Azul

De Desgalipedia


De feito, o seu cabelo é gris.
Cita1.pngO ceo só é azul porque foi o único lapis de cor que sobrou.Cita2.png
Deus sobre Azul
Cita1.pngI'm blue, da ba deee, da-ba-daaa...Cita2.png
Eiffel 65 sobre Azul

Definición[editar]

Azul pode significar:

  • A cor azul, que en RGB corresponde a 0x0000FF ou (0, 0, 1)
  • Ligazón azul, nas wikis, son os artigos da Sagrada Desgalipedia que pode facer clic e mandar a outro artigo
  • Azular, nas wikis, é o acto de transformar links vermellos (que non existen) en enlaces azuis

A dialética do azul[editar]

Desde tempos remotos, a civilización intenta descubrir o que é o azul. No sentido moderno hai dúas correntes principais que definen o azul (aínda que existan outras): o primeiro, seguida polos meridianos, define aquí o que chamaremos de azul X; a segunda, corrente dos parnasianos, insiste en que o azul é na verdade o azul Y (ver imaxes). Mentres meridianos e parnasianos quedan brigando, o pobo segue a descoñecer o azul. Algúns acaban entrando en estados melancólicos profundos, outros fican tolos, outros aínda, para agradar a todos, din que ambos (e outros máis) son azuis, finxindo que non entenden a extrema diferenza entre eles.

Azul no mundo[editar]

  • É unha cor primaria, non tivo capacidade de pasar do primeiro ano. Así como os seus amigos vermello e amarelo.
  • É a cor do ceo, cando é día, das 8h 13min ás 18h 46min, e non está nublado, e non ten eclipse. Se non é negro ou gris, cores estas que non serán estudadas neste artigo.
  • É a cor do mar, cando non é moi contaminado. Algunhas persoas din que o mar é verde, estas persoas son idiotas.
  • É unha cor que pasa a sensación de azul.
  • É a cor da pricipal pantalla de Windows
  • É a cor dos enlaces que funcionan na Desgalipedia.
  • É a cor dos enlaces que funcionan na Wikipedia.
  • É a cor dos enlaces en calquera páxina con HTML horríble, ou en páxinas HTML dobres (en parte grazas a unha conexión podre).
  • Violetas son azuis. Pero as rosas son vermellas, brancas ou rosas.
  • Non é a cor dos policías alemáns e non aparece no semáforo.
  • É a cor da pantalla azul da morte.

Matemáticas e Química do azul[editar]

  • Azul + Amarelo = Verde.
  • Azul + Marrón = Branco.
  • Azul + Verde = Branco.
  • Azul - Verde = Ciano.
  • Azul + Rosa = Arco-Iris.
  • Azul + Roxo = Vermello.
  • Azul todas as cores = Azul.
  • Azul + Verde - branco / gris X Roxo = Canguro Mutante².
  • Azul² = Azul Mariño.
  • Azul/2 = Azul Celeste.
  • Azul + Vermello - Roxo = Nada
  • Azul + (x+y)² . [(x+y).(x+a)] = Chuck Norris
  • Azul + Windows = pantalla azul da morte

Desgalería azul[editar]

Sabías que...[editar]

A balea azul, que nin azul é. O Azul xa é unha cor moi coñecida para os usuarios de Windows

  • ... ceo é azul por que reflicte o mar, ou viceversa. Ambos son certos, o ceo reflicte o azul do mar que reflicte o azul do céu.A verdadeira causa do ceo ser azul é porque Deus é home, se fose muller, sería rosa
  • ... non hai froita azul. Blasfemia, como existiría a gelatina de froitas Azuis se non houbese froitas azuis? Ademais, alí no Neopets ten os Arandeira que son unhas boliñas azuis que só nacen nos Estados Unidos, se Arandeira non se froitas, que son entón? As patys chaman Blueberry.
  • ... os franceses e os italianos escolleron o azul como representante por pensaren que era moda. Verdade, así como a Arxentina e Real Oviedo, estilo por riba de todo.
  • ... aínda en Francia, a cor azul é sagrada. Verdade, vemos claramente na expresión Sacred Bleu (Azul Sagrado).
  • ... a balea azul é o máis grande animal da actualidade, aínda non sendo azul, o que non importa nada o seu tamaño. Mentira, o maior animal da actualidade é o Godzilla.
60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Azul.

Véxase tamén[editar]

Outras cores[editar]