Baiona

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Baiona (homónimos).
Baiona
Bandeira de Baiona Escudo de Baiona
Situación
Situacion Baiona.PNG
Xentilicio[1] Baioneta.
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra Vigo
Comarca Comarca de Vigo
Poboación iates. hab. (2019)
Área Parador. km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación Carabelas.
Capital do concello
Política ()
Alcalde Mortadelo Fhürer Sergas. (Pepe.)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
erecciósi
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
redondela.vgo
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Baiona é unha vila da provincia de Vigo, estivo a punto de ser mais ca Vigo pero a Historia é unha puta caprichosa e quedou en vila vacacional. Ao principio a xente vivía dentro do que hoxe é o parador pero desde que non hai pirañas na Ría xa se pode un meter sen medo nas augas tóxicas e vivir fóra do castelo.

Historia[editar]

Mapa de Baiona antiga.

Baiona foi fundada por algún rei celoso do poder do patriarca de Santiago de Compostela (que tiña a vila de Vigo) polo que enviou varios pescadores a este rochedo e deulle privilexios comerciais e así quedar cos beneficios da venta da fariña de Colombia e do tabaco de contrabando, logo mandou facer o porto deportivo ao ver que a Unión Europea non lle deixaba pescar todo o que quixera.

Durante a Idade Media foi mais importante ca Vigo, e o bispo de Tui e conde de Soutomaior andiveron á gresca por facerse con ela, conseguindo unha noite pecha Pedro Madruga secuestrar ao bispo tudense pra facerlle sexo anal ata que o rei Alfonso 69 llelo prohibiu. Aínda que recibiu á nave de Cristovo Colón antes ca ninguén o rei de Castela Felipe González deulle o monopolio das mercadorías do Novo Mundo a Sevilla (así se fixo unha maravilla...), Baiona foi mirrando ata murchar de todo, non conseguindo erguer cabeza nin coa pesca de sardiña, ata que Karina Falagan convenceu a Manuel Fraga e a Franco de poñer aquí un parador de turismo e facer disto o Miami galego.

Na IIª Guerra Civil Castelá Baiona estivo do lado perdedor pero lexítimo da raíña Xoana(a mal chamada Beltranexa) que tras perder a Batalla de Toro veu co seu marido (o rei de portugal Afonso V)ata o ultimo reduto que tiña en España, a Galicia, ata que se viron acurralados en Pontevedra e pasaron ata o seu confín aquí na fortaleza de Baiona odne podían fuxir por mar ao veciño Portugal(cuxo rei casara con Xoana). No seguinte século Cristovo Colón veu aquí por equivocación(el quería ir a Pontemerda súa cidade natal seica...) e no outro seguinte século os Baionenses puideron vivir fóra da fortaleza e comezaron a habitar na actual Baiona baiona, aínda que tiveron que voltar a vivir no castelo ante os ataques dos piratas e durante a Batalla de Rande.

Xeografía[editar]

Baiona atópase nas costas da Península Ibérica na bocana da ría de Vigo e Cangas, limitando con Nigrán, Gondomar e Oia. Xeográficamente Baiona divídese en dúas zonas:

  • Montuna: onde sobreviven os baionenses que fuxen da costa perseguidos por constructores caníbales. Aquí arriba vixían que Xulio César non os volve a invadir ou que Al Quaeda non ataca a poboación cun barco cheo de petróleo.
  • Pija: onde antes había mariñeiros e agora hai propietarios de pisos, chalés, iates, contas en Suíza,etc

Aquí desembocan varios ríos, como o Miñor, o baíña, o Mexo, o Cagao, o mexocagao, o cagaomexado e outros regatos de nome épico que Eduardo Pondal usaba cando escribiu O señor dos aneis.

A costa de baiona ten desde badía a praias entre as que están:

  • Praia Ladeira: praia virxe pero con ladillas.
  • Praia de Santamarta: ao pé mesmo dos edificios asi que podes facer balconing.
  • Praia da Ribeira: onde ir facerte selfies das pernas.
  • Praia dos frades: onde ían os monxes facer nudismo e orxías gayses.
  • Praia da Cuncheira: Areal estreito onde se reunían as bruxas pra bendecir o Vaticano.

Clima[editar]

Grazas ao parador de Baiona (que tapa todo o vento que ven da Mar Océana) e está protexida polo Himalaia polo Sur, o clima é ártico, porque polo Norte non protexe nada.

Moitas pseudocantantes son homenaxeadas cos nomes das tormentas que visitan Baiona.

Flora e Fauna[editar]

Entre a flora destaca as tabaqueiras (que dán tabaco de contrabando) e as fariñeiras (ídem anterior), aínda que os labregos (e algún ourensán autárquico) seguen usando estramonio.

Na fauna destaca o cabalo galaico, o turista madrileño, as quenllas (veñen todas de Amity), o comprachalés ourensán, a carabela, o yaterista pijo e ciclistas vigueses alienados correndo coma tolos por fuxir cara Estados Unidos de América polo Atlántico adiante.

Economía[editar]

Só se vive do sector turismo, por iso cada vez que aparece o tiburón branco (ese que ven fuxido de Amity por culpa do xefe Brody) baiona fica sen ren de qué vivir.

Grazas á sociedade do espectáculo é unha das aldeas galegas que mais medrou nos últimos anos, quintaduplicando seu censo debido a que está cerca de Vigo (onde emigran pra traballar e outros mercan casa aquí pra fuxir da carreira de ratas da cidade) ten costa e a jet set déixase ver por aquí (incluso veñen os portugas á Ramallosa 2000).

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galiza | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona
Escudo de Baiona.jpg
Baíña (Santa Mariña) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baredo (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Lugares de Baiona[editar]

Que facer e qué ver en Baiona[editar]

  • Castelo de Baiona: onde embarrancou san Patricio e se puxoa crsitianizar ós veciños coa promesa dun alén cheo de iates e putas e chapeiros gratis!! Aquí van moitas parellas desde que Manuel Fraga o convertiu nun picadeiro de turismo nacional.
  • Porto deportivo de Baiona: construido durante o fraguismo pra facer disto a Marbella galega.
  • Cabo silleiro: porta de entrada á ría de Vigo, ten un faro pra que Cthulhu nos atope entre a néboa e unha base militar abandonada onde facer ouijas e asustar ós ianquis. Os arredores son usados pra ir facer cruising.
  • Ramallosa 2000: o lugar mais visitado ao longo do ano grazas a seus espectáculos de gladiadores portugas e xitanos loitando.
  • Virxe da roca: moi virxe xa non é que nela entra todo diós.
  • comer percebes de Baredo: dos mais grandes debido a que comen carne humana dos naufraxios.
  • A ponte da ramallosa: antes facían orxías acuáticas nel (ou iso dí a website do concello, porque cando se refire a ritos de fertilidade será de eso, non?).
  • Praia da Ladeira: formada pola desembocadura do Miñor (hai pebidas de ouro) onde aínda se poden ver maricóns de praia e atopar algunha momia inca baixo as súas areas porque redes con alixos de fariña colombiana xa non caen por aquí non.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Baiona.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Vigo
Comarca de Vigo
Baiona
Baiona
Fornelos de Montes
Fornelos de Montes
Gondomar
Gondomar
Mos
Mos
Nigrán
Nigrán
Pazos de Borbén
Pazos de Borbén
O Porriño
O Porriño
Redondela
Redondela
Salceda de Caselas
Salceda de Caselas
Soutomaior
Soutomaior
Vigo
Vigo
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa