Bandua

De Desgalipedia
Bandua
Bandua2.jpg
O Deus Bandua traballando pra IKEA.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento: Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade:
Venerado en:
Atributos: Deus das ataduras.
Patrón de:


Bandua, Deus do panteón galaico, famoso por atar aos seus fregueses e levalos por ahí de putas e de guerra en guerra, que é o que lle gusta á xente nova.

Mito[editar]

Bandua dando "consellos".

Bandua foi creado polo Bing Bang (gran deus indoeuropeo) pra que todo tivera consistencia e houbera cadeas de causa-efecto, de pequeno foi criado en Xapón e de mozo foi pra Holanda, a aprender q tecnoloxía cannábica de facer cordas e cables pra amarar ben o seu curragh, co que foi caboteando até dar con Tui.

En Tui enfrontouse ao Capitán Obvio polo control das femias locais, e así creou a primeira orde de monxas en Tui (as arrexuntiñas) xa que non ían nunca a foder soas. Grazas ás súas artes do bondage fixo prender a todos os seus inimigos e demais paspáns que se lle poñían por diante, chamado por un petroglifense apareceu en Marín, e alí creou o laberinto de Mogor pra prender dentro a un enorme xabaril que andaba por alí desfacendo hortas cos seus cairos de 3 metros de longo.

En Boborás fixo medrar no corazón do mozo Zás un grande amor retorto pola filla do rei castrexo veciño que deu orixe ao Ciclo mitolóxico de Xurenzás, co Rei Duio fixo outro mesmo, pero termaqndo de namoriscalo de Santiago Apóstolo, polo que os seus apóstolos o tiveron que ir buscar entre as penedías e praias nudistas agochadas pra "salvalo" daquel herexe qu elevara ao apóstolo polo "mal camiño".

Epítetos de Bandua[editar]

Bandua en plan ligón.
  • Bandua Aetobrigus: o fogosamente forte.
  • Bandua apolosego: o mais musculoso na victoria.
  • Bandua Arbariaicus: vai ti saber qué siñifica...
  • Bandua Aragugel(ensis): Bandua santo patrón da aldea e protector local.
  • Bandua Brialecus: Bandua da cidade dos Leacos.
  • Bandua Cadogus: Bandua o loitador, ahí cos músculos brilantes en aceite mmmm!!
  • Bandua Aetobrigus: Bandua señor do castro dos fogosos, enriba de ser él forte anda rodeado de fortachóns... fogosos! WOW!!
  • Bandua Longobricense: Bandua de Longobriga.
  • Bandua Isibaraeiecus: Bandua o que se move rápido e cabreado.
  • Bandua Oilenaicus: Bandua o mago guerreiro.
  • Bandua Oleccus: non, non significa que cheire cus, malpensados! senón que é the number one!!
  • Bandua Roudeacus: tampouco rodea cús, senón que soe vestir de cor vermello como os voluntarios de Cruz Roxa.
  • Bandua Raeicus: Bandua o rei.
  • Bandua Roudeaecus: Bandua o roxo.
  • Bandua Tatideaicus: Bandua pai dos condecorados.
  • Bandua Vorteacus: Bandua o supremo.
  • Bandua veigebraegus: Bandua fero e valeroso da aldea dos fortes.
  • Bandua velugus Toiraecus: Bandua o elexido e forte.
  • Bandua Verubricus: Bandua o amable fortachón.
  • deo vexillor(um) Martis Socio Banduae: deuses guerreiros Marte e Bandua socios de guerra.

Sabías que...[editar]

  • ... é moi querido polos homes casados xa que fai que nunca abandonen ás súas mulleres?
  • ... que Manuel Fraga non lle deixou amarrar o Prestixe?
  • ... que nunca usa eucaliptos pra trenzar cordas?... fainas de marijuana.
60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bandua.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]