As leis de Celavella

De Desgalipedia


A galega.jpg As leis de Celavella é unha cousa da Telegaita.
Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia.
Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma.

As leis de Celavella
Leis celavella.jpg
Formato Drama envolvendo pene.
Duración aproximadamente 50 minutos por episodio


As leis de Celavella é unha serie de misterio e pornografía emitida pola TVG a finais do fraguismo en plena construcción da burbulla inmobiliaria.

Argumento[editar]

Todo comeza nos tolos anos 20, durante a dictablanda de Miguel Primo de Rivera, cando o estudante de leis Pablo Veiga e os seus compañeiros conseguen aprobar toda a carreira ao seren aprobados por un catedrático que se xubila, Pablo vaise despedindo de todas as súas mozas coa excusa de que o seu irmán está a piques de morrer e regresa á vila natal de Celavella, onde nunca pasa nada.

Alí abre o bufete do seu pai e traballa como avogado, pero o misterio salta ao pouco, unha pantasma dun inocente que fora condeado a morte aparéceselle e teima en ter sexo anal co avogado ou venderlle un consolador musical, pra librarse del Pablo Veiga comeza a meter os fuciños na vida pasada dos veciños e tentar descubrir quen matou a unha prea fai 20 anos.

Mentres tenta resolve-lo misterio vai facendo amigos entre os seus veciños, todos mais vellos ca el, sobre todo co xefe da garda civil, o seu irmán crego agrarista, o alcalde, un médico, etc e tentan desentrañar os misterios que os asaltan cada dous por tres, debido a que matan ao médico amigo seu ao descubrir un esquelete cun ollo de vidro nun camiño (logo descobren que foi Castelao o autor).

Destaca a súa relación coa súa segredaria, Matilde, unha muller forte, valerosa e tradicional que conspira co avogado e outros masóns pra instalara en Galiza o novo orde mundial e coa que ten sexo platónico ás veces mentres a pantasma os mira.

Personaxes[editar]

  • Pablo Veiga: protagonista que sufre un trauma ó ter que medrar e abandoar a vida de estudante trouleiro en Santiago de Compostela pola vida de pequenoburgués en Celavella.
  • Matilde: garota de Celavella que sabe leer e escribir, criada da familia Veiga, cando regresa pablo á vila a despiden pra que non lle fagan un bombo e pablo a contrata como segredaria e a ten como ama dominatrix que lle axuda a descubrir os turbios segredos dos veciños de Celavella, os monopolios de Campsa e Telefónica que corrompen a vida da vila (pero non ó seu alcalde que pra iso é masón).
  • Wenceslao Abif: tenente da garda civil en Celavella, masón e única autoridade con caletre,siso e sensibilidade poética e centífica que luta polo amor platónico da boticaria (un clásico pequenoburgués das vilas provincianas daquel entón).
  • Blas Pizarro: axente da garda civil que por prender por erro á filla do gobernador civil é "desterrado" a Celavella polo parvo que é e así a ver se alí non as monta pardas como en Tui.
  • Leocadia: dona dos ultramarinos e muller do alcalde, lengoreteira perdida, monárquica perdida e así lle vai.
  • Louriano: home da anterior,alcalde e masón de Celavella; trae o cine á vila.
  • Pombo: rico home do lugar, enríquécese grazas ao contrabando (de azucre, textís, café, metais, etc) que trae de Portugal.
  • Inés Pombo: única rapaza moderna de Celavella, co pelo ao graçon pero non a aperseguen nin falan mal dela porque é filla do contrabandista rico de Celavella.

Sabias que...?[editar]

  • ... o chan de baldosas da casa dos Veiga eran fotocopias a cor barnizadas de fotos de baldosas de edificios dos tolos anos 20?
  • ... se refiren á dictablanda de Primo de Rivera como o Directorio, réxime e como moito sae un carteiro que se adica a leer as cartas de tódolos veciños cal censor stalinista?
  • ... saen as primeiras imaxes de pornografía existentes en España debido a que van parar a Celavella as cintas de cine onde saen as amigas en bolas do rei Alfonso XIII?
  • ... o rapaz de ultramarinos descobre á URSS vendo un noticiario co funeral de Lenin?
  • ... saen parafilias como a dun vello secretario do concello fodendo coa secretaria noviña do avogado?
  • ... Castelao sae en varios capítulos e así sacou material para "Un ollo de vidro", "os vellos non deben namorarse"?
  • ... xa saen os antigos traficantes da raia seca portuguesa?
  • ... o cabo Blas Pizarro once anos despois (en 1936) convertirase nun garda civil que asesinará a varios dos seus veciños socialistas, de izquierda republicana, partido galeguista, CNT, ORGA, etc.
  • ... sae Vicente Risco e case o toman por un axente segredo da Komintern.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: As leis de Celavella.

Outros artigos[editar]