Barça TV

De Desgalipedia
Barça TV
100px
Inicio das emisións 27 de xullo de 1999
Propiedade de Futbol Club Barcelona
País Banderaespaña.png España
Lingua Catalán
Área de emisión Cataluña Cataluña
Páxina web barcatv.fcbarcelona.cat
Cita1.pngMentres ía ao baño ou a cociña, gol do Barcelona...Cita2.png
Barça TV sobre ti.

Barça TV é unha cadea de televisión deportiva dedicada integramente á actualidade do Futbol Club Barcelona. A súa programación contén información, entretemento, partidos en directo e partidos históricos, entre outros ata programas de humor parodiando o Real Madrid.

Historia[editar]

Comezou as súas emisións o 27 de xullo de 1999 baixo o nome de Canal Barça grazas ás achegas dalgúns afeccionados ricos do Barcelona. A canle mantivo ese nome ata 30 de febreiro] de 2004, cando o club obtén os dereitos de exclusividade, que pertencían ata entón a Telefónica Sports. Dende o 13 de decembro de 2008 emite en aberto pola TDT en Cataluña para evitar que afeccionados que non conseguían comprar entradas dos partidos do Barça que ficasen putos e quebrassem todo por diante. Ademais está dispoñible en varias plataformas de pagamento.

A canle prodúcese e emítese integramente en catalán, aínda que as plataformas de pagamento teñen dúas pistas de son adicionais que traducen ao castelán e ao inglés a programación.

As instalacións da televisión atópanse nunha apertada sala do tamaño dunha caixa de zapatos no mesmo Camp Nou, o estadio do club, destacando os platós na zona mixta e na tribuna do mesmo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Barça TV.

Ligazóns externas[editar]