Arqueólogo

De Desgalipedia
Arqueólogo
Archeologist.jpg
Información
Editorial Toxosoutos, Galaxia, Fundación Barrié
Data de aparición Pedro Vázquez de Orxás.
Creador do oficio Imperialismo Europeu.
Alianzas Administración do goberno (a veces lévase tamén a matar).
Compañeiros cazatesouros.
Alias destripaterróns.
Parentes Historiadores, escritores, científicos
Poderes É capaz de entrar dentro da terra e non afogar.
O ciclo vital dun arqueólogo: de larva pasando polo dinosauro ata chegar a ser un fósil.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Ladróns de túmulosCita2.png
Google sobre Arqueólogo

Un arqueólogo é un científico que se adica a excavar nos refugallos deixados por civilizacións anteriores á nosa.

Arqueólogos famosos[editar]

  • Tadeo Kllóns.
  • Sir Athur Evans: excavador das tumbas de Cnossos, que el pensou que eran pazos porque confundiu un lvatorio cun retrete.
  • Henirch Schliemann: millonario que tiña por hobby gastar os cartos en destripar montículos, ata que deu cunha cidade que el pensou que era Troia, logo foi e roubou o ouro dunhas tumbas micénicas que el pensaba que era a tumba dun tal Agamenón.
  • Howard Carter: conseguiu encher o British Museum de ouro exipcio.
  • John Lloyd Stephens: suxeito que andivo mercando a prezos de risa monumentos maias aos indios analfabetos.
  • Martins Sarmento: burgués que canso da festa en vez de meterse nun mosteiro se puxo a excavar castros, baleirando casas e collendo obxectos mais destacados e estudialos sen ter en conta o contexto.
  • Emil Hübner: prusiano que recopilou tódalas inscripcións gregas e romanas do mundo, descartando as falsas que lle querían meter mais dun historiador provinciano amateur.
  • Gabriel de Mortillet: dando consellos utilísimos aos primeiros arqueólogos e publicándoos.
  • Mario Cardozo: que restauraba muros e murallas e logo non indicaba onde comezaban o orixinal e onde o restaurado.
  • Julio Martínez Santa-Olalla: creador do celtofascismo.
  • Lepsius: creador da exiptoloxía.
  • André Pena Graña: continuador co celtismo.
  • Francisco Calo Lourido: arqueólogo de pro e opoñente do anterior, xunto aos arqueólogos da súa xeración desfixéronse do modelo invasionista celta polo modelo do Continuismo da Idade do Bronce nos castros e creando aos galaicos astures e castrexos.

Sabías que...[editar]

Xeralmente isto acontece cando comenta que estivo en outra escavación de arqueoloxía.
  • ... a pesares de seren científicos cada un vai interpretar de xeito diferente cada pedra que atope?
  • ... a veces se gardan información sobre as súas excavacións e nunca as publican?
  • ... teñen excavado mellor e publicado mais persoas que non son arqueólogos que os arqueólogos mesmo? Como cando excavou García Rollán que era técnico agrónomo o fixo mellor que os arqueólogos Ferro e Lorenzo.
  • ... a maioría queren excavar castros?
  • ... si tes pos a falar con eles de vaixela podes acabara matándoos?
  • ... nunca os debes invitara a unha festa de recreación histórica ou che foden todoo tempo con comentarios tipo: Esa fíbula é mais ben romana e non castrexa, e esa ánfora e mais ben do s. IV e esta festa conmemorea mais ben os IAC?
  • ... se vas de voluntario/a una excavación non digas que o ano pasado estiveches noutra doutro arqueólogo ou porase a falar mal do seu compañeiro.
  • ... non van con sombreiro fedora ou de explorador?
  • ... non saben manexar un látego?
  • ... andan sempre tirados polo chan?

Véxase tamén[editar]