Arbo

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Arbo (homónimos).
Arbo
Escudo de Arbo
Situación
Situacion Arbo.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca da Paradanta
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngSe aparcas ben as letras sairá a palabra rabo!Cita2.png
Veciño da Cañiza sobre Arbo

Arbo é un concello do interior da provincia de Vigo, na raia húmida encima de Galicia do Sur (Portugal) ten exército propio e vai con bó ritmo á batalla grazas á banda de música minicipal (onde se formou Woody Allen ao clarinete e noutras cosiñas...)

O lugar mais violento de Arbo é Mourentán, xa na Idade Media un fillo mandou matar á súa nai por mor da herdanza (ami lurpia quería dar terras da Casa de Soutomaior ao seu enemigo, que era da Casa de Sarmiento) logo na Idade Contemporánea os gabachos tentaron modernizar a zona pero os talibáns locais querían impedirlle o paso pola súa ponte e como os franceses sempre tentan democratizar a outros pobos remataron a ostias.

Historia[editar]

Prehistoria[editar]

Aquí tamén hai mouras!!!!!!!!!!!

Foi poboada polos humanos a partir do paleolítico, cando se viñeron por esta zona perseguindo as lampreas, tiburóns e cancadrilos Miño arriba. Na Idade do ferro os Grovios colonizaron esta zona, establecendo seus castros en A Cidá (Arbo); A Cividá (Barcela); O Crasto (Monte do Crasto-Cequeliños); Coto de Mourentán, Covas e Trabazos (Mourentán); Valouta (A Valouta-Mourentán); Coto do Galo, As Croas e San Martiño (Sela); A Croa dos Castelos, Monte Policarpio.

O Imperio Romano interesouse pola cervexa que aquí se facía e enviou a Décimo Xunio Bruto Galaico a ver que carallo había por aquí aparte de porcos celtas, ao ver que se conseguía ouro con só andar a bater nas augas do Miño trouxo a seus parentes mortos de fame e tras varios ataques indiscriminados contra da poboación civil, bombardeos e matanzas en masa de castrexos quedou como gran cacique desta rexión e vendeunos a Roma.

Idade Media[editar]

A principios da Idade Media viñeron liberarnos do Imperio Romano os suevos, que estableceron en Esmeriz a primeira bodega de viño.

A mediados da Idade Media os monxes de Melón metéronlle medo no corpo ao rei (sobre que ía ir ao inferno se non doaba terras á Igrexa católica) e así conseguiron seren os terratenentes neste concello, por se fora pouco foron os que tiñan momopolio das pesqueiras do Miño e controlaban o mercado (e daquela pescábase mais peixes ca hoxe) conseguindo dominar todo durante varios séculos, só houbo problemas puntuais durante as guerras e liortas entre os veciños dun lado e outro e mesmo entre as aldeas veciñas.

Idade Moderna[editar]

Ao día seguinte da descuberta de Colón xa se sabía aquí (porque o camiño real cara Castela pasaba por aquí desde Baiona onde arribaran) e organizouse o Arbo Rock pra festexalo, pero pouco durou a ledicia que o ouro collía camiño só de Andalucía.

Co gallo da Guerra de Independencia portuguesa os terratenentes dos mosteiros e os fidalgos dos pazos tiveron que contratar mercenarios e armar a algúns dos seus vasalos pra loitar contra da Galicia do Sur, dependendo do cuartel xeral de Tui que centralizaba nesta beira ás tropas españolistas contra dos portugueses que non querían ser gobernados por Madrid, houbo seus ataques, emboscadas, pedradas, ataques anfibios e cando todo pasou a factura a tiveron que pagar os de sempre...

Idade Contemporanea[editar]

Esta Era comezou mal, Españistán secuestrou a varios veciños de aquí pra levalos a loitar contra a Revolución francesa, logo seguiu coa [Guerra das Laranxas]], onde se tentou invadir Portugal pra convertilo nunha nova Valencia, todo isto trouxo ao inimigo a casa e Napoleón Bonaparte invadiu a Península Ibérica co fin de traer a democracia aquí pero os cregos e fidalgos fundaron Al Quaeda e comezou a Guerra de Independencia española con graves acontecementos nesta zona, xa que os gabachos querían pasar a Portugal e ao non logralo en Tui seguiron cara Ourense mentres roubaban confiscaban á poboación, como non quixeron pagar por atravear a ponte de Mourentán os que mandaban enviaron a varios muhaidins do lugar a autoinmolarse con chaleques bomba pero foron masacrados antes e os franceses pasaron igual.

A finais do século XIX fixeron pasar por aquí o tren e así conectouse con Vigo pra poder coller de forma mais cómoda o paquebote e emigrar pra facer as Américas! Aínda que pra iso houbo que furar moitos montes cabróns. Todo comezou a ir ben no século XX, España era unha disminuída psíquica e non se meteu en ningunha guerra, pero debido a que durante a Iª Guerra Mundial non participou e os comerciantes gañaron a ostia (vendendo carne de vaca ós países en guerra a prezos altos) quixeron invertir en algo que os fixera famoso e enviaron ó exército español a Marrocos logo Miguel Primo de Rivera convertiunos nunha colonia do imperio español que exportaba piñeiros e así consegiuse gañar algunha batalla ós moros. Debido a que os tratantes de gando gañaron moito tamén invertiron aquí un pouco... construíronse o neopazo de Sela, pero veu a IIª República e díxolles que invertiran en Galicia (asesorados por Castelao) e construiron a fábrica de cepillos de Sela pra que así a xente non emigrase á Arxentina ou Vigo.

Século XX[editar]

Durante o fraguismo veuse pra aquí o marqués de Vizhoja e branquexar cartos viño e todos se pasaron ó albariño, fundando bodegas polas ladeiras miñotas, creando híbridos que aguantasen o fríohumidoso de por aquí. A principios do século XXI construise unha rotonda no cruce de estradas nacionais (pra que os turistas que van pola nacional nova baixen ata Arbo capital a vernos), e pra decorar o medio púxose unha pesqueira do Miño (que todos os turistas ó vela pensan que é unha obra de arte conceptual ou un templo megalítico en honor a Niarlathotep).

Xeografía[editar]

Típica postal de Arbo cunha penca agardando que lle merques seu... viño!

Arbo atópase no val do Miño, ao final da Dorsal galega, surleste da Paradanta desde onde a Xunta de Galicia lanzará seu ataque pra recobrar Galicia do Sur das gadoupas lusas de Lisboa MUAHAHAH!!

Aquí desemboca no Miño o río Deva (nas súas augas podes atopar á deusa) que ven desde Petán, A Cañiza, grazas á Paradanta as choivas do mar apenas fastidian nesta zona, polo que Fenosa aproveitou e fai pasar por aquí unha triautovía de cables eléctricos. Así tamén ten a súa curva da morte nas faldas do Coto da raposeira.

Lugares de Arbo[editar]

Cousas de interese[editar]

  • Ponte de Mouretán: onde os labregos lles deron polo cu aos gabachos, ata que estes chamaron pola OTAN e gañaron.
  • Ponte internacional Arbo-Melgaço: onde ir tirarse a vida se fallou o de meterse unha bala na seseira.
  • Nasyra: discoteca onde ir babear a ritmo de músicas diabólicas (sobre todo mákina e reggaetón), acolle a adolescentes de Crecente (que non se atreven a subir á Cañiza cando neva) Padrenda, As Neves, Quintela de Leirado, Cortegada, Portugal... afortunadamente ten a gasolineira enfronte onde ir foder dentro do coche se o aparcadoiro está cheo de xente chingando ou os portugas che querían tatuar puñadas.
  • Festa da Lamprea: orxía ruraloide onde beber e comer a fartar (antes fodíase pero os novos son mais de cama que de monte,ele so perden).
  • Pazo de A Moureira, Cequeliños: hoxe bodega de Vizhoja, desde onde se defende contra do expansionismo de Lisboa! Tamén serve pra que os de Crecente non movan os marcos da fronteira intermunicipal e nos papen terra.
  • Arborock: onde ir bailar pogo.
  • Arabo: casa onde interpretas viño e lampreas grazas a tradutores traídos do Cuvi.
  • Casa da canexa: casa modernista onde Carlos Ruiz Zafón fará algún día outra das súas novelas sobre decadentes casonas modernistas pero como é en Galicia será con lobishomes e meigas chuchonas. Está sobre un outeiro e ten un mirador abovedado no que seu dono orixinal facía ouija e invocaba aos deuses exteriores como Niarlathotep.
  • Castelo do Monte Grobias: desde onde vixiar que os de Melgaço non nos invadan.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Arbo
Arbo (Santa María) | Barcela (San Xoán) | Cabeiras (San Sebastián) | Cequeliños (San Miguel) | Mourentán (San Cristovo) | Sela (Santa María)


Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Arbo.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca da Paradanta
Comarca da Paradanta
Arbo
Arbo
A Cañiza
A Cañiza
Covelo
Covelo
Crecente
Crecente
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa