Bertín Osborne

De Desgalipedia
Cita1.png¿Por qué no van todos los inmigrantes a la mansión de Pablo Iglesias?Cita2.png

Bertín Osborne é o fillo de Deus Pai enviado a España, coñecido na súa fama como presentador e estrela da Arte, da arte con maiúsculas, non dese dos museos... senón da arte ARTE eh? Tamén é o soño húmido da túa avoa...

Traxectoria[editar]

Bertín naceu en Madrid, fillo do Espírito Santo e unha moza da aristocracia española, veu a traer a Gitaña a boa nova do desarrollismo... estudou cos SEXuítas. Sendo adolescente o profeta Jasús de Nazireth veuno sacar do marasmo da masturbación e a posterior confesións e así saíu por España adiante a levar a boa nova.

O primeiro que fixo foi afundir o Imperio Sofico, pasouse polas discotecas a cantar temas de Pancho Villa ata que seus pais o secuestraron para traer de volta aos feudos familiares, casárono cunha Domecq. Así que xuntáronse os grandes whiskies españois Osborne e Domecq nun tánden de monopolio alcólico grazas ao cal expandir a boa nova... deus é amor asi que todo o mundo debe facelo! Veña a foder!!!

Televisión[editar]

Bertín marchou a México onde probou a aiauasca e viuse así mesmo voar fóra do seu corpo, asi que cando regresou á Península Ibérica entrou en Telecinco a facer de mamachicho, desa época quedoulle certo regusto erótico e foise a facer o progarma "Contacto con Tato" onde usaba unha ouija para contactar Con Tato, Chicha e Clodoveo.

Despois foi a Antena 3 onde lle fixo a competencia a Ramón García e vendo que non o conseguía meteuse cos nenos para tentar atopar ao próximo Anticristo e arrestalo. Nesta época fíxose comunista e foise a Intereconomía para destruir desde dentro á caverna dereitista española pero foi captado por ela e agora espera con ansia a chegada da seguinte reencarnación do Dalai Lama ao que pensa arrestar e meter nunha cárcere do Vaticano para impedir o Ragnarok.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bertín Osborne.

Outros artigos[editar]