Boris Ieltsin

De Desgalipedia


Boris Ieltsin
Información
Nacemento 1 de febreiro de 1931
Ekaterimburgo, Rusia Rusia
Falecemento 23 de abril de 2007
Nacionalidade russo
Ocupación Presi borracho de URSS
Cita1.pngNa Unión Soviética, a bebida bebe o Boris!Cita2.png
Reversal rusa sobre Boris Ieltsin.

Boris Ieltsin, ou Boris Nikolaievich, foi o primeiro autócrata da Rusia da democradura tralo asasinato polas costas da URSS.

Vida e obras[editar]

Boris naceu nalgunha dacha cerca da de Boris Pasternack, estudiou enexñería agrónoma na Academia de ciencias soviéticas de Partovia, onde se fixo "amigo" de Nobita e así conseguir o seu bocata de xamón traído por Doraemon. Conseguiu ser xefe rexional do PCUS tras darlle coba a seus superiores durante anos e organizar festas de vodka e bailarinas rexionais entre 1976 e 1985 en que se convirtiu en cacique da terceira rexión industrial da Unión, demoendo a Casa Ipatiev en 1977 (onde se ceraea a Dinastía Romanov e fusilaran ao anterior zar de tódalas Rusias) tapa un escándalo de contaminación por gases da industria militar que causa decenas de mortos en 1972 e no 1982 envía a un psiquiátrico ao disidente Valerian Morozov (coa excusa de esquizofrenia progresiva e morto 7 anos mais tarde nun hospital secreto do Ministerio do Interior). Logo casou con Naina, unha muller burguesa ata que no 1985 é chamado a Moscova para organizar as festas coas bailarinas do Bolshoi no PCUS local para logo ascender ao Politburó e introducirse na nomenklatura mentres facía unha purga entre os funcionarios do concello.

Grazas ao seu medre conseguiu contactos e fíxose nacionalista co fin de desplazar do poder aos demais, así durante o golpe de estado estilo breznevista subiuse a un carro a facer o indio e así conseguiu mais apiois e logo xuntouse cos presidentes das nacións eslavas para desfacerse de Gorbachov e para iso desmontraron a Unión e mudaron a economía de mercado pola economía mafiosa. Así privatizou todo e vendeu o resto conseguindo moito mais vodka co cal poder tinguirse de branco nuclear a súa melena e convertindo o parlamento nun despacho de aprobación de impostos que a poboación debía pagar, por iso a poboación tentou tomalo ao asalto e Boris Ieltsin, ao revés que os comunistas de liña dura de 1991, si mandou disparar conseguindo enviar ao inferno da Igrexa Ortodoxa rusa a varios miles de rusos en 1993.

A nomenklatura pasou de ser titular dos bens públicos a seren donos dela mentres tentaba conseguir que Chechenia non se independizase, a nomenklatura convertíuse en "Novos Rusos" e mantivo a Yeltsin no poder mais tempo para que seguise vendendo o país ao FMI e así consegiu ser reelexido meténdolle medo á xente através da televisión cuxos donos mercara con mais bens do Estado. Tras ser reelxido seguiu coas reformas que dixo que non ía seguir facendo ao igual que a Guerra de Chechenia, ata que en 1999 non se aguantaba xa nin así mesmo e deulle o poder a Vladimir Putin.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

Predecesor:
Ninguén
Flag of Rusia.png Presidente da Federación Rusa
1991 - 1999
Sucesor:
Vladimir Putin