Antas de Ulla

De Desgalipedia
Antas de Ulla
Escudo de Antas de Ulla
Situación
Situacion Antas de Ulla.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca da Ulloa.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Algunha anta dos mouros. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Un Tumulario.
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.


Antas de Ulla é un concello do centro de Galicia, recibe este nome porque está gobernado por tumularios!!

Historia[editar]

O Megalitismo e os petróglifos do Monte Farelo[editar]

Unha fidalgona do castelo de amarante, vaia que si te amarán.

Nos tempos antigos Antas de Ulla foi fundada polos mouros, chegados desde Thule a estas terras cos seus castros e dolmens onde pousar ás súas mouras cachondas, pero debido á peste negra convertíronse en tumularios e perderon o dominio terrestre. Este baleiro foi coberto polo pobo Petroglifense que desde o Monte Farelo fixéronse donos de todo grazas ó seu comercio da fariña pra animais, ata que comezaron a meter carne de animais na fariña pros animais herbívoros e aconteceu o mal das vacas tolas e súa civilización foise pro carallo xusto no momento no que o Imperio Romano pasaba por aquí e aproveitou pra facerse o dono de todo.

Os suevos chegaron aquí como refuxiados políticos e os romanos que eran uns viciosos déronlles o poder e así liberarase da responsabiliade do poder, os suevos fixeron a Xunta de Galicia pero os Visigordos de Madrid fodéronlla metendo infiltrados dentro que a sabotearon e así ningún galego a quixo nunca. Os Visigordos deron un golpe de estado disfrazado de modernismo e progresía, como daquela os galegos eran uns rebotados o goberno central enviou a varios moros pra pradicar por estos lares o budismo e así os indíxenas de aquí se fixeran mais mansos, cousa que conseguiron ó convertilos ao catolicismo. Debido a unha serie de cambios teolóxicos os Visigordos dividíronse en moros e cristiáns, estes ficaron no Norte da Península Ibérica e os monoteistas no Sur, que chamaron Al-Andalus, comezando a Reconquista tras un consumo abusivo de estramonio por parte de Don Paio que comezou a expandir seu reino desde Asturies.

Idade Media[editar]

Na Idade Media pertenceu á Casa de Noguerol, nobres que conseguiran terras do rei Alfonsex I O Gai como agradecemento na batalla contra o Peito burdelo, grazas á pesca do Ulla conseguiron dividendos que venderon ó mellor postor aumentando seu poder, logo aliáronse coa Casa de Moscoso pra ver de pillar cacho na guerra nobiliaria de finais do XV polo que Fernando de Acuña lle derribou seu castelo de Amarante despois de reconstruilo trala desfeita que lle fixeran os irmandiños por ser un mal señor abusón.

Durante o Antigo Réxime mantívose baixo o señorío dos mesmo de antes, pero coa salvidade de que estaban mais atentos ó que sucedía na Corte que nos seus campos polo que descoidaron a agricultura e os labregos (e Galicia) seguiu atrasada e nin sequera Napoleón Bonaparte pasou por aquí polo que os fidalgos da zona viviron en paz e engordando a tutiplén e sen dar un pau á auga. Coa Restauración borbónica convertíronse en deputados polo distrito caciqueando ás xentes do lugar, logo fuixeron un par de empresas da construcción pra pillar cacho coas Obras públicas e cando chegou a Unión Europea foron os únicos gañadores, xa que se prohibiu producir tanta leite e os habitantes pasaron a depender económicamente das subvencións arbitradas polo concello que creo unha empresa pra iso e logo perderon as facturas nalgún temporal de albariño e viño español.

Clima[editar]

Grazas a estar no medio da Galiza goza dun clima continental atlantista pero sen choivas e demais miserias neboentas grazas á Dorsal galega, que cos seus volcáns quenta esta zona galiciana. Ademais o río Ulla nace na zona e produce praias nas que se acoemetn orxías de todo tipo aínda que ninguén fale delas(excepto o Fuch fuch fuch!) e todos calan coma putas.

Fauna e flora[editar]

Grazas ao río Ulla exténdese golosamente enormes campos de estramonio, maruxiña, marihuana... e baixo súa sombra xogan ó trompicallos os cancadrilos, aves putamípedas, lagartos carolinos e humanos radioactivos.

Parroquias[editar]

Modelo:Antas de Ulla

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Antas de Ulla.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca da Ulloa
Comarca da Ulloa
Antas de Ulla
Antas de Ulla
Monterroso
Monterroso
Palas de Rei
Palas de Rei
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove