Aparello dixestivo

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Aparato dixestivo")
Friki girl co esquema das partes do aparello dixestivo.

O aparello ou aparato dixestivo é o conxunto de órganos dos animais multicelulares que permite a inxestión daquelas porcalladas que come, e excretar os refugallos cousas desagradables no final. Deste xeito, as funcións principais do aparello dixestivo son a inxestión, dixestión, absorción e defecación.

[editar]

Todo comeza na boca.
Boca

É onde todo comeza, así como outras cousas da vida, na boca iníciase a dixestión dos alimentos. Alí a comida é mastigada polos dentes e entra en contacto coa saliva e é onde comeza a dixestión do amidón. Mesmo sendo onde todo comeza a miúdo da boca sae moita merda. Dentro da boca hai tamén a mucosa oral que evita a proliferación de bacterias e outras cousas nocivas, ademais de facilitar a debida lubricación para as posibles accións nada graciosas practicadas dentro do orificio.

Farinxe

Axuda na parte de tragar, a farinxe é un camiño que une a boca, o nariz, a larinxe e esófago, é unha especie de encrucillada que existe na súa gorxa, é por ela que ás veces engasga, a súa función é basicamente empurrar a comida literalmente gorxa abaixo.

Esófago

Esófago é un tubo ben grande que une a farinxe ao estómago, el empurra a comida debidamente con saliva para o estómago, ese pulo chámase movementos peristálticos, estes científicos que non ten que facer e quedan facendo nomes estraños para cousas simples, tales movementos son contraccións musculares fortes que empuram o bolo alimentario abaixo.

Estómago

O estómago é unha bolsa, onde a comida é depositada para o proceso de dixestión química, alí vai na comida todo canto é tipo de sustancia, ácidos, sales, bases, ata o elemento X entra nesa broma. A comida pode estar nese zume por horas sendo corroída, disolta, entre outras cousas. Tras este proceso de dixestión química o que restou da comida é mandada ao duodeno.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Aparello dixestivo.

Outros artigos[editar]