Bóveda

De Desgalipedia
Bóveda
Escudo de Bóveda
Situación
Situacion Bóveda.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Lugo
Comarca Comarca do Conde Draculemos.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Bóveda é unha concello de Lugo, pertence ó Conde Draculemos desde tempo inmemorial, desde a Guerra Civil española foi perdendo poboación unha e outra vez, durante a XVª lexislatura de Alberto Núñez Feijóo foi repoboada con xente de Guinea Ecuatorial pra que Madrid tivese de onde sacar algún imposto.

Historia[editar]

Ninfas e sátiros solazándose nas ribeiras do Tuimil.

Bóveda foi fundada polos Lemavos, unha civilización moi espilida que prefería vivir do gando antes que de cultivar a terra, así logo non tiñan frustracións nin eran uns pedófilos capitalistas posmodernistas, conseguiron non ser tan "modernos" como os castrexos das Rías Baixas e así defenderse mellor do Imperio Romano e aguantar mais anos libres de impostos, ata a batalla final do Monte Medulio.

Afortunadamente as xeadas fixeron que os romanos aquí non aguantasen moito e en canto apareceron os suevos por Tuimil deixáronnos en paz, o Reino Suevo modernizou as explotacións gandeiras (trouxo a vaca suíza que dá mais leite ca rubia galecona, e os tratores Xoán Deere) e trouxo mulleres estilo Claudia Schifer, foron grandes tempos pero esfragáronse cando Rouco Varela quixo impoñer a Sharia coa axuda do virrei Manuel Fraga durante o reinado de Franco, que invadira a península coa súa garda mora e creara Españistán.

Debido ós intereses de países extranseiros (Estados Unidos de América, Francia e Alemaña) o califato de Madrid seguiu existindo mais séculos do normal, covertindo este concello nunha colonia interior do imperio mesetario, así cando Bruxelas prohibiu vender mais leite e carne todo o mundo emigrou pra capital a traballar no ladrillo, polo que na crise económica de 2008 moitos voltaron a sachar a horta, repoboándose parcialmente a zona (aínda que a maioría ficou a vivir en Monforte ou Ourense).

Xeografía[editar]

Atópase no sur de Lugo, condado Draculemos, limita ao Norte cos Incas e Paradela, ao sur cunha estación de tren, ó Leste outra vez cos Incas e a Póboa do Cagallón e ao salvaxe Oeste cos sabanosos.

Clima[editar]

Grazas ós moitos ríos da zona que están embalsados aquí predomina un clima londinense aínda que con mais meses de sol...

Fauna e flora[editar]

Debido á gran humidade danse moi ben toda clase de plantas carnívoras, maruxiña, marihuana, estramonio, aiauhasca, faloides... entre a fauna destacan os cancadrilos, os xabaríns parlanchíns, os corvos sabios, corzos que si os matas logo se transforman en mulleres belas, lobishomes e algún que outro morcego.

Economía[editar]

Exportadora de carne, leite e man de obra barata cara Españistán e a Unión Europea previo pago aduaneiro na diputcaión provincial.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Bóveda
Escudo de Bóveda.jpg
Bóveda (San Martiño) | Freituxe (Santiago) | Guntín (San Cristovo) | Martín (San Cristovo) | Mosteiro (San Paio) | Remesar (San Xoán) | Ribas Pequenas (Santiago) | Rubián (Santiago) | San Fiz de Rubián (San Fiz) | Teilán (Santa Baia) | Tuimil (Santa María) | Ver (San Vicenzo) | Vilalpape (San Bartolomeu) | Vilarbuxán (San Bartolomeu)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bóveda.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Concellos da Comarca da Terra de Lemos
Comarca da Terra de Lemos
Bóveda
Bóveda
Monforte de Lemos
Monforte de Lemos
Pantón
Pantón
A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón
O Saviñao
O Saviñao
Sober
Sober
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove