Anxo Quintana

De Desgalipedia
Anxo Quintana luitando pela liberaçom da Galiza!!

Anxo Quintana, político e enfermeiro.

Vida e feitos públicos[editar]

Nado en Allariz fuxiu a Ourense a estudar bacharelato por culpa do estado opresor que non llo puña no seu concello, alí coñeceu ás forzas vivas que van na vangarda da liberación nacional, con elas foi a Santiago de Compostela, onde se afiliou a Galiza Boba(xuventudes do BNG) mentres estudiaba sanitario.

Pero ficou en enfermería, nas súas prácticas no hospital de Ourense axudou ó doutor Herbert West a reanimar a Baltar en reiteradas ocasións; grazas a iso obtivo praza en Ourens mentres vivía en casa de seus pais en Allariz,no festival Reperkusión da súa vila coñeceu á súa dona, unha jipi que lle mosou o valor e beleza da vida. Vida que estaba a ser estragada polos verquisod contaminantes no río Arnoia e o concello sen facer nada!

Asi que Quintana e os seus mencheviques foron ao concello e deron un golpe de estado asaltando o pazo do cacique e tras unhas eleccións consegiu ser nomeado fhürer de Allariz. Grazas á súa administración Allariz rexurdiu das súas cinzas e voltou a ser a capital que fora na Idade Media. este gran éxito deulle 200% de puntos de melé no BNG obtendo apoios de moitos grazas á nova imaxe que daba do Bloque(xa que Manuel Fraga non facía outra cousa que mandar ós xornalistas que fixeran aparacer ó Bloque como etarras).

Anxo Quintana enfrontándose ao Fragasaurio.

Grazas a isto consegiu estar de primeiro nas listas ás eleccións comunitarias e foi cando o BNG obtivo o máximo poder a principios do século XXI, e fundaron o Bipartito da Xunta de Galicia da man do PSOE con Touriño á fronte. Mais Quintana seguía a ter esa arela de querer ser presidente dos Estados Unidos(demasiadas películas dos 80 vira) e comezou a entrevistarse con todo o mundo(si, incluso co enemigo) e secuestrar vellos pra darlles mitins, bailar con vellas nas romerías...ou sexa empregando as mesmas armas co PP...polo que perdeu a Xunta a mans de Alberto Núñez Feijóo.

Trala derrota dimitiu do BNG, o Comité Central botoulle tódalas culpas a él(e de paso me pagou pra escribirlle este artigo) e procedeu a anovarse(sufrindo escisións), mentres Quintana ia traballar pra COPE e despois irse cuns primos do Brasil a fichar inversións de empresas de negocios pro Cona Sur(Arxentina,Brasil,Chile,Uruguai...).