Batalla de Rande

De Desgalipedia
Batalla de Rande.
swinvasion.JPG
Data 7 a 9 de Outubro de 1702.
Lugar Rande,San Simón Pontevedra Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Resultado Victoria do eixo do mal(Inglaterra,Holanda e Alemaña).

Modelo:Guerra de Sucesión Española

Mapa da batalla de Rande.

A Batalla de Rande foi un choque serxual que tivo lugar na Ría de Vigo en Outubro de 1702, entre dúas frotas enemigas: unha francoespañola e outra ingleholandesalemana, coa victoria desta última(que pra iso eran mais).

Preludio[editar]

Todo veu porque o imperio español ficaba descabezado, as potencias extranseiras pelexaban entre sí por colocar a un rei no trono das Españas que fora da súa familia(ou Austrias ou Borbóns) e así creáronse dous bandos pra cada candidato durante a Guerra de Sucesión Española, debido a que quen conseguira o control do imperio español obtería o predominio sobre Europa ao unirse ó reino do que proviña o candidato electo. Como ningún dos dous,o austríaco nin o gabacho, se deban posto de acordo decidieron facerse a guerra en vez de pelexarse eles dous sós.

A guerra de Sucesión comezou en Italia, mais cedo pasou á península ibérica, onde os aliados(Inglaterra,Holanda e algúns estados alemáns) tentaron tomar Cádiz, e ó saber polo Stassi que se achegaba a frota de Indias cun grandísimo cargamento precioso cara Sevilla a frota angloholandesa meteuse diante da cidade á espera da frota.

Os capitáns ó ver que xa os estaban agardando fuxiron cara o Norte, e como ía mal tempo aproveitaron o primeiro porto que atoparon, Vigo, refuxiándose no fondo da ría ao abeiro das defensas dos castelos de Vigo,Rande e Domaio; tras vencer as trabas burocráticas do imperio español(que non quería desembarcar o ouro en Vigo e só en Sevilla) comezaron a xuntar miles de carros do país nas praias de Arcade e desembarcaron todo o ouro, prata, especias e teas mentres chovía arreo.


A Batalla[editar]

A frota francoespañola trala barreira de Rande.

Disposición[editar]

A frota enemiga ó ver que a presa fuxía marchou tras dela, chegando tarde a capturala, vendo que estaban ao fondo da ría de Vigo estacionaron nas illas Cíes(onde mataron ós seus jipis) e taponaron a saída, sen decatarse de que o ouro estaba viaxando cara o interior nos carros de bois.Ao día seguinte pillaron o sinal de internet e descargáronse os mapas do sixpac pra ver onde cona se metían; decidindo face run ataque combinado á ría, mentres uns ían por mar outros irían por terra pra que os barcos españois non desembarcasen(pobriños, xa o fixeran).

Mentres a frota angloespañola agradba ao abeiro da ría, no fondo dispuxéranse en posició defensiva, cos navíos de carga fondeados frente a Redondela e os barcos franceses de guerra apostados en círculo frente a Rande, como tiñan medo construiron a toda presa unha barreira nese estreito(feita con lanchas,madeira e cadeas de ferro) pra deter momentáneamente o ataque e así os baterías costeiras de Rande e Corbeiro bateríana placer nos atacantes.

O ataque[editar]

A frota enemiga entrou no mar de Vigo nun día de tempestade, desembarcou marines en Domaio e Teis que atacaron os fortes desta zona matando ós seus ocupantes e así deixaban de bombardealos, unha vez desfeitas as defensas da costa a frota cargou contra a barreira do estreito de Rande, enviando varios kamikazes en dornas con pólvora pra voala, mais como eran abatidos polos tiradores de Cabanas tivo que botarse contra ela a nau capitana e partiala grazas ó vento que soplaba ó seu favor e tempestuoso.

O enemigo entrara na bahía de San Simón, e como non había sitio pra tantos barcos movérense ben(había 69 navíos de distinto tonelaxe e con mal tempo) o combate seguiu corpo a corpo, abordando os enemigos á frota amarrada, matando e masacrando, xa que os atacantes eran moitísimos mais que os membros do convoi, e así claro, non hai quen gañe unha guerra.

Victoria e saqueo[editar]

Finalmente os atacante venceron, grazas ó mal tempo os barcos que os defensores tentaran queimar(pra que non acabaran sendo da frota inimiga) non se incendiaron e acabaron nas mans do inimigo(obtendo 7 buques de guerra e 6 navíos de carga) onde puideron roubar o pouco que ficaba do enorme tesouro traído de América.

Mentres as tropas desembarcadas seguiron matando e saqueando polos arredores,desembarcando o martes 24 na Portela, no lugar de Muimenta seis mil enemigos(2mil inlgleses,2mil holandeses e 2mil alemáns) entraron en Redondela e a queimaron, previo saqueo, onde deron con varios cargamentos de teas e especias que aínda non conseguiran transporte, seguiron donos da praia durante mediodía pero con medo a internarse no país(a pesares de que non había ningún exército pra detelos) e seguiron a facer mal por Arcade,Cesantes, Soutoxuste, Vilaboa,etc. Debido a que non tiñan mais expectativas e Galicia era pobre deron media volta co botín, perdendo un galeón español(o Santo Cristo de Maracaibo) entre as Cíes e Monteferro debido ó mal estado do barco e o temporal daqueles días.

Trala marcha dos ingleses, holandeses e alemáns os veciños circundantes aproveitaron o cas e baixaron a roubar nas vilas xa saqueadas, e despois deles inda baixaron os soldados españois, según o escultor redondelán Domingo Martínez.

Influencia na vida popular[editar]

Dita derrota foi censurada e silenciada polo goberno(xa que era un golpe baixo) e só se soubo décadas mais tarde, cando a monarquía recén chegada dos Borbóns se establecera fortemente nas Españas.

Debido á pouca información do momento e que o suceso fora tersiverxado e esaxerado polo imperio británico(qie incluso a ése ataque pirata lle puso un nome a unha rúa) nas mentes cocidas de moitos frikis pensouse que en Rande debía haber un importante tesouro e cando Xulio Verne colocou o tema nunha novela súa aínda houbo metrosexuais que montaron unha empresa e comezarona tentar rescatar o tesouro de Rande, conseguindo só extraer do fondo algúns canóns, áncoras e madeiras. Chegouse memso a detectar a presenza de barcos de empreas cazatesouros peneirando as costas das Cíes pra ver de dar co galeón afundido(no cal pensaban que os holandobritanos puxeran a carga valiosa).

A frota imperia británica atacando a bahía de san Simón.