Avogado

De Desgalipedia
Avogado
Avogado.jpg
Avogado típico de Occidente.
Información
Editorial Panhumana.
Data de aparición Antigüidade.
Creador do oficio un libanés.
Alianzas Todas.
Compañeiros Barmans.
Alias Sailor Sea.
Parentes Científicos, escultores, arquitectos
Poderes Vivir do que dá o mar.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: PicapreitosCita2.png
Google sobre Avogado

Cita1.pngSon uns comecartos.Cita2.png
Vicente Risco sobre os avogados.

Avogado é unha especie humana en extensión, soen adaptarse a miles de hábitat e réximes distintos, aínda ue soen formar parte do Eixo do Ben (aínda que algúns rebeldes utópicos afirmen que no Eixo do Mal tamén hai avogados).

Fisioloxía[editar]

Son unha subespecie humanoide, do xénero legalitis, familia depredatorus; visten igual que os bruxos e invocana forzas superiores, como a Constitución, Boa Fe, Iuss latii e outras mexericadas para que ao final remates apoquinando mais sextercios que Sila cando mercou ao deus Xúpiter.

Historia[editar]

Se non tiñas un avogado bó na Antigüidade podías rematar como papaleixón!

A avogacía foi creada polos Fenicios para saltarse aranceis de Exipto e Atenas, aquí copiáronnos co nome de sofistas, algúns fillos de papá gregos que non necesitaban traballar metéronse logo a crear a Filosofía, a maioría traballou educando á mocedade nas virtudes de enredar todo e a todos para sacar el só ganancia. O Imperio Romano fixo que se especializasen a través dos seus colelliums e así deuse lugar ás Guerras Civiles romanas, Xulio César subiu de Cuestro a tribuno grazas a incumplir prazos legais mediante argucias e soborno e chegou a ditador de Roma.

Na Idade Media os avogados tiveron que fuxir ante as invasións dos extranseiros non romanizados, ou bárbaros, ao cu do mundo (Irlanda e Galicia sobre todo) onde se disfrazaron de monxes e convenceron aos señores feudais e outros caciques militares de que se podía conseguir mais terras mediante a forza da Lei que da espada. Debido a iso déronlles terras en usufruto e eles mediante falsificacións de manuscritos conseguiron que as terras fosen para eles(bueno, para que traballasen outros por eles e sacarlles os cartos logo) e mesmo convencesen aos reis e duques de que regalarlles terras serviría para que súas almas fosen a corte celestial (onde tiñan que pasar por un xuízo final e si ofrecían misas suficientes pasar a un veredicto feliz).

Na Idade Moderna tiveron que adaptarse aos Estados surxidos dos reinos, pero debido a que eran moi grandes perderon algo de traballo, así que se inventaron o mito das bruxas e metéronse na Inquisición española onde conseguían culpables con denuncias anónimas e logo mediante divertidos procesos pseudoxudiciais roubarlles diñeiro e terras co cales comprar títulos nobiliarios e acceder á Corte e intrigar, onde conseguir mais rentas e achegarse ao Rei para entrar na Historia.

Durante a Idade Contemporánea metéronse aínda mais en política, durante a Restauración borbónica de 1876 convertíronse en caciques (nas fichas de wikipedia todos os caciques da época aparecen como médicos ou avogados! Como Saturnino Álvarez Bugallal e tantos outros) pero debido a que enlearon aínda mais cousas e Miguel Primo de Rivera os puxo a trabalar enviándoos a invadir Marrocos. Franco enviounos a moitos a Europa, a ver si así metían a Españistán na Unión Europea, a maioría estivo en Gitaña facendo preitos, que si marcos movidos, dereitos de paso e logo durante o Fraguismo nos temas de subvencións, contratacións irregulares para obras públicas, etc.

Tipos de avogado[editar]

  • Avogado de oficio: pagado polos contribuíntes, por iso soes acabar na falcona se che toca un destes.
  • Avogado soviético: vai co uniforme do exército vermello, se vai en plan liberal moderno vai vestido como Lenin.
  • Picapreito: ideal se queres estar durante décadas pendiente do xulgado e de gastar unha fortuna e enfadarte cos teus veciños.
  • Avogado inglés: visten con enormes túnicas negras e perrucas para poder largarse con moitos cartos a Andorra ou Suíza.
  • Avogado xustizieiro: só existe nas películas e series de TV, defendendo causas perdidas conra multinacionais.
  • Avogado civil: óptimo para que teu veciño che devolva o dereito de paso pola súa finca que quería pechar.
  • Avogado laboral: usados polo teu xefe empresario para que traballes mais e aínda pro riba votes a quen che vai mal.
  • Avogado americano: éste vai sen túnica pero con traxe occidental.
  • Avogado africano: leva túnica de gacela e penacho de flamengo.

O advogado na cultura[editar]

Só aparece no Cinema e series de Tv:

Avogados no cine[editar]

Avogados na TV[editar]

Phoenix White small.gif

Avogados famosos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Avogado.

Outros artigos[editar]