Betanzos
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Betanzos (homónimos).
Betanzos | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
O Globo betanceiro tamén serve pro Bondage. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Betanzos. |
Poboación | hab. (2023) |
Área | km² |
Densidade | hab./km² |
Entidades de poboación | |
Capital do concello | |
Política () | |
Alcalde | Meu tío.. (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: PPdeG: PSdeG-PSOE: Outros: |
Uso do galego[2] () | |
Galegofalantes | 100 % |
Páxina web oficial | |
|
Betanzos é unha cidade semicosteira, foi capital de provincia pero ao final rouboulla Acruña, no século XXconvertiuse na capital do rock góticos galego.
Foi erguida á posición de capital trala invasión de toallas portuguesas lisérxicas e foi capital de distrito da rexión Alenminho.
Historia
Prehistoria e Idade Antiga

Betanzos foi fundado por Breogán como base loxística e de enlace do Golfo Ártabro, tendo toido centralizado aquí expandiu seu imperio ata Irlanda e comerciou con Bretaña e Cartago mais debido á malicia de A Coruña (chamando polos piratas co seu faro e logo incendiado Betanzos no XVII) esta cidade fracasou e quedou en vila.
Durante o Imperio Romano Betanzos estivo onde hoxe é Betanzos vello pero debido ós ataques de piratas e a chegada de profundos e Cthulhu a esta beira, os garelos decidiron, en asemblea de indignados, mover todo o pobo pro vello castro de onde os romanos os obrigaran a irse antes e así pudiéronse defender dos chingóns profundos que querían violinar a súas mulleres sen pagar antes.
Idade Media da Guerra Irmandiña ao Incendio de 1616

Na Idade Media convertiuse na capital revolucionaria ao seren de aquí os xefes irmandiños, que liberaron a toda Galicia de caciques feudais, pero voltaron de novo e trouxéronse canda sí aos Reis Católicos, que castraron a Galicia e nos seguintes séculos non voltou erguer cabeza e ficou soa e atrasada, razón pola cal foi elexida polo Demo par facer nacer aquí o Anticristo en 1616 (Sí! o número da besta é 616 e non 666) que provocou un enorme incendio que arrasou a cidade convertíndoa en vila.
Decadencia

Durante a Idade Contemporánea Betanzos salvouse da destrución grazas ao exército de Napoleón Bonaparte porque os ingleses lle prenderan lume ao seren perseguidos polo gabacho. Aínda por riba o andazo destruiu enormes plantacións de marihuana e cocaína coas que comerciaban caendo mais na pobreza, ata que Madrid lles sacou a capitalidade provincial pero de paso fixo pasar por aquí o tren(como medida demagóxica e así non protestasen) para levarse man de obra á capital ibérica mentres Franco puña no barrio da Magdalena un campo de concentración.
Gadis montou aquí seu emporio e comezou as guerras comerciais (contra Froiz e Eroski) conseguiondo non ser acurralada na Galicia do Norte, convertíndose nun potencial enemigo de Lisboa ao expandirse a Galicia do Sur grazas á axuda do soviet local Lagares Pérez.
Xeografía
Betanzos atópase no final da Ría de Betanzos onde conflúen dous ríos provintes do Paraíso terral. Limita co Océano Tenebroso e Bergordo, a nacente con Coirós e Putetxe, a poñente con Abegordo e Ozaces. Está atravesado polos ríos Manugly, Medo e Mexo.
Clima
Clima tropical grazas ao cambio climático, en breves terá costa grazas á subida do nivel do mar grazas aos baños de mar de Dagon.
Flora e fauna
Debido ó calor do Norte, a humidade proporcionada polo río Mandeo e a Ría de Betanzos, a flora é exuberante e entre a funa podemos contar con triceratops, cancadrilo, boas xigantes, etc.
Cultura
Que ir a ver
- Caneiros: Botellón acuático para ver si suben os xacios e sereas a botar un polvo enriba do Titanic.
- Igrexas góticas: onde podes ir ver a Bauhaus, The Cure, Lacrimosa, Marylin Manson, Evanescence, Zicatrices...
- Muralla medieval: feita polos Lannister para agochar seus tesouros.
- Pazo de Alonso de Lanzós.
- Parque do pasatempo: xardín-templo masónico.
- Museo das mariñas: que contén entre outras, o sartego de Xesús de Nazareth.
- Festas de san Roque: onde os garelos tentan fuxir desta vila nun globo de papel, sempre fracasan pero son como os lemmings sucicidas.
- Feira Franca: outra copia da festa da istoria de Ribadavia.
- Festa dos Alborotados: Romaría onde se van curar os enfermos mentais e psicosomáticos.
Betanceiros famosos
- Marilyn Monroe.
- Bernardo Miño Abelenda: labrego socialista (que raro!) debido a iso mesmo seus veciños feixistas o asasinaron, para manter a lóxica interna da súa épica vergonzosa.
- Santo Toribio de Liébana: este naceu aquí pero cedo fuxiu a Israel, de onde se trouxo os pañais de Ciberxesús cos cales fundou un santuario e gañou moitos cartos de inxenuos.
- O Mariscal Pardo de Cela.
- Xoán de Betanzos: machote betanceiro que casou cunha princesa inca e aprendeu o quechua para que non morrera.
- Antolín Faraldo
- Antonio Cal: foi mozo de Louis Armstrong.
- Anxel Casal: produtor mánager dos da Xeración Nós.
- Aleister Crowley.
- Irmáns García Naveira: emigrantes que voltaron á terriña e s epreocuparon dela (non como os de agora que cando voltan só se construen un chalé).
- Dolores Vázquez: foi metida no cárcere por ser lesbiana e galega no século XXI!!!!
- María Faraldo: saboteadora do Bipartito galego (tentou deter ós bombeiros, contra o lumes de 2006), non ten NADA que ver co Antolín Faraldo eh!
Véxase tamén
Outros artigos
|
Concellos da Comarca de Betanzos | ![]() | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Aranga |
![]() Betanzos |
![]() Coirós |
![]() Curtis |
![]() Irixoa |
![]() Miño |
Oza-Cesuras Oza-Cesuras |
![]() Paderne |
![]() Vilarmaior |
![]() Vilasantar |