Alicornio
Alicornio | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Un aliconio enriba doutro... | ||||||||||||||
Classificación Pseudocientífica | ||||||||||||||
| ||||||||||||||
Nome Pseudocientífico | ||||||||||||||
unicorno. |
O Alicornio ou ulicornio ou unicornio, é unha especie herbívora do xénero "radioactivitate animallus" presente nas fragas europeas desde a Idade Media.
Tamén recibe os nomes de monoceros, djja, khutu, harish,... é coñecido como a Besta Branca no castro Grande en Cercedo, onde foi visto en noites de luar seguramemnte os venres á noite) conducindo mandas bravas de cabalos por un túnel subetrráneo que vai dnde o fondal de Xestido ata as beiras do río Seixo.
Historia[editar]
Foi atopado por San Ciprán nas selvas da Galicia profunda aló polo século V e enviado un exemplar á corte do rei Hermerico, que o usou nas súas batallas contra dos bárbaros, logo deixouno pastar xa de vello pola tundra luguesa.
Fisiloxía[editar]
Preséntase con corpo de cervo, cauda de león e cabeza de cabalo, onde ten un corno frontal (que pode puriicar as augas que toca); aínda que existen tres clases de unicornio: de cor negra, verde e branca.
A maioría das veces sóese ver como un cabalo branco cun corno na fronte.
Ecoloxía[editar]
Son pseudomamíferos que apesaren de vivir nas selvas galegas comezan a extinguirse debido á caza furtiva pro mercado negro das menciñas orientais polos presuntos poderes máxicos do seu corno.