Arqueoloxía

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Grazas ao capitalismo todos podemos ser arqueólogos.

Arqueoloxía é a ciencia que vive do lixo e os escombros que foron deixando os noso antergos tirados por aí e son catalogados por un Arqueólogo.

Estudo arqueolóxico[editar]

Prospección[editar]

Os arqueólogos NUNCA se trabucan.

Cando se vai a algún sitio sospeitoso e se fai unha gabia de 4x5 metros pra ver se hai algo interesante dos Mouros,a vweces podes ter mala sorte e dar cun campo de minas sen saer que o son ata que escoitas unha explosión e voas polo aire.

Excavación[editar]

Iso que todo o mundo imaxina que é tan guai.

Traballo no laboratorio[editar]

Como so do CSI pero sen tantos medios, aparte de que poden tardar anos(como os do laboratorio Rocasolano de Madrid cando se le enviaban mostras pra o carbono 14 e nolas facían gratis).

Métodos de datar[editar]

Grazas á arqueoloxía sabemos que os gregos NON eran coma os de 300 precisamente...

Cando se atopa algo especial, como os consoladores anais pra os guerreiros gregos,débese saber a qué época pertence,non vai ser que algún gracioso excavara un burato entre as ruínas pra deixar un televisor e logo saír en Cuarto Milenio dicindo que os Fenicios xa tiñan televisores no ano 700 A de C, pra iso os arqueólogos sérvense de varios métodos:

  • Dendrocronoloxía: vendo cantos dentes hai esparcidos polo chan.
  • Carbono 14: métese unha mostra na máquina e diche cando fixeron a lanza esa.
  • Estratigrafía: ao excavar déixase unha capa de terra que amosa como se fose una tarta as disntintas capas de terra e vese a capa de terra castrexa, a capa de terra romana, a capa d eterra sueva, a capa d eterra musulmá, a capa de terra irmandiña, a capa d eterra do zara...
  • Comparatigrafía: Se etopas unha moeda piis a comparas con outras semellantes que teñan unha data concreta et voilá!
  • Carallografía: método polo cal se considera unha peza da época homérica e non da medieval porque lle sae ao director da excavación do carallo e así sae na tele.

Así se fai...[editar]

Pra facer arqueoloxía só fai falla algo que serva pra cavar (e que non te vexa a Guardia Civil...) e pódese cavar en calquera sitio, pero sobre todo cerca de ruínas, onde outros xa atoparon algo, cerca das igrexas, onde os vellos din que había cousas dos Mouros, onde teñen aparecidos restos de tella e sen embargo alí nunca se fixo ningunha casa, onde din os d epatrimonio que non se pode facer obras, onde cho dicte túa imaxinación...

Gadgets pra arqueoloxizar[editar]

  • Unha fouce ou podón: pra cortar as silvas e fentos e toxos ou amedrentar ao dono da finca.
  • Un sacho: pra cavar cara o interior da terra, aínda que tamén podes botar un ollo se hai restos arqueolóxicos nos muros de pedra.
  • Unha boina ou gorra: pra que o sol ou a choiva non te bolten tolo de calor/auga.
  • Unha pá de albanel:p ra poder desenterrar cousas pequenas sen danalas.
  • Un pincel: pra cando atopes algo que consideres arqueolóxico o poidas limpar co pincel e así ver se é algo de valor ou un óso dalgún cadáver que escondeu o dono da finca ou algún asasino en seire por alí.
  • Un detector de metais: praver se atopas algún tesouro dos Mouros, ao mellos sáeche o mouro e te fai explotar, polo que non é moi recomendable.
  • Un teléfono móvil: pra chamar todo emocionado á TVG, ao Falo de Vigo, á La Voz de Galicia, ao xornal local.. e a ser posíbel con conexión a internet pra poder ser o primeiro en dalo a coñecer en Patrimoniogalego.net, así como sacarse unha foto co achado e colgala no facebook, no tuenti ou no Badoo e conseguir algunha coelliña do campus da USC se volte tola por ti e te viole enriba dalgún santuario galaicorromano; tamén che servirá pra chamares ao teu avogado antes de que a guarda civil caia enriba túa co peso dos fusís.. ah! non esquezas avisares a Patrimonio e darlles unha boa explicación de como atopaches ISO...

A Arqueoloxía en Galicia[editar]

En Galicia comenza a arqueoloxía coas excavacións de Martins Sarmento no século XIX (un vago que non tiña mellor pasatempo que andar cavando nos castros) e López Cuevillas mais achegados a unha arqueoloxía etnicinista; na segunda metade do século XX trouxeronse cousas modernas como a estratigrafía e as cuadrículas Wheeler(que chegaron 40 anos tarde a Galicia), e xa nos 70 coa interdisciniedade entre varias ciencias sociais e a reflexión sobre a metodoloxía abandónanse esquemas caducos como o do invasionismo e tómanse as referencias documentais con pinzas (cousa que non se fai nos blogs que len ao pé da letra sen crítica aos escritores romanos)iso sí o método Harris aínda non chegou de todo, e séguese excavando con variantes do método Wheeler, cando non s efai unha trincheira atravesando todo o conxunto, así como se segue publicando tarde,mal e a rastro.

Actualmente a arqueoloxía galega segue co mesmo debate de si celtas ou castrexos, que si a estratigrafía non serve pra Cultura castrexa, que si as excavacións de urxencia se lle dan a novatos e así sae cada cousa..., que as probas de C-14 non son exactas debido a infecicaia da obtención de mostras, que si me levo mal co arqueólogo e me meto con él nun libro que me publicaron, que si ti eres do grupiño dos Outros eu me meto coas tuás interpretacións celtofascistas, que si eres celtista eres nazi; así pois podemos diferenciar varias cuestións entre os arqueólogos da Galiza:

  • Saber para qué servían os petroglifos.
  • Saber o alcance do comercio atlántico durante a Idade do Bronce e si Breogán deixou algún fillo pra contalo.
  • A celticidade ou non dos habitantes dos castros, ou quen gaña a batalla entre Calo e Pena Graña.
  • O método funerario dos castrexos.
  • A orixe de Lugo: fundada polos Romanos a prtir da nada ou si xa había un santuario Galaico alí.
  • Onde se atopa o Monte Medulio e as Aras Sextianas.
  • Por onde cona van os ramais das calzadas romanas (sobre todo da Vía XVIII-A18) ou a da Vía Per Loca Marítima.
  • Quen construiu a Torre dos Mouros en Lira,Carnota.
  • A canto ascendía o poder numérico dos Suevos.
  • Quen está soterrado na cripta de Santiago de Compostela, será Prisciliano ou o Apóstolo Santiago?.
  • Onde se librou a batalla contra o Peito Burdelo.
  • Como era e vivía Maricastaña.
  • Onde está soterrado Xelmírez.
60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Arqueoloxía.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]