Axuda:Como facer que as imaxes pesen pouco

De Desgalipedia
Atallo:
Ax:IPP

Nun programa de edición de imaxes, coma por exemplo o Adobe Photoshop ou as ferramentas libres coma o visor XnView, GIMP ou Picassa, é extremadamente doado reducir o peso das imaxes. Para iso hai varias técnicas que se poden aplicar.

Redimensionamento[editar]

A causa máis común do gran peso dunha imaxe dixitalizada é o "tamaño físico" excesivo. Así, é habitual que unha imaxe obtida mediante cámara dixital teña un tamaño de 1600x1200 píxeles ou superior, mesmo as obtidas con algúns teléfonos móbiles xa se achegan ou rebasan eses valores. Unha imaxe de grandes dimensións implica un "peso" excesivo e nin sequera garante unha mellor visualización para o internauta. Polo contrario, é moi común que os límites da imaxe acaben "saíndo" das marxes do monitor de moitos usuarios ou que o tempo de carga sexa excesivo. Na sagrada Desgalipedia non son precisos grandes tamaños da imaxe, pois entre 300 e 500 píxeles de ancho e altura garantimos unha correcta función ilustrativa da imaxe sen maiores prexuízos para o usuario.

Poderíamos facer unha excepción para imaxes especiais como mapas ou gráficas, mais en todo caso poderemos reducir o seu peso mediante algunha das outras solucións propostas de seguido.
A maioría dos programas de edición ou visualización de imaxe contan cunha ferramenta para mudar o tamaño do arquivo. Simplemente reduce proporcionalmente as súas dimensións ás antes recomendadas, e o peso da imaxe reducirase de xeito drástico sen supoñer unha perda de funcionalidade da mesma.
No outro extremo, un tamaño inferior a 100px de ancho ou alto pode dificultar a correcta interpretación da imaxe.

Resolución[editar]

Aínda despois da redimensión da imaxe o peso pode seguir sendo excesivo. O motivo pode ser unha alta resolución da mesma. Se ben para traballar en impresión empréganse uns valores de arredor de 300ppp (píxeles por polgada), para a visualización en pantalla adoita ser suficiente con 72ppp.

Compresión[editar]

A maioría dos formatos estandarizados de imaxe (JPG, GIF, TIFF...) permiten unha certa compresión do arquivo a cambio dunha lixeira perda de nitidez. Utilizando esta opción prudentemente poderemos reducir notabelmente o peso das imaxes sen sufrir apenas unha perda perceptíbel de nitidez da mesma.
Se a redución de calidade da imaxe é excesiva (especialmente con tamaños e resolucións moi pequenos) pódese producir o fenómeno denominado "aparato", que dá lugar a deformacións severas do arquivo e mesmo a dificultades para a interpretación da imaxe, especialmente se leva textos.
Obviamente se recorremos á comprensión dos arquivos buscaremos o equilibrio entre compresión e nitidez.

Redución da gama cromática[editar]

Para os casos en que ningunha das solucións achegadas anteriormente serviu para reducir suficientemente o tamaño do arquivo, o problema pode deberse a un excesivo número de cores da imaxe. Nos mapa de bits, cada cor supón un lixeiro incremento de información, porén unha incorrecta configuración cromática do arquivo pode levar a un incremento de millóns de cores co conseguinte aumento crítico do seu peso.

Comproba no teu editor ou visualizador de imaxes que a imaxe en cor real estea en espazo de cor RGB e non en ningún outro, principalmente en formato CMYK, que ademais de resultar moi "pesado" pode dar problemas de visualización a moitos usuarios.
Do mesmo xeito, unha imaxe en escala de grises (como unha fotografía en branco e negro) debe estar gravada nese espazo de cór, e non en RGB ou CMYK.
Por outra parte, os arquivos GIF poden conter ata un máximo de 256 cores, porén moitos programas permiten unha redución dese número de cores para unha redución de peso do arquivo sen unha perda excesiva de fiabilidade da imaxe.

Cambio de formato[editar]

Algunhas imaxes con contornas bastante definidas, como mapas ou logotipos, poden volverse crear co formato SVG, que non consiste máis que na determinación xeométrica dos datos da imaxe, mediante puntos singulares ou ecuacións. Loxicamente, non se fai a man, e hai programas que o permiten facer de xeito cómodo (Inkscape). Por outra banda, é moito máis doado facer as traducións dos textos presentes ó galego. Simplemente hai que baixar a imaxe e modificala cun editor de texto sen formato (o NotePad ou Caderno de notas pode valer) substituíndo as cadeas da lingua orixinal (neste proceso cómpre conservar a extensión .SVG). Algúns exemplos son:

Frecha. Volver á páxina de axuda.