Bipartito galego

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


O bipartito galego, tamén coñecido como goberno nacionalsocialista galego, foi un goberno de aliados que gobernou a Xunta de Galicia (que non Galicia, porque quen manda en Galicia é España e a Unión Europea) durante os anos 2005-2009.

Foi a terceira etapa histórica da Xunta de Galicia: Tripartito-Fraguismo-Bipartito galego-Feijóoismo.

Orixe[editar]

Debido a que Manuel Fraga se comezou a facer operacións de cirurxía estética os vellos non o votaron e gañou Touriño tras conseguir sobrevivir en Allariz á festa en seu honor, ou festa do Boi. tamén consegiu sobrevivir á pelexa de puñais sociatas en Madrid dde onde saiu reforzado grazas a unha vacuna experimental do Anxo Quintana que éste lles roubara a uns científicos nazis tolos sendo auxiliar de enfermaría.

O fraguismo cometera erros de bulto (tanto que nin a TVG os daba maquillado) que lles facía perder peso na opinión pública, así como empobrecera a Galicia (a pesar de levar recibindo durante 15 anos subvencións da UE) por outra banda o propio PP de Galicia atopábase en crise debido a que todos se estaban pelexando por ser o delfín/sucesor de Manuel Fraga, mesmo chegando ao punto de quebrar debido á presión dos caciques pepeiros da nación (Xosé Manuel Baltar e Xosé Cuíña).

Tras esta serie de baches viñeron a eleccións ás que se voltou presentar Fraga contra de Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, que conseguiron os mellores resultados electorais mais Fraga voltou gañar as eleccións, pero sen conseguir a maioría absoluta perdendo a posibilidade de obter o mando da Xunta.

Historia[editar]

Mais o romance durou pouco e despois se pelexaban de portas afora incluso.

Finalmene PSOE e BNG chegaron a un acordo e formaron goberno, repartíndose as consellerías entre ambos.

O que fixeron
  • Reestruturación da política rural: tentando que o monte xerase riqueza e non fora solo almacén de madeira pra ENCE, contrato modelo pros labregos do viño (e non lle roubasen os bodegueiros).
  • Tentar mudar o Estatuto de Autonomía eles sós.
  • Imitar a Fraga no de dar enchentas-mitin.
  • Libros escolares gratuitos.
  • Escolas de pre-escolar (as famosas galegoscolas, onde según os españolistas lavaban o cerebro ós nenos).
  • O BNG aburguesouse (seica eran de centro...).
O famoso coche superluxoso de Touriño.
O que se esperaba deles
  • Que modernizasen Galicia e non houbese que emigrar.
  • Que non fixeran debates estériles sobre o nome: Galicia/Galiza.
  • Que destruiran as redes de enchufes.
  • Que a Unión Europea nos deixara producir mais leite.

Debido á presión interna/externa, traizóns, erros de novos ricos e que Feijóo era mais raposo ca eles, finalmente perderon a ilusión das bases (que se sentiu traizoada) e perderon o goberno frente a unha maioría absoluta do PP.

Sabías que...?[editar]

O Bipartito foi satanizado incluso pola ecoloxía!!
  • ... Agora buscas Bipartito galego na internet e TODO son críticas?
  • ... foi satanizado por La Voz de Galicia, ABC, Intereconomía, La Razón, Mundo Obrero, xornais de médicos(¿?)?
  • ... fixeron moito pero explicaban pouco?

Desgalivideos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bipartito galego.

Outros artigos bipartitos[editar]