Antón Rebollido

De Desgalipedia
Antón Rebollido
Información
Nacionalidade galega
Cita1.pngSe non podes dormir alomenos tentaremos facerche...soñarCita2.png
Rebollido facendo promesas sensuais pola radio.

Antón Rebollido é o megaduque dos frikis galegos, a través do seu programa "milenio" na Radio galega, grazas ao cal penetra no cu mais escuro da realidade.

Vida e miragres[editar]

Remedio estudos.jpg

Rebollido nasceu en Bergantiños, provincia de Coruvigo, na década prodixiosa, estudou bacherelato no Esculpelabios en NSNC e logo foi estudar filosofía na universidade de Miskatonic, alí fíxose amigo de Vicente Risco e o doutor Alveiros, e no medio da carreira seu pai chamouno e obrigoulle a estudar tamén xornalismo, tendo no departamento de redacción as súas primeiras experiencias parapisoclóxicas ao parcticar sexo coa señora da limpeza (que é a de Haití e o iniciou na loxa do vudú) grazas ao poder obtido a través dos Loas.

Debido á pluralidade de seus estudos nunca tiña moito tempo, pero sempre o vían nos botellóns da súa irmandade universitaria (os illuminati reptiliáns) xa que conseguira crear un golem de lama que estudaba por él e lle chivaba as respostas axeitadas nos exames polo pinganillo, ata que foi descoberto polo mestra Rottenmeier que lle meteu tal ostia a nosa heroe que desde entón ficou birollo (aínda que el afirma que naceu así e por iso na súa familia pensaban que remataría de bruxo e por iso lle pagaron clases onda a meiga local). Mais grazas a seu contrato co COI (Comité Ocultista Internacional) consegue que Pinhead se leve a certo edificio abandonado de Toén a desfrutar de novas experiencias... Rebollido prosegue coas súas borracheiras mentres o Golem estuda por él, ata que un día esquece apagalo e o Golem sae por Arkham adiante destruindo todo, conseguindo chegar ata á costa e botarse ao mar, grazas ao cal chega a nado á costa galega e produce o afundimento do Prestige para seguir logo cara vai ti saber onde.

Rebollido tivo que marchar de Miskatonic e foise pechar a Imboca, de alí tívoo que ir sacar Pedro Amorós, do cal ficou nam,orado e se dexiou arrastar ao Instituo Crowley, en Luisiana, Estados Unidos de América, onde os da APA son todos membros dunha seita satanista (seguen a tradición local) e Amorós-Rebollido luitan contra eles, ao final e co libro roxo de Bautista Álvarez conseguen destruir este niño de víboras ocultistas e poñer nel un lindo niño ocultista. Rebollido consegue sacar a carreira tras facer a ouija ao conseguir que JFK confese que en realidade se suicidou para conseguir destruir cunha guerra mundial á URSS e así consegue saír cum laude da universidade da vida.

Tras redactar centos de currículos e facer prácticas-traballo gartuito en emisoras locales canso do mundo materialista no que lle tocou vivir viaxa á India e fai o Camiño de Santiago jipi pero debido a un mal tripi regresa a casa de papimami e o enchufan a apretar torcas na fábrica local, que provocou trauma ocular por non estar atento na cadea de montaxe, xa que atopándose traballando nela entrou en trance e Charlie Chaplin entrou en contacto con él e comezoulle afacer chsites visuais e iso case o mata, afortunadamente conseguiu desfacerse de Chaplin e contactar con Lam (igualiño que Aleister Crowley) e através das súas ensinanzas akásicas conseguiu chegar a Santiago DC e entrar na radio pública, a través da cal comezou a divulgar os ingredientes necesarios para a Revolución de Bel pero grazas a axentes da APO (Orgqanización do Poder Apócrifo) o Fraguismo conseguiu funcionando, incluso mais alá do Bipartito galego e metéronlle no guión programático de Rebollico algún que outro gazapo e clases de ioga sexual por iso de desprestixiar.

Actualmente segue co seu programa, onde vai moito Pedro Amorós, aínda que siga soñando con que lle vaia por alí Alejandro Jodorowsky,