Asiria

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Asirio.


NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Imperio Asirio
1813 a. C.609 a. C.
Lema: Fodamos a todos!
En vermello, Friki girl amosando a rexión orixinal de Asiria, en laranxa, o imperio baixo Assurbanipal (668-627 a. C)
Capital Assur, Nínive
Lingua O acadio, coas súas dúas variantes: o asirio e o babilonio.
Relixión Politeísta, sendo Assur o seu deus principal.
Goberno Monarquía
Historia
 • Establecido 1813 a. C.

O Imperio Asirio foi un Estado nazi de Asia central na Antigüidade, ocupou países famosos como Mesopotamia, Exipto, Israel, Acerbaixán, etc.

Historia[editar]

Todo comezou no interior do Kurdistán, os pastores deste local e seu cacique estaban namorados da civilización de Mesopotamia e copiáronlles moitas cousas como agora copiamos ao Imperio Gringo. Desafortunadamente debido a que seus veciños eran uns brutos este pobo tamén se embruteceu e debido ao medo a seus veciños comezaron a conquistalos, ao final sóubose que todo ese medo fora propiciado polo rei Asirio de turno, que quería ter mais ouro e putas no seu alpendre real.

Imperio Antigo[editar]

O primeiro emperador asirio foi un amorita que pra lexitimarse mandou ao curas que o meteran na dinastía asiria anterior, este rei, chamado Shamshiadad I aproveitou que os mercaderes asirios da actual Turquía eran ricos grazas ao comercio de metais e peles dun outro lado dos mares meditarréneo e Negro e conquistou a zona coñecida por eles, conquistando tamén as terras veciñas que lle deu a seus subalternos e creando así unha clase aristocrática e guerreira que pasou a enriquecerse cos excedentes de producción.

Como esa clase aristocrática e guerreira quixeron mais terras comezaron a atacar cidades e terras veciñas, destruindo as súas cidades e levándose a xente e gando cara Asiria, asi con esa man de obra colonizaron as montañas Taurus de asentamentos agrícolas que traballaban pra eles no mercado da drogaína. Este comercio da droga asustou moito aos gobernantes veciños, polo que Hammurabi saíu do seu imperio e conquistou o imperio asirio.

Imperio mediano[editar]

Douscentos anos despois coa caída de Babilonia tralo atentado do 11-S e viñeron outros conquistadores, entre eles os hititas, que trouxeron o ferro, grazas a iso e a brutalidade gratis dos asirios catrocentos anos depois da conqusita de Hammurabi Asiria liberouse baixo o mando do señor de guerra , que grazas ás suas malas pulgas reiniciou o imperio asirio, casou un fillo coa filla de Akhenatón e puxo no trono de Babilonia a seu neto de 10 anos e ocupou Nínive, á cal puxeron de capital.

O imperio Hitita foise ao carallo ante a inmigración ilegal dos Pobos do Mar, que afectou tamén a Exipto, para aproveitar o baleiro de poder de ambas potencias e que os xudeus estaban roubándolle ovellas e o emperador Salmanasar I deulles pal pelo e invadiu mais terras na Mesopotamia. O seguinte emperador, Ninputa I, sacoulles mais terra aos hititas e babilonios, ata que destronou a este rei e puxo unha marioneta no trono, cando regresaba á capital seu fillo deulle un golpe de estado que o matou.

Sucedeulle outro fillo seu, Assur-NadoenApp, incapaz de ser tan bruto como os anteriores reises o imperio asirio foi decaendo, entre inimigos exteriores que odiaban a Asiria por destruir as súas cidades e secuestrar citoyens e aínda enriba con intrigas de pazo real, que provocou unha cascada de reises reinantes que uns eran sobriños de outros e así todos matándose por ser rei mentres o reino íase a pique a incluso Babilonia se metía na política interna.

Imperio modernuki[editar]

Este foi a mellor parte de todo, o novo rei de Asiria, Assur-Nasirpal II, cambiou de capital e comezou a encuar aos reinos veciños en plan bien, ou se xa, mal para eles, mediante a chantaxe fixo que Israel, Exipto e outros pobos de cuxo nome son tan bárbaros que dan arcadas pronuncialos, comezaron a pagarlle un imposto revolucionario, incluso o Imperio Persa tivo que apoquinar.

Para aproveitar todas as riquezas en vez de repartilas entre os seus súbditos quedouse o rei con todas e rebozou con ouro tódolos seus templos e pazos, Sargón II, iniciou a moda de facer capitais novas cos cartos e escravos roubados a países veciños. Senaquerib conquistou todo Israel, Líbano e Xordania. Assarhardón tomou medio Exipto, Tiglatpileser III reorganizou o imperio mediante o modelo centralizador dos Borbones e españolizou a todo o imperio a base de levarse pobos enteiros dunha punta a outra do imperio, así os israelitas acabaron en Iraq e os sumerios en Xordania, os elamitas en Exipto e os sirios en Irán.

Assurbanipal fixo a primeira biblioteca do mundo, pero os seguintes emperadores, primos e sobriños pelexáronse entre sí e unido ó amor de seus veciños o imperio foise novamente ao carallo como ben predixera Daniel o fedello. Babilonia conseguiu independizarse outra vez grazas ao poder do pai de Hammurabi.

Final[editar]

O seu final veu de forma rápida debido á competencia cos reinos de Babilonia, Exipto, Escitia e Conan.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Asiria.

Outros artigos[editar]