Astronomía

De Desgalipedia
Universo firefox.jpg

Astronomía é a ciencia que serve pra que a túa nai te deixe en paz mirando pro ceo nocturno. A maioría dos frikis afirman que dita ciencia estuda todo o que contén o universo (estrelas, galaxias, constelacións, meteoritos, aerolitos, sexolitos, trapezoidolitos...) nembargantes tras varios reportaxes de La Voz de Galicia sabemos que na realidade se trata dun chiringuito dalgún partido político separatista e filoetarra pra mamar subvencións a eito.

Historia[editar]

A astronomía foi inventada polos sumerios (antes tamén se miraba pro ceo pero non se tiñan rexistros nin estudos serios) e os megaliteiros pra saber que días eras os que as súas mulleres aceptarían ter sexo gratuíto con eles, nembargantes descubriron que non había explicación científica adecuada para iso asi que durante séculos desbotaron seguir usándoa como ciencia seria e caeu en mans da astroloxía que sí da respostas concretas e ben clariñas.

Ata que a finais da Idade Media varios catedráticos voyeurs descubriron patróns de comportamento e se puxerona investigar en serio, a pesares de que foron perseguidos polas súas teorías ao final déronlles a razón e enviaron varios animais ao espacio exterior e finalmente un humano para comprobar se iso de que a terra era esférica e o planeta Terra non era o centro do universo.

Tras descubrirse que a Biblia e o Corán eran máis mintireiros que un neno pequeno foron arrombados á sección de ciencias esotéricas da FNAC e Casa del Libro a pesares das protestas da Igrexa católica.

Instrumentos de observación[editar]

  • Telescopio: pra ver ben as estrelas, e cando te aburras podes ver prás ventás abertas da túas veciñas cachondas ou presenciar un asasinato de violencia machista.
  • Compás: pra seguir a traxectoria dos corpos celestes, se te aburres podes facerte tamén un tatuaxe con tinta do boli.
  • Esfera armilar: pra ver onde están os paralelos e equinocios e axustar órbitas.
  • Paciencia: MOITA.
  • Concentración: MOITA
  • Equipo de espía campestre: tenda, mantas, cadeira plegable, sombreiro, pá pra cavar trincheira, equipo termuliscente, sandwiches, termo con bebidas espirituosas.

Sabias que...?[editar]

  • ... podes facer descubrimentos nesta ciencia? Nas outras esquécete que hai moitos profesionais.
  • ... se ves un bólido espacial como se esnafra no monte do lado... non vaias ver o que é, podería ser unha nave extraterrestre accidentada saería o bicho sodomizaríatee si non o fai él faríano os da CIA.
  • ... non leves a túa moza pra ver iso, pensaría que eres un voyeur e denunciaríate ou aproveitaría pra asasinarte no medio do monte.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Astronomía.
UnCommons
UnCommons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos[editar]