Bosquexo

De Desgalipedia
Coche de bebe.jpg Artigo nos seus primeiros pasos! Este artigo tan só é un bosquexo!
Este artigo relacionado é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Desgalipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.
Iso é o deseño que alguén "intentou" deseñar a moza, imaxine o esbozo.
Cita1.pngArtigo nos seus primeiros pasos! Este artigo tan só é un bosquexo!Cita2.png
Modelo:Bosquexo sobre Ese artigo que fala sobre esbozo.
Cita1.pngUn bosquexo é algo maior que o seu cerebroCita2.png
Freud sobre o esbozo e as súas características.

Un bosquexo ou esbozo é calquera obra (literaria, visual, audiovisual, musical...) en estado inicial, que se atopa inacabada porque aínda posúe moi pouca vontade de quen debería rematar a obra. É o conxunto dos obxectos iniciais, máis xerais e elementais da obra a ser composta.

Tipos de Bosquexo[editar]

Esbozo artístico

Os bosquexos de arte son considerados "bosquexos en construción" é dicir, é creado para despois ser sobreposto ou mellorado. Moita xente de cursos de deseño ten que crear os seus propios bosquexos en papeis diferentes para así poderen facer o deseño perfecto. Outros artistas son moi preguiceiros e prefiren imaxinar o Bosquexo no papel e facer algo mal feito. Bosquexos e artes poden ser ben elaborados, e teren ata cores e son usados en xogos e en películas. Algúns poden traumatizar persoas de tan malas que son.

Tipo de esbozo de deseño feito por un artista afeccionado.
Esbozo de deseño

Ese Bosquexo é mellor e ten maior propósito. Son usados por arquitectos e enxeñeiros civís para poderen construír algo sólido para os outros moraren e etc. Un Bosquexo dese tipo é moi feo, incomprensible e mal matematicamente, é descartado ou se non é descartado acaba matando a xente que moraren ou usen os móbiles que o esbozo proxecto.

Bosquexos de wiki

Segundo a Galipedia, cando un artigo é só un bosquexo e carece do contido mínimo que debería ter un texto enciclopédico, sinálase co marcador {{En progreso}} na parte superior, que coloca o seguinte... Con isto preténdese chamar a atención dos inútiles colaboradores preguiceiros para que contribúan a amplialo. O obxectivo debe ser que estas páxinas "mínimas" vaian desaparecendo, ou non. Como hai demasiadas aínda por preguiza dos editores, creáronse outros marcadores específicos co obxectivo de agrupar as que pertencen a un ámbito do coñecemento determinado.

Bosquexos na sagrada Desgalipedia

Esbozo na sagrada Desgalipedia é (ou era para ser) un artigo que fallou na súa misión de ser de tamaño medio ou grande e que poida satisfacer o lector realizados por autores que cagan artigos demasiado pequenos. Os bosquexos irritan moito os lectores e xeralmente se eles foren moi malas poden ser eliminados por un adminstrador maligno da Desgalipedia. Outro feito sobre os bosquexos é que xeralmente ten un modelo dicindo que é un esbozo de feito (O rly?). Desa simple forma é posible a identificación destes pequenos artigos que poden pasar desapercibidos de tan pequenos.