Baldreu

De Desgalipedia
Star of life2.png Advertencia: A sagrada Desgalipedia non dá consellos médicos (e non a ladróna).
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao Dr. House e o seu equipo de fermosas enfermeiras.
Un baldreu pensando na vontade de poder de Nietzsche.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Persoa suxaCita2.png
Google sobre Baldreu

Un Baldreu é unha persoa afectada por Deus (o xudeocristiánislámico) que colle o costume de fuxir da auga, do champú, das colonias... así tamén da roupa limpa, a casa limpa, as boas maneiras, a cortesía. Ata fai pouco a Inquisición española acostumaba a eliminar a estes iluminados por Dios.

Síntomas dun baldreu[editar]

Unha das cousas que un baldreu lle gusta comer.

A psicopatoloxía comeza de forma débil pero eficaz cunha deficiencia de neuronas da hixiene, algúns delátanse cando son descuibertos escoitando a COPE ou vendo 13 TV (se os pillas vendo Popular TV telo que matar no momento pra aforrarlle sufrimentos e cartos ó SERGAS). A veces a aparoción é brusca, sobre todo cando te deixa a moza, ó descubrir que teu partido político che mentiu, que teu xogador de fútbol preferido é gay, etc sendo os síntomas mais habituais:

  • Dor nas articulacións, sobre todo no e por iso les custa tanto movelo.
  • Hidrofobia, medo ó auga, por iso nunca se duchan.
  • Conxestión cerebral con saidas de tono, ideas anticapitalistas, conductas irónicas.
  • Asociación da sociedade humana.
  • Existencialismo.
  • Falar de forma que só él se entende.
  • Comer todo coas mans.
  • Ficar pampo pra calquera cousa e logo disertar sobre os conceptos aznarianos.

Tratamento[editar]

O baldreu mirando o valor das súas accións na Bolsa.

Pra lograr desbaldrizar a unha persoa débese acudir a un profesional do ramo, ou ben á meiga da aldea, soe bastar con lerlle O Ciprianillo mentres un membro de Falanxe española o sodomiza. Nembargantes os médicos pensan que é mellor que tome varias pastillas ó día, reposo e mesmo metelo nun hospital a vivir a corpo de rei, cando en realidade o que hai que facer é poñeloa traballar nas fincas a monte, desbrozar leiras e que sirva como can nas batidas do xabarín.

Complicacións[editar]

A veces os baldreus resístense ó seu tratamento, ou mesmo fuxen do lugar habitual de residencia pra non seren desbaldrizados; nese caso débense tomar certas precaucións, como atalo a unha viga e meterlle uns cantos mangueirazos de auga fría, envialo á Lubyanka, disfrazalo de talibán e poñelo diante dunha embaixada dos Estados Unidos de América, rebaixarlle o seu perímetro craneal a base de frotalo contra o santo dos croques, etc

Suxeitos suscetibles de seren baldreus[editar]

  • Culturetas.
  • Escritores.
  • Blogueiros.
  • Pepeiros que non conseguiron un posto na Diputación.
  • Persoas que naceron na cidade e se cren superiores ós da aldea.
  • Sociatas que nunca saen na foto.
  • Cregos que len demasiado a Biblia.
  • Ricos que viran tolos de tanto diñeiro.
  • Metrosexuais ó descubrir que son gais.