Bodan

De Desgalipedia
Bodan
Bodan.jpg
Información
Nacemento Na Antigúidade.
Selva negra Bandeira de Alemaña.png Alemaña
Nacionalidade xermánica
Ocupación Deus suevo.

Bodan ou Bodán, deus dos suevos, famoso por andar dun lado pra outro nas guerras con dous corvos nos ombreiros e ser patrón dos soldados.

Mito[editar]

Templo suevo xermánico de Braga (Galicia do Sur) en honor ós deuses Thor, Bodan e Fricco.

Como Bodan naceu dun matrimonio mixto (un deus e unha xiganta) recibiu moitas collejas no instituto, así como mobbing no colexio onde lle chamaban preto, non ario e outras lindezas, ó chegar á adolescencia quixo deixar os estudos e pra demostrarlle ós seus pais que ía en serio colleuse unha borracheira tremenda con hidromel no Lughnasad e foise abuscar a vida polo Igdrassil adiante (bueno, arriba e abaixo).

Un día chegou ás raíces do Yggdrasil, onde un xigante vixiaba as fontes da sabiduría, aquí a mitoloxía di que Bodan (Galegosuevo), Wotan (alemán) ou Odín (inglés) entregoulle un ollo a cambio da sabiduría ó xigante, cando en realida o que os eddas o que queren decir é que le deixou facer ó xigante o que quixo co seu cu (en visigótico chamado ojete). Dende aquela ficou con él tan aberto que un día pariu por ahí un cabalo, pero un cabalo de oito patas e sen pene.

Bodan seguiu bagando arriba e abaixo do Iggdrasil, cando estivo entre os humanos éste o convenceron pra que aceptase un posto de funerario, xa que ninguén quería enterrar ós mortos (porque son feos e feden moito, sobre todo tras telos en casa varios días co gallo das celebacións mortuorias suevas) e víronlle que Bodan tiña pinta de pervertido (como todos os deuses), Bodan puido vivir feliz entre os humanos montando unha empresa funeraria (dos mortos facía encargarse ós enanos que fixeran o traballo suxo, como Papá Noel), ata que un día alguén inventou o comunismo e os xermanos deixaron de matarse entre sí e vivían nunha feliz sociedade soviética e ninguén morría nin de vello nin pola espada, mais iso Bodan non o podía permitir, un réxime ateo e por riba non producía mortos! tiña que facer algo se quería seguir co seu nivel de vida.

Asi que organizou un corpo de mercenarios, os Berserker, e comezou a cometer crimes contra a humanidade (matanzas, guerras, batallas, asedios, emboscadas, saqueos, etc) así tamén se converteu no deus da guerra e que levaba ós mortos ó alén, como ao principio moita xente era renuente a ir á guerra creou un destacamento de recolectoras de almas de guerreiros, as Valkirias, e como estaban todas cachondas apuntáronse moitas mais persoas á guerra. Con todo o capital acumulado Bodan puido subir a Asgard e casar coa filla vinculeira do pazo de alí, coa deusa Frigg (ou Freia pra outros) e foron vivir prunha casa ultramoderna (ideada por Lloyd Wright) desde a que podía ver todos os universos, o Hliðskjálf o trono de Bodan.

Xunto á sñua muller foi moi feliz e tiveron moitos fillos (Thor, Baldr, Loki, Fricco) con motivo da cristianización mudou o seu nome polo de San Cristovo, e no Ragnarök é un dos rock star con mais fans berrantes e por iso Deus sempre tenta publicar ns súas revistas (rolling Stone, Playboy, Atalaya, L'Òbservatore romano) que é un salvaxe, bárbaro e que debería ser preso pola policía, que incluso ten vínculos con Al Quaeda, ETA e Galicia Bilingüe.

Bodan ligando na discoteca Ramallosa2000.

Sabías que...[editar]

  • ... enviou ós suevos pra Galicia e así modernizala?
  • ... que o rei suevo Requila lle ergueu varias igrexas?

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bodan.

Outros artigos[editar]