Asociación de Abducidos de Compostela

De Desgalipedia
A Asociación de Abducidos de Compostela traizoando á raza humana e facendo sinais ós extraterrestres pra que baixen en Galicia, o cu do mundo, pra sodomizalo.

A Asociación de Abducidos de Compostela é un grupo de xente que se comunica cos extraterrestres de forma cotiá en Santiago de Compostela e tentan parar a mala publicidade que Stephen Hawking fai dos aliens.

Historia[editar]

A AAC naceu cando, seu actual presidente, Eladio Otero viu con asombro, mais con ledicia, como un OVNI o abducía na ponte de Portomarín no Xacobeo 93, foi abducido polos aliens, que eran altos (2 metros) e lagartóns, e comezaron a explorarlo, primeiro a mítica sonda anal, que ao principio doe un pouquiño pero despois acostúmaste, ademais son unhas belísimas persoas, ademais foi trasladado á entón inexistente Cidade da Cultura de Galicia onde xogaron ó dominó con el.

A sonda anal era pra instalar implantes cerebrais pra mellorar a intelixencia e así os humáns poderán estudar sen esforzo nin tomar nunca mais bífidus nin vacinas.

Ealdio Otero cedo comezou a súa andian universitaria maravillando a coñecidos e universitarias lesbianas cachondas que o invitaron moitas veces as consabidas orxías universitarias, fundou a AAC e moitas persoas se lle achegaron sobre todo policías da secreta que querían ver se estaban formando algunha banda terrorista, finalmente incluso ficaron eles á espera de invasores aliens e as lesbianas louras.

Actividades[editar]

  • Xuntarse todos en Bonaval os domingos pola tarde cunha bolsa de palomiñas e aagardar a que baixe algunha nave alien.
  • Tentar contactar pasando repetidas veces pola ponte de Portomarín.
  • Criticar a Stephen Hawking.
  • Recoller testemuños ovni por todo o camiño de santiago.
  • Ler o Códice Calixtino en busca de seres das estrelas.
  • Promocionar as sondas anais extraterrestres.
  • Que a xente vai mais ao teatro e espazos abertos.