Andeca

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Andeca.
Andeka.jpg
Información
Nacemento 554
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 584.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Tentar salvar o pouco que ficaba do reino suevo ante a hostilidade visigoda.

Andeca ou Audeca gobernou o reino de Galicia entre os anos 584 e 585, e foi o último rei suevo coñecido.

Vida e argalladas[editar]

Andeca era un suevo galego, nado en Gomariz (Leiro) no ano da carracha de 554, fillo de papá sempre tivo todo o que calquera rapaz necesita (playstation, putas, porros, fama, etc) pero él nuca se atopaba satisfeito, asi que foise psicoanalizar e vendo que lle atoparon unha neurose arrítmica nacida tras un desexo culpable por desexar á súa ama de cría Andeca deixou os porros e foise a vixar polo mundo adiante, consegiu que seu pai o enchufase no servicio diplomático do Reino suevo e marchou polo mundo adiante no servicio diplomático de varios embaixadores.

Estando de agregado cultural en Occitania foi captado polo CESID visigodo cando foi cacahdo tendo tratos antinatura cun puto, a cambio de non airear o asunto Andeca tivo que traizoar a seu país e súa familia. Os visigodos obrigárono a pedir unha excedencia e foi enviado polos godos a Cataluña, a súa avanzada na Península Ibérica; alí recibiu formación e entrenamento en enviar mensaxes encriptadas, código fachos e técnicas de suicidio por se o cachaban os suevos, foi devolto ao reino suevo, voltando Andeca a casa dos pais coa excusa de que perdera tempo ó probar un LSD caducado pra que ninguén sospeitase que estivera co inimigo.

Como seu pai non o quería en casa rañando a barrigola enchufouno na Diputación de Xinzo de Limia, foi vivir pra aló como subsecretario xeral de asuntos deformes e alegais, alí comezou a pasar toda canta documentación pasaba polas súas mans (si, incluso enviaba copias das postais do nadal) aos visigodos. vendo que así non conseguían nada enviáronlle uns miles de eurogodos á súa conta corrente en Suíza pra que deixara seu traballo e emigrara á corte real sueva en Ourense pra que escalase postos e así tocar a fondo ós suevos.

Andeca chegou en bó momento, xa que alí andaban os galaicosuevos cabreados co rei Eurico, xa que ese quería pactar con ETA/goda pra chegar á paz a través da negociación e cunha fórmula democrática. Nembargantes isto era un insulto pra moitos súbditos seus que pelexaran a morte contra os visigodos, éstes, que só querían unha excusa legal pra invadir o Reino suevo de Galicia e quedar como os auténticos fundadores de España deron instruccións a Andeca pra que s einfiltrase nese sector da nobreza galega e cos cartos enviados se fixera imprecindible na organización partidista contra o rei Eurico, así consegiu a presidenca dos galegosuevos que xa non querían pelexar e non pactar cos visigodos.

A punto de traspasar o poder ao novo sucesor, mais guapo, mozo e neojipi!

Andeca andivo meses e meses coméndolles a cabeza ós outros nobres pra que desen un golpe de estado a Eurico, facía xantares enormes no Monte Faro (Chantada) onde se reunía con eles e s invitaba a mariscadas e putas (aparte de xenerosas subvencións). Ao final fixéronlle caso ao pesado de Andeca e deron un golpe de estado, prenderon ao rei lexítimo e o convertiron en crego pra que non reinase, logo Andeca casou coa raíña (pra que ninguén mais se levantase contra el) e fíxose rei dos suevigalegos. Estes feitos foron transmitidos atodo o mundo a través da Axencia Efe, que manipulou as novas e así os visigodos tiveron a excusa pra invadir Galicia pra poñer orde na ficticia "Segunda Guerra Civil Sueva" pra evitar mais derramamento de sangue e violencias inúteis.

Tentativa de independencia[editar]

Cando o exército visigodo entrou polo Padornelo e Braganza os suevigalegos quedaron flipando xa que o rei Andeca non fixo nada e mesmo se puso a perseguir patriotas galegosuevos co gallo de que eran terroristas ou seguidores radicalizados do anterior rei, Andeca deulles a benvida ás tropas visigodas e éstas déronlle unha patada no que foi parar a un mosteiro do que non voltou saír e onde morreu en cheiro de santidade nalgún ano imprevisto. Iso sí, antes puido ver como no ano 586 un suevigalego, Malarico, se rebotaba contra dos visigodos e era matado por estes tras varios anos de busca e captura axudados por nobres suevos que mudaran de rei suevo a rei visigodo, pero que seguían tendo os seus latifundios coma se non pasara nada (algúns mesmo pensaran que pra iso era mellor deixar a Eborico no poder e pasar do tirano vendido Andeca).

Reino de Galiza/Bgalliciense.gif Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Eborico
Andeca
Precede a:
Ninguén... entre os galegosuevos pois Leovixildo
Invade o reino cos visigodos e faise co seu goberno.
Rei dos Suevos

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Andeca.

Outros artigos[editar]