Antigo Réxime

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais

Antigo Réxime é un sistema de goberno polo cal unha persoa (un Rei) ordea, manda e quere sobre o 99,9% da poboación restante.

Extensión[editar]

Artigo principal: Antigo Réxime en Francia.
Unha imaxe val mais que mil verbas.

Dita formación económico-social tivo vixencia durante os séculos XV ao XXXV e practicamente tódlos países do planeta Terra pasaron algunha vez por esta fase, na cal unha comunidade pasa dun modeo feudal ao capitalismo, xa que os militares van perdendo poder en favor dos empresarios. O sistema do Antigo Réxime facía que unha minoría tivese privilexios(nobreza e cregos) fente a unha grande maioría que vivía na pobreza durante toda a súa vida, o control está feito por militares, que gobernan manu militare, ou sexa a ostias e o crego, que tamén gobernaban a ostias, é o que chamabana alianza do Trono (o rei) e o Altar (a relixión catódica).

Os países mais famosos durante esta época son Portugal, Francia e España (librándose tal noxento honor os do Couto Mixto).

Sociedade e cultura[editar]

Durante séculos o patriarcado gobernou con este sistema, as mulleres só podían gobernar a través dos homes polo que moitas se meteron a monxas e logo dicían que Deus ou xesús e as penetraba de amor ao memso tempo que lles daban ordes aos ministros do Rei, como subir o prezo do pan, poñer aduanas pra pagar por pasar por cada ponte, que a tortura fose legal no axuizos, que a Inquisición Española puidese facer o que lle dera a gana, etc.

Debido a isto en España deuse o chamado "Século de Ouro", no cal, paradóxicamente España era dona de miles de minas de ouro pero os españois non vían nin un can e morrían de fame, polo que esta droga (a fame negra) se legalizou e centos de artistas e intelectuales conseguiron moito éxito, xa que noutros países a fame era ilegal polo que non daban chegado aos memso niveis artísticos que os españois.

O Antigo Réxime en Galicia[editar]

Véxase tamén: Historia de Galicia.

Durante estes séculos Galicia convírtese nunha colonia dos Reis das Españas, os seus habitantes serven de carne de canón nas guerras de relixión, os seus montes convírtense en táboas e logo na Armada Invencible. Hacienda leva os cartiños todos pra facer pazos en Madrid e Catedrais en Sevilla, a electricidade dos encoros vai pra iluminar as fogueiras do Santo Oficio, o peixe consúmese no Levante debido a que alí xa acabaran coas sardiñas, etc. A poboación dedicábase sobre todo á agricultura. Unha época de mala colleita supoñía fame todo o ano. As terras pertencían á Igrexa e á nobreza sendo moi poucos os pequenos propietarios. Galicia estaba moi retrasada con respecto a outras zonas, chegando a revolución industrial a mediados do século XX cando dita revolución comezara no século XVIII.

Durante estes séculos en Galicia só destacan uns cantos pelagatos como son:

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Antigo Réxime.

Outros artigos[editar]