Bandeira de Bélxica

De Desgalipedia
Bandeira de Bélxica
Bandeira de Bélxica
Características
Proporción 13:15
Adopción 23 de xaneiro de 1831
Cores      Negro     Amarelo     Vermello

A Bandeira da Bélxica ((en alemán: Flagge Belgiens, en francés: Drapeau de la Belgique, en neerlandés: Vlag van België)) é unha bandeira sen sentido de Europa consistente en cores doa Alemaña porque foi confeccionada por alemáns.

Historia[editar]

A unión fai o zucre.

A primeira bandeira belga foi feita en 1789 por algúns flamencos que fundaron o crudo Estados Belgas Unidos. Por suposto, alegría de pobre dura pouco, eo seu país non durou máis de 1 ano, cando foi invadido por Napoleón e todos aqueles plaxiadores foron deportados para a Alemaña.

Porén, algúns anos despois, en 1830 tivo lugar unha nova revolución no Flandres, esta vez liderada por Ned Flanders que buscaba separarse da tiranía dos Países Baixos Holandeses. Na total falta de creatividade para unha bandeira nova, acabou só pegando as cores da bandeira de Alemaña e facendo unha cousa tosca con elas de doer os ollos aquela combinación rechamante de cor. Grazas a deus esa bandeira non durou máis que 1 ano.

A actual bandeira foi adoptada en 1831 tras a independencia de Bélxica. O amarelo horroroso da bandeira anterior foi trocado por un amarelo-pataca-frita máis brando, pero a combinación horrible con negro e vermello foi mantida.

Evolución da bandeira[editar]

Significados[editar]

  • Negro - Simboliza aquel sombreiro divertido dos belgas, e tamén os bigotes dos Flandres.
  • Amarelo - Simboliza a pataca frita con cervexa, o xantar e cea de calquera belga patriota.
  • Vermello - Simboliza o ketchup, pataca frita belga sen ketchup non é unha pataca frita belga.

Bandeiras rexionais[editar]

Bandeiras provinciais[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bandeira de Bélxica.

Outras bandeiras[editar]