Boiro

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boiro (homónimos).
Boiro
Escudo de Boiro
Boirense.jpg
Se abandoas a praia e te metes polo monte podes levar unha sorpresa!
Situación
Situacion Boiro.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Coruña
Comarca Comarca da Barbanza
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Boiro é un concello fronteirizo entre o mar e a terra, entre A Coruña e Pontevedra. O concello é moi coñecido polos seus bois, eses rapazolos strippers...

Topónimo[editar]

O nome de Boiro provén do idioma suevo "buiro" que signfica casa, a primeira que viron os suevos aquí e reaproveitaron como hall para seu cacique. Himmler o friki enviou aquí un escadrón de homes das SS para ver de atopar enlaces xenéticos arios pero os soldados remataron bébedos no porto e violados polas mulleres locais para aproveitar o seu ADN para ter fillos obedientes e sumisos traballadores.

Historia[editar]

Unha guerreira dos xentís galigrecos no castelo de Vitres.

Con isto de historia referímonos á historia dos humanos, non á historia do planeta e normalmente só referido á historia de occidente...

Imperio Romano e Idade Antiga[editar]

Boiro foi fundada polo imperio megaliteiros, que tralos seus contactos coa Atlántida evolucionou a petroglifenses e cos contactos con Troia evolucionou a castrexo, que digievolucionarían a galaicoromanos trala conquista do Imperio Romano mentres en China xa inventaran a televisión (en cor eh) i enviaron unha flota de zapatos de gamuza azul a estas costas pero pensaron que eran monteiras e xas puxeron na testa e logo inventaron a gaita para poder ir tocar os domingos nos churrascos de Fragasauro.

Idade Media[editar]

Na Idade Media seguiron os contactos, sobre todo con piratas que querían ter sexo anal cos naticos dacá, porén os indíxenas dakí eran mais de masturbación polo que houbo moitos enfrontamentos entre estas dúas concepcións da vida, que se saldou coa marxinación de Galicia cando os Lordomani e moros se atoparon os uns aos outros e pudieron encularse gozosamente sen matarse os uns aos outros, a partir de entón e durante séculos Galicia ficou á expcetativa... a sua elite pendente da Corte e as riquezas do Novo Mundo gastadas en guerras de propiedade privada dos reis.

S.XVI e sucesivos[editar]

Durante a Restauración borbónica os caciques infestaron esta zona, baixoa batuta do Marqués de Riestra, logo veu o período dos Miguel Primo de Rivera, o interregno republicán, Franco e outra vez os Borbóns, que desta vez aprenderon e deron autonomía mais tralo Aznarato e a crise económica de 2008 voltouse ao centralismo (seguindo o patrón español de tódalas épocas, un paso pra diante e logo un paso pra atrás).

No XIX chegou o capitalismo a estas costas grazas aos cataláns, que instalaron as conserveiras e extinguiron a sardiñada toda, polo que houbo que facer unha reconversión do negocio e se trouxo fariña de Colombia, atarído por ela Napoleón Bonaparte, enviou parte do seu exército conquistar a Galiza ao mando do xeneral Soulteché Ostien, que explusou ao imperialista británico e se fixo un chalé aquí ata que a lei de costas do Bipartito galego llo ilegalizou e fuxiu pra Gabacholandia. Desde onde conspirou a través do mundo financieiro creando a crise económica de 2008 co cal case afunde a jealsa-Rianxeira que deu un xiro de temón á dereita e puxo a seu xerente na alcaldía para conseguir mais mexillóns de suecas no concello así como un canal especial para o Río Subvencións.

Xeografía[editar]

Atópase nalgún lugar da costa atlántica entre Islandia e Sudáfrica, bañado polo río de mal nome Coroño (Mal pensados! Coroño é un nome celta galaico!) según os ultimos estudos xeolóxicos descubriuse que Boiro xurdiu do fondo do mar no ano 44444 Antes de Todo Isto e por iso se buscas ben podes atopar petróleo aquí (igual que na costa de Canarias).

Flora e fauna[editar]

Flora hai pouca porque xa levaron entre os dos tixolos e os piratas.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boiro
Escudo de Boiro.jpg
Abanqueiro (San Cristovo) | Bealo (San Pedro) | Boiro (Santa Baia) | Castro (Santa María) | Cespón (San Vicenzo) | Cures (Santo André) | Lampón (Santiago) | Macenda (San Xoán)

Lugares de Boiro[editar]

Desfile da OTAN por Boiro...
  • Punta Escarabote: onde se xuntan mandas de gays a practicar ritos impíos para ver se Cthulhu ven e transforma en gays saídos a tódolos heteros cachondos.
  • Cabra de Cubeliño: feito polos petroglifenses como representación sacrificial a Satán.
  • Vitres: onde van os hipsters invocar a Johnny Deep e Lana del Rey.
  • San Vicente de Cespón: academia segreda dos cazapantasmas.
  • Río Coroño: seu nome dío todo.
  • A Pousada das ánimas:onde os rockeiros da Santa Compaña van botarlle unhas chikitas.
  • Fontefría: onde van os boirenses invocar a Niarlathotep e Azathot e ofrecendo seus coitos aos deuses alieníxenas.
  • Desembocadura do Beluso: onde podes atopar tiburóns que xa gorentan da auga doce...
  • Torre de Goián: onde a familia Mariño tiña presa á serea Ariel como paridora de seus vástagos.
  • A Arca do Barbaza: onde Santiago Apóstolo estivo dando unha cabezadiña antes de ire pra Santiago de Compostela.
  • Castros do Neixón: onde os Mouros teñen a súa base operativa de invasión ó planeta terra.
  • Pazo de Fonteneixe: os fidalgos facían nel filosofía, orxías sanguentas e poesía homoerótica.
  • Cruceiro da Madalena: pararraios do Antigo Réxime.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Boiro.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca da Barbanza
Comarca da Barbanza
Boiro
Boiro
A Pobra do Caramiñal
A Pobra do Caramiñal
Rianxo
Rianxo
Ribeira
Ribeira
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña
Provincia da Coruna en debuxo.jpg
Abegondo - Ames - Aranga - Ares - Arteixo - Arzúa - A Baña - Bergondo - Betanzos - Boimorto - Boiro - Boqueixón - Brión - Cabana de Bergantiños - Cabanas - Camariñas - Cambre - A Capela - Carballo - Cariño - Carnota - Carral - Cedeira - Cee - Cerceda - Cerdido - Cesuras - Coirós - Corcubión - Coristanco - A Coruña - Culleredo - Curtis - Dodro - Dumbría - Fene - Ferrol - Fisterra - Frades - Irixoa - A Laracha - Laxe - Lousame - Malpica de Bergantiños - Mañón - Mazaricos - Melide - Mesía - Miño - Moeche - Monfero - Mugardos - Muros - Muxía - Narón - Neda - Negreira - Noia - Oleiros - Ordes - Oroso - Ortigueira - Outes - Oza dos Ríos - Paderne - Padrón - O Pino - A Pobra do Caramiñal - Ponteceso - Pontedeume - As Pontes de García Rodríguez - Porto do Son - Rianxo - Ribeira - Rois - Sada - San Sadurniño - Santa Comba - Santiago de Compostela - Santiso - Sobrado - As Somozas - Teo - Toques - Tordoia - Touro - Trazo - Val do Dubra - Valdoviño - Vedra - Vilarmaior - Vilasantar - Vimianzo - Zas