Angela Merkel

De Desgalipedia

Angela Dorothea Merkel é a presidente xudea de Alemaña.

Vida e politik[editar]

Inicios[editar]

Angela naceu na DDR nunha aldea, filla dun crego e dunha mestra estudou na Universidade de Leipzig antes de que fose privatizada polo seu propio partido, estudou en Leipzig nos anos 70, afortunadamente era no lado comunista alemá e non lle deu aos porros nin a cocaína asi que obtivo boas notas e traballou na universidade na física cuántica ao lado de Sheldon Cooper. Angela alí viu o destino da humanidade e do seu amado país, sería arrasado polos cartos e a banca alemá, asi que decidiu introducirse no sistema para fodelo desde dentro pero no seu camiño perdeu o norte e agora pasouse ao lado escuro da Forza!

Líder da oposición[editar]

Trala desfeita da DDR Anxela entrou nunha sociedade segreda converténdose na súa voceira e deixándolle o posto de líder e un parvo que pasaba por alí asi que logrou introducirse nun partido político mais grande xa que os conservadores alemáns do outro lado a querían para amosar que agora só había UNHA Alemaña e era a que mais molaba, tolerante e todo iso. Helmut Kohl bautizouna e meteuna de ministra de Mocedade e Frauleins mentres el se reservaba o ministerio de homes e anciáns. Logo pasou ao ministerio de Medio ambiente, onde logrou que os verdes a botasen do goberno de tan ben que o facía. Durante o goberno de Gerhad Schröder fíxose co control do partido CDU tras enviar a Stoiber a recompoñer Iraq conseguindo ser elexida polo seu partido como lider, tras apoiarse nos sociatas logrou o título de Chanceleira de Alemaña.

Xefa do Goberno[editar]

Nas seguintes eleccións desfíxose dos Socialistas e foise cos liberais e os cristiáns, ao mesmo tempo que se achegaba a outra nación cristiá, Rusia coa que coequeteou polo imperium en Europa Central, tras lograr que os países pagasen as debidas cos bancos alemáns na Crise económica de 2008-2013 logrou ser a muller mais poderosa do mundo, convertíndose en Supermerkel, polo que pasou de Rusia e comezou a comerlle a súa área de influencia, iniciando a Terceira Guerra Mundial.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Predecesor:
Gerhard Schröder
Escudo de Alemaña.png
Chanceler da República Federal Alemá

2005 - Actualidade
Sucesor:
No cargo