Barallocas

De Desgalipedia
Star of life2.png Advertencia: A sagrada Desgalipedia non dá consellos médicos (e non a ladróna).
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao Dr. House e o seu equipo de fermosas enfermeiras.
Un barallocas no seu apoxeo antes de entrar no Parlamento.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: CharlatánCita2.png
Google sobre Barallocas

Barallocas é un tipo de persoa que fala, fala e fala, e fala e fala e fala e fala e fala e fala e fala e fala e fala e fala... e segue falando, e fala e fala e fala e fala e fala... pra nada.

Fisiopatoloxía[editar]

Os enfermos de baralloquismo adoecen dunha grande falta de control no que din, polo que poden opinar de todo sen ter idea de nada, de feito soen ser usados nas canles de televisión e radio pra encher espazos con debates que non van a ningunha parte ou o vician.

A funcionalidade social aumenta progresivamente aínda que con decaimentos varios ó longo dos brotes barallocos, aparecen síntomas como certo desleixo nas formas corteses do falar, oportunismo usando onomatopeias e xestos despectivos e sobre todo o grande síntoma, falar en voz moi alta e alporizada, unha vez que se produce este síntoma aínda que é pior o do barallocas provocador que tenta que a outra persa perda os papeis pra deixalo mal diante dos demais) débese acudir ó santuario do santo mais cercano e prenderlle un billete de 500 euros no manto pra que cure decontado ó barallocas en cuestión antes de que sexa abducido por fantasías de dominio mundial ou chegar a alcalde da súa localidade.

Algúns intelectuais consideran que trala primeira fase podrómica deberíase acudir a un tratamento de shock a base de internalo nalgún mosteiro e fixera voto de silencio, ou ben envialo ao Terceiro Mundo pra que vexa a realidade encuberta polos medios de comunicación dos que saca información sesgada apta pros seus arroutos fónicos.

Etioloxía[editar]

Entre as súas causas destacan:

  • O Modus vivendi, sobre todo que inxire vía anal, porque por ahí pasan moitas veas e métese mais facilmente adrojaina diaria do telelixo que fai que ao final rematemos falando como nun debate de Intereconomía ou matándonos a sachazos estilo Paulino de Chantada e outros.
  • A profesión: unha cousa é falar ante ouros por obriga (mestres) e outra por ambición (políticos, cardeais) Evidentemente se abusas da lingua ésta falache que digas grandes frases como "Eta es una gran nación", ou "Los abortistas son nazis".
  • Ambiente social: se naces sociata nun ambiente pepeiro é evidente que desenrolarás esta enfermidade, se naces bloqueiro rematarás por facerte cura.

Grandes barallocas famosos[editar]

  • Os creacionistas.
  • Os marxistas ortodoxos.
  • Os relixiosos.
  • O Papa.
  • Os políticos.
  • O cacique do concello.
  • Os da Xunta.
  • Os revolucionarios de salón.
  • Culturetas,
  • Artistas.
  • Pepeiros.
  • Banqueiros.
  • Avogados.