Reino Unido
Falecemento 1 de decembro de 1947
Hastings, United Kingdon Flag.png Reino Unido
Nacionalidade inglés

Eduardo Aleister Crowley foi o fundador dunha relixión simpática, debido a iso foi atacado por miles de cristiáns que o sacrificaron a seu Deus.

Aleister escribiu varios libros, que si les en voz alta seguro que aparecen extraños entes cósmicos.

Biografía[editar]

Aleister coa súa familia.

Naceu en Inglaterra e foi un neno rico criado por dúas tías súas lesbianas incestuosas devotas do Evanxelicalismo das que se puido librar ao ir á universidade, onde se iniciou no consumo de porros e a masturbación, que indefinidamente o levaron á literatura e debido a que herdara a fortuna de seu pai non lle fixo falla buscarse un choio ó longo da súa vida, polo que fixo de todo.

En canto saíu da universidade foise escalar ao himalaia, na procura de Agartha e Shambala, pero o único que atopou foi un túnel subeterráneo segredo a O Bolo (pozo lexendario que conecta a superficie do planeta coa oquidade planetaria) de volta no seu país aburríase publicou varios libros de autoaxuda, o que lle valeu un clube de fans de histéricas, casando cunha delas coa que viaxou a Exipto. E alí súa muller tomou un tripi e o Demo entrou no seu corpo e comezou a dictarlle a Aleister un libro co fin de conseguir mais almas MUAHAHAHAHAHAHAHAH!!!!

Grazas á súa fortuna e que escribía sobre relixións alternativas foi captado polo KGB co fin de destruir a Xoán Paulo II, foi invitado a partipar en varias asociacións de frikis que querían emular a Harry Potter e se xuntaran na lonxa Alba Dourada (onde tamén ía Arthur Machen e William Butler Yeats enpenecarse) onde Aleister se deu o nome de Botafume polo gran número de peidos que gorentaba de botar contra de seus irmáns, debido a que se podía pagar as capacitacións sen pagar créditos e publicaba mais libros ca ninguén (grazas a que o demo lle dictaba seus libros a través da súa muller).

Polo que chegou ao núcleo da seita e debido a que non puido controlala fundou outra, AA, ata que fundou a súa propia seita, a OTO, formada por xente que coñcera no seu clube de paracaidismo, ou que vencera en batallas axedrezísticas... mentres seguía publicando libros de autoaxuda, maxia sexual e ioga, traducindo algunha que outra vez aos gabachos (dos cales aprendeu artes sexuais) xunto a homes e mulleres.

Debido á gran cantidade de groupies que Aleister tiña súa muller fartouse del e divorciouse (logo casría cun médico catódico). Aleister fixo unha volta polo mundo á procura doutra esposa, menos mal que a súa filla sa levou a muller (que morreu pero logo reencarnouse na segunda filla de Crowley).

Finalmente casou coa galega Maria Teresa Sanchez tendo a Fernando Pessoa como padriño de voda. debido ao éxito de seu tour mundial voltou a Inglaterra, pero debido a que quedara enganchado ao sol mediterráneo mercou un galpón en Sicilia onde lía Biblias mentres fodía, así no orgasmo conseguía captar o significado oculto de tódolos libros de sabiduría, ademais a súa segredaria Leah Hirsig buscoulle outra fodeamiga para poder facer mais maxia sexual e tomar tripis. Debido a que xa estaba moi moreno Aleister foise xubilar (pero si nunca traballou!) a Escocia, onda o lago Ness, para invocar ás forzas da luz contr das frozas da escuridade conseguindo vencer a Hitler a base de facer unha "V" cos dedos da man.

A pesar de foder con mais de 300 persoas e drogarse con tódalas drogas habidas e por haber, morreu con 72 anos!!!